Na materia de Investigación, durante a primeira avaliación, realizaron traballos por grupos sobre árbores autóctonas galegas. Tamén fixeron as maquetas das árbores.
Moitos profes quedamos impresionados do traballo e quixemos implicarnos, uníndonos nun proxecto que denominamos Árbores senlleiras.
E aí estamos, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Lingua galega traballando conxuntamente en todo 1º ESO para poder realizar unha exposición na terceira avaliación. O ritmo de traballo nas aulas está sendo frenético estes días.
O día 21 de abril fixemos una viaxe literaria na compaña dos textos de Eduardo Pondal. Fixemos parada en Vimianzo, onde visitamos o Castelo; vimos o Dolmen de Dombate e alí partillamos á lectura do poema que lle adicou o poeta. Arredor das dúasda tarde chegamos á vila de Ponteceso, para escomenzar da man de Xavier, o noso estupendo guía, un percorrido polos lugares da vida e da obra de Pondal... Chegamos á parroquia do Couto, onde se atopa a Fundación Eduardo Pondal, e alí fixemos de novo lecturas de varios poemas que nos foron introducindo no universo literario do noso bardo. Despois subimos ata o cimo da Torre do Faro que hai a carón da capela da Virxe do Faro, impresionámonos coa paisaxe que hai a carón do faro de Corme, visitamos a vila de Corme, O Monte Branco.... e xa esgotados rematamos a xornada mollando os cansados pes na Praia de Balarés.
Sen dúbida una xeira ben completa coa que aprendimos historia, arte, xeografía, poesía... e sobre todo a querer e poñer en valor a nosa lingua...