30 de abr. de 2015

ROTEIRO ROSALIANO 2015









ROTEIRO PONDALIANO 2015

O día 21 de abril fixemos una viaxe literaria na compaña dos textos de Eduardo Pondal. Fixemos parada en Vimianzo, onde visitamos o Castelo; vimos o Dolmen de Dombate e alí partillamos á lectura do poema que lle adicou o poeta. Arredor das dúasda tarde chegamos á vila de Ponteceso, para escomenzar da man de Xavier, o noso estupendo guía, un percorrido polos lugares da vida e da obra de Pondal... Chegamos á parroquia do Couto, onde se atopa a Fundación Eduardo Pondal, e alí fixemos de novo lecturas de varios poemas que nos foron introducindo no universo literario do noso bardo. Despois subimos ata o cimo da Torre do Faro que hai a carón da capela da Virxe do Faro, impresionámonos coa paisaxe que hai a carón do faro de Corme, visitamos a vila de Corme, O Monte Branco.... e xa esgotados rematamos a xornada mollando os cansados pes na Praia de Balarés. Sen dúbida una xeira ben completa coa que aprendimos historia, arte, xeografía, poesía... e sobre todo a querer e poñer en valor a nosa lingua...

29 de abr. de 2015

Cal é o voso clásico preferido?

Algunhas novidades de abril en BibliOtero

Photocall Correlingua 2015

Si, xa sabemos que o Correlingua da Coruña aínda non chegou, pero estamos quentando motores e que mellor maneira de o facer que facernos fotos cos cartaces elaborados polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º. 

Temos unha canteira de modelos e artistas que é a envexa do resto de centros da Coruña. 

Desfrutádeas!!!