Mostrando postagens com marcador Equipo de Biblioteca. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Equipo de Biblioteca. Mostrar todas as postagens

6 de abr. de 2017

Recitando a Rosalía 2017

Como todos os anos, escollemos unha selección de alumnado para recitar poemas de Rosalía o día 24 de febreiro.

Un pouco tarde, pero aí vos queda o testemuño do que se fixo ese día.

Grazas por colaborar!!!


Libros viaxeiros

A ANPA Abrente, en colaboración coa Biblioteca do IES Ramón Otero Pedrayo botan a andar unha iniciativa que ten como filosofía:

"Fagamos do mundo unha biblioteca"


isto é, que todo o alumnado do Instituto teña á súa disposición libros que poderán levar para a súa casa. Agardamos que os volvades traer e que os liberedes por calquera lugar do centro.

Os tres Rs de Bookcrossing son:

READ: le
REGISTER: rexistra
RELEASE: libera de novo

Todos os libros liberados ata o momento están rexistrados en Bookcrossing co nome do Instituto. Esperamos a colaboración de todos e todas. Lede os libros, volvede liberalos e traede outros da casa que xa non vos interesen para deixalos á disposición doutra xente.

http://www.bookcrossing.com/mybookshelf/iesoterocoru%C3%B1a



Hoxe foi o primeiro día no que creamos as novas zonas de Liberación
-O corredor
-A entrada

Mañá inauguraremos o Pavillón

Foi todo un éxito. Moito alumnado se interesou pola iniciativa e xa quixeron levar libros para lelos nestas vacacións.

21 de jun. de 2015

Comedia bífida

Se vos gustou a obra, non deixedes de lela. Atoparédela no apartado de teatro da Literatura galega.


O seu autor é Manuel Núñez Singala. Ten outras obras interesantes, como Menú de enganos


19 de jun. de 2015

Sesión extraordinaria dos Clubs de lectura

Onte realizamos a última sesión do ano, un concurso moi especial presentado por Aldara Rodríguez, alumna de 1ºB.

Grazas rapaces e rapazas, seguide lendo en vacacións. 

Unha aperta das vosas profes









17 de abr. de 2015

Que libro salvarías?

Como en Fahrenheit 451, cada un de nós vai decidir que libro salvar e a razón. Aquí tedes algúns dos imprescindibles para os vosos compañeiros de hai dous anos