5 de mar. de 2010

USHA


Hoxe repartimos o libro do noso club de lectura neste mes de marzo que será Usha de María Reimóndez, unha novela na que unha nena ,Uxía ou Usha para os seus amigos, fala da súa estadía na India, país ao que viaxa na compaña da súa nai, membro dunha ONG que traballa en proxectos de cooperación no estado de Karnata.
A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigas, como Laschmi, aprender novas linguas e costumes e adquirir unha visión diferente da vida, froito dos contrastes entre o mundo do que ela procede e a nova cultura que a acolle.
A próxima sesión fixámola para a última semana de marzo, para o martes 23, despois dos exames, e alguén xa se comprometeu a facer filloas de postre para compartir, ¿nonsi?...

2 de mar. de 2010

LITERATURA E MÁIS CINE

Hoxe tiñamos sesión do club de lectura, e como o recreo sempre nos queda pequeno para as nosas tertulias, e hai clase pola tarde, decidimos quedarnos a xantar no instituto. Despois de devorar literalmente os nosos suculentos bocatas e dar boa conta das galletas que Laura, a profe de galego fixo para agasallarnos con moito agarimo, pasamos a falar de literatura.
O noso propósito era comentar o libro do mes de Febreiro Otra vuelta de tuerca e máis ver a película do mesmo título. A primeira parte foi posible, pero a en canto á peli, foinos imposible dar con ela. Así que tivemos que conformarnos con ver o trailer que temos colgado no blog.
Como ainda tiñamos moito tempo, alguén propuxo ler un relato breve en voz alta. Escollimos o relato de Manuel Rivas "Que me queres amor", e acto seguido pensamos que podiamos ver A lingua das bolboretas , unha marabilla de película que fixo José Luis Cuerda sobre o textos de Manuel Rivas e o xenial guión de entreteceu Rafael Azcona con tres relatos do libro. Tanto para os que xa a coñeciamos como para os que a viron por vez primeira foi unha ledicia vela todos xuntos e poder falar de literatura e cine en compañía. Ata a próxima.

13 de fev. de 2010

OTRA VUELTA DE TUERCA

Como complemto á lectura do libro, propoñémosvos que vexades a película baseada na novela. Aquí tedes un pequeno anticipo, para ir entrando no ambiente que nos presenta o libro...

27 de jan. de 2010

OTRA VUELTA DE TUERCA



Otra vuelta de tuerca de Henry James é o título do libro que estamos a ler no Club de lectura Bibliotero, no mes de Febreiro. Trátase dunha historia de suspense e misterio, que narra a historia dunha institutriz que debe coidar de dous nenos nunha vella mansión victoriana nas aforas de Londres. Aquilo que nun principio parece ser un traballo agradable rematará por convertirse nunha terrible pesadilla. Os dous nenos, Flora e Miles, viven impactados por un pasado inmediato no que a anterior institutriz y o criado e ayudante de cámara do dono da casa (o tío dos nenos) mantiñan una turbia relación, que incluía todo tipo de abusos. A vida xunto á anterior institutriz e a súa morte osterior deixan neles unha forte pegada. A novela desenvólvese nun ambiente de misterio, angustia e terror provocado pola presencia dasánimas dos dous desaparecidos.

A protagonista da historia, tenta axudar aos nenos e comenza a ser testigo das aparicións dos fantasmas da anterior institutriz, a señorita Jessel, morta en extrañas circunstancias, y do anterior criado da casa, o Sr. Quint.
O final do novela préstase a múltiples interpretacións das que falaremos na nosa próxima reunión do club de lectura.

23 de jan. de 2010

ENCONTRO CON BALI RAI

O día 22 de xaneiro tivemos con nós ao escritor indú BALI RAI, que nos falou da súa novela Un casoiro ben mal amañado.. O encontro tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que nos cedeu o seu Salón de Actos para esta actividade. Bali Rai falounos de como naceu o libro, dos seus proxectos como escritor, da súa vida actualmente en Inglaterra e da súa forma de entender a convivencia de culturas diferentes en diversos lugares do mundo. Pensamos que foi unha actividade moi interesante, xa que nos posibilitou coñecer unha cultura diferentre á nosa, facernos preguntas e reflexionar sobre temas que habitualmente non se tratan nas aulas, a pesar de ser fundamentais para entender o mundo no que vivimos.
Bali Rai explicounos como xurdiu a idea do seu libro desta maneira:
«Unha conversa casual cunha das miñas mellores amigas, Penny, conduciu a un cambio de dirección do proxecto da novela. Ela suxeriu que a escribise para adolescentes e desde o seu punto de vista. Uns meses máis tarde saíu o libro publicado. Nunca pensei que sería publicado, nin me importou gañar premios ou crear tanto interese. O meu obxectivo era escribir algo diferente, dirixilo a lectores que non estivesen interesados na temática dos libros máis lidos. Quería escribir algo fresco e accesible que interesase a diferentes culturas e idades. A novela é en parte autobiográfica e en parte baseada en experiencias reais de amigos e familiares. Tamén buscaba sacar un montón de cousas do meu peito, cuestión como tentar averiguar se eu era asiático ou inglés, ou ambos, e tentar equilibrar as obrigas familiares coas presións externas como os amigos e a cultura xuvenil. Iso, e tamén reflexar a singularidade de Leicester como a maior cidade multicultural de Europa. O multiculturalismo é algo do que son un apaixonado defensor. Encántame a maneira de vivir que os ingleses non-brancos redefiniron, o que significa ser deste país e incluír as súas peculiaridades culturais en todo, desde a moda á comida, á música ou ao cine. Debemos estar orgullosos, ao mesmo tempo que abertos e ser honestos sobre as cuestión a que nos enfrontamos como comunidade. Eu quería reflexar o que sentía ao ser inglés dentro dos meus propios zapatos. E creo que até certo punto o logrei».



10 de jan. de 2010

"BOTELLÓN" DE LIBROS

Divertida parodia do programa Callejeros, feita por José Mota que nos fai reflexionar, sempre con humor, sobre o valor dos libros e da lectura da lectura entre a xuventude actual.

12 de dez. de 2009

UN CASOIRO BEN MAL AMAÑADO





O escritor Bali Rai estará no Instituto o 22 de xaneiro de 2010 para falarnos do seu libro Un casoiro ben mal amañado, unha historia de alienación e identidade que narra as peripecias vitais dun adolescentes punxabi, Manny, que se debate entre manter as relacións familiares e vivir a súa propia vida.
A mañá do seu casamento, que asemade é a mañá do seu dezasete aniversario, Manny pasa revista á súa vida para se decatar de que os seus valores persoais non son os mesmos que os valores da comunidade punxabi onde vive. Manny non ten nada en común con seus irmáns, que viven na ignorancia doutros mundos posibles, nin con seus pais, que viven na somnolencia que lles producen os litros de alcol que inxire cada día, no caso do pai, ou esa non rebelión contra o sistema establecido, no caso da nai. Así, ao se decatar de que a única opción para amañar as relacións coa familia é aceptar o casamento amañado con só dezasete anos, Manny decide afrontar a súa propia vida e tomar unha decisión difícil de xeito valente. Escrita en primeira persoa, Un casoiro ben mal amañado narra de xeito cru e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos culturais alleos e as contradicións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.

13 de nov. de 2009

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA


Comezamos as sesións do noso Club de Lectura co libro A miña planta de laranxa lima . O seu autor é o escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos.
Nesta novela relata a infancia de Zezé, un neno descubridor de cousas, que nos mostra a dor e a ledicia xunguidas de xeito constante nas diferentes peripecias que o levan ao descubrimento do mundo, da amistade e da dor de medrar.

30 de out. de 2009

CLUB DE LECTURA BIBLIOTERO 2009-2010

Neste curso comezamos antes a nosa andaina coma devoradoras e devoradores de libros. Somos ainda máis que o curso pasado, co cal isto vai ben....E temos moitas ganas de comezar a ler....Partimos dende hoxe mesmo. Nesta nova xeira somos:

1ºESO.-

Astral Maneiro, Thais
Dos Anjos Dos Anjos, Josefa
Franco Roade, Inés
Lago Boonstra, Cristal
Luaces Delicado, Ricardo
Paz Mongil, Pedro
Rolle Leis, Claudia
Rumbo del Rey, Cristina
Sanjorge Méndez, Cristian
Villanueva Vera, Estrella

2º ESO.-

Castaño Álvarez, Iria
Mazas Saavedra, Carlos
Pardiñas González, Rubén
Prado Espiñeira, Ángela
Serantes Gómez, José Luis
Torea Ramil, Paula
Yu Zhao, Lina

4º ESO.-

Rey Martí, Andrea

Máis as profes Laura Janeiro, Xulia Franco e Begoña Valdés

15 de jun. de 2009

"KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA" de Jordi Sierra i Fabra


Como final de curso e remate de lecturas neste curso, escollimos unha preciosa novela de jordi Sierra i Fabra, que mereceu no ano 2007 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O libro, ilustrado por Elena Odriozola, está dirigido a lectores de 10 años en diante e naceu como un relato, baseado en feitos reais. Narra o encontro entre o escritor Franz Kafka e unha nena nun parque de Berlín, á que o autor sorprende chorando desconsolada porque perdeu a súa boneca favorita. O creador de La Metamorfosis consola á meniña decíndolle que a súa boneca no se perdeu,senón que «so se foi de viaxe».
Para probárllelo, durante tres semanas Kafka escribe e entregaó puntualmente á pequena unha serie de cartas nas que a boneca fálalle desde diferentes lugares. Kafka escribiu todas estas cartas, segundo contou máis tarde a súa entonces compañera Dora Dymant, «con actitude febril» y tomándose aquel traballo tan en serio como a escritura das súas obras máis serias dirixidas ao público adulto.
Sierra i Fabra, autor de máis de 300 novelas, dixo que escribira o libro en catro días despois de ler no periódico unha noticia referida á historia de Kafka, a nena e a boneca. Tamén ensalzou a Kafka pola súa capacidade para volcarse no «canto de amor á beleza que hai tras a obra escrita" e como estas cartas axudaron a que a meniña se reconciliase co mundo e coa súa boneca, que por cierto, cada día lle escribía desde un lugar diferente.
O libro elixido para o mes de xuño foi para todos nós o mellor remate para este curso intenso en lecturas e en traballos.

27 de mai. de 2009

"AS CATRO ESTACIÓNS", antoloxía poética de Anttonio García Teixeiro


Aproveitamos o mes de Maio, xa coa primavera avanzada, para ler algo de poesía, algo que se fai moi difícil para algúns. Este pequeno libro contén poemas para cada estación do ano, e na nosa sesión de hoxe adicámonos a ler os poemas primaverais, que son os que máis nos gustaron. Descubrimos que a poesía non é difícil, e así acordamos que para o proximo día leremos máis poesía, agora en castelán.