E xa case para rematar o curso, escollimos un libro que trata o tema do Alzheimer dun xeito diferente a través da ollada dun neno. O seu avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
O seu autor é o escritor Francisco Castro, quen con este libro conseguiu o Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
No mes de maio, e coincidindo co mes en que celebranos as nosas Letras, pensamos que a nosa mellor homenaxe era ler a Nononeyra. Escollimos varias antoloxías que tiñamos na Biblioteca, seleccionamos textos, limos en voz alta os poemas de Uxío Novoneyra nos recreos e fomos quen de coñecer o Courel ao lonxe desde A Coruña a través da súa palabra. Como agasallo do Concurso de marcapáxinas do Día das letras, os premiados levaron a fotobiografía que sobre Uxío Novoneyra preparou a escritora Carmen Blanco na colección Esencias de A NOSA TERRA.
Unha nova e divertida teoría sobre o orixe do ser humano da man de LA TRINCA. un xeito divertido de falar da evolución humana neste ano adicado a Darwin...
Onte 26 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO e algúns profes, tivemos a sorte de ver, oir, sentir, rir... e pasar uns dos momentos máis intensos deste curso como remate das nosas aulas neste trimestre. Organizado pola Biblioteca do IES Otero Pedrayo e no Salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que amablemente nos cedeu o seu espazo para este acto, puidemos disfrutar das trovas, cantos, poemas e cuitas dun xograr/trovador moi especial. Con el fomos de viaxe pola lingua, a literatura, a música, a pintura e a historia desde a Idade Media ata Barroco; e aí quedamos xa que o tempo non deu para máis... No próximo curso esperamos contar de novo coa arte dun xenial artista e dunha persoa moi sinxela e xenerosa. Grazas por todo Crispín e ata a próxima.
Usha é o libro que limos no mes de marzo. Seleccionamos materiais para poder facer algunhas actividades sobre esta lectura. Comentamos as características da cultura hindú, que aparecen no libro. Falamos de xeografía, das linguas que hoxe en día se falan na India e da relixión hindú. Tratamos sobre a situación da muller na India, así como do traballo das ONG que levan a cabo diversos proxectos de colaboración naquel país, unha delas creada por María Reimóndez, Implicadas no desenvolvemento Falamos tamén doutras posibles novelas que tratan sobre o mesmo tema. E finalmente vimos a película Slumdog millionaire, que trata tamén sobre a vida diaria dos nenos dos slums de Bombay.
Queremos celebrar hoxe 21 de marzo o Día da poesía, tan necesaria nestes tempos. . Porque pensamos que a poesía segue sendo necesaria coma a auga ou o aire que respiramos, defendemos a poesía que fala por nós e que defende a xustiza no mundo. Por iso seguimos pensando con Gabriel Celaya que:
LA POESÍA ES UN ARMA CARGADA DE FUTURO
Cuando ya nada se espera personalmente exaltante, mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia, fieramente existiendo, ciegamente afirmado, como un pulso que golpea las tinieblas,
cuando se miran de frente los vertiginosos ojos claros de la muerte, se dicen las verdades: las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.
Se dicen los poemas que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados, piden ser, piden ritmo, piden ley para aquello que sienten excesivo.
Con la velocidad del instinto, con el rayo del prodigio, como mágica evidencia, lo real se nos convierte en lo idéntico a sí mismo.
Poesía para el pobre, poesía necesaria como el pan de cada día, como el aire que exigimos trece veces por minuto, para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos, nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno. Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que, lavándose las manos, se desentienden y evaden. Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.
Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren y canto respirando. Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas personales, me ensancho.
Quisiera daros vida, provocar nuevos actos, y calculo por eso con técnica qué puedo. Me siento un ingeniero del verso y un obrero que trabaja con otros a España en sus aceros.
Tal es mi poesía: poesía-herramienta a la vez que latido de lo unánime y ciego. Tal es, arma cargada de futuro expansivo con que te apunto al pecho.
No es una poesía gota a gota pensada. No es un bello producto. No es un fruto perfecto. Es algo como el aire que todos respiramos y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.
Son palabras que todos repetimos sintiendo como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado. Son lo más necesario: lo que no tiene nombre. Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos. (Gabriel Celaya)
Merece a pena,unha e outra vez, ler e escoitar a un tempo na voz de Paco Ibáñez este estupendo e máis que nunca necesario poema:
O 12 de marzo, deixounos Miguel Delibes. Xa pensaramos no curso pasado en ler algunha das súas novelas. E agora, nestes días, lembramos ó home sinxelo e humilde que nunca quixo protagonismo e que nunca renunciou a ser coma quixo ser. Miguel Delibes: Un home, unha terra, unha paixón... No Mes dos Libros, no Mes do Día do Libro, lembraremos a un grande escritor lendo unha das súas mellores novelas: El camino. Este será o noso libro do mes de Abril
Hoxe repartimos o libro do noso club de lectura neste mes de marzo que será Ushade María Reimóndez, unha novela na que unha nena ,Uxía ou Usha para os seus amigos, fala da súa estadía na India, país ao que viaxa na compaña da súa nai, membro dunha ONG que traballa en proxectos de cooperación no estado de Karnata. A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigas, como Laschmi, aprender novas linguas e costumes e adquirir unha visión diferente da vida, froito dos contrastes entre o mundo do que ela procede e a nova cultura que a acolle.
A próxima sesión fixámola para a última semana de marzo, para o martes 23, despois dos exames, e alguén xa se comprometeu a facer filloas de postre para compartir, ¿nonsi?...
Hoxe tiñamos sesión do club de lectura, e como o recreo sempre nos queda pequeno para as nosas tertulias, e hai clase pola tarde, decidimos quedarnos a xantar no instituto. Despois de devorar literalmente os nosos suculentos bocatas e dar boa conta das galletas que Laura, a profe de galego fixo para agasallarnos con moito agarimo, pasamos a falar de literatura. O noso propósito era comentar o libro do mes de Febreiro Otra vuelta de tuerca e máis ver a película do mesmo título. A primeira parte foi posible, pero a en canto á peli, foinos imposible dar con ela. Así que tivemos que conformarnos con ver o trailer que temos colgado no blog. Como ainda tiñamos moito tempo, alguén propuxo ler un relato breve en voz alta. Escollimos o relato de Manuel Rivas "Que me queres amor", e acto seguido pensamos que podiamos ver A lingua das bolboretas , unha marabilla de película que fixo José Luis Cuerda sobre o textos de Manuel Rivas e o xenial guión de entreteceu Rafael Azcona con tres relatos do libro. Tanto para os que xa a coñeciamos como para os que a viron por vez primeira foi unha ledicia vela todos xuntos e poder falar de literatura e cine en compañía. Ata a próxima.
Como complemto á lectura do libro, propoñémosvos que vexades a película baseada na novela. Aquí tedes un pequeno anticipo, para ir entrando no ambiente que nos presenta o libro...
Otra vuelta de tuerca de Henry James é o título do libro que estamos a ler no Club de lectura Bibliotero, no mes de Febreiro. Trátase dunha historia de suspense e misterio, que narra a historia dunha institutriz que debe coidar de dous nenos nunha vella mansión victoriana nas aforas de Londres. Aquilo que nun principio parece ser un traballo agradable rematará por convertirse nunha terrible pesadilla. Os dous nenos, Flora e Miles, viven impactados por un pasado inmediato no que a anterior institutriz y o criado e ayudante de cámara do dono da casa (o tío dos nenos) mantiñan una turbia relación, que incluía todo tipo de abusos. A vida xunto á anterior institutriz e a súa morte osterior deixan neles unha forte pegada. A novela desenvólvese nun ambiente de misterio, angustia e terror provocado pola presencia dasánimas dos dous desaparecidos.
A protagonista da historia, tenta axudar aos nenos e comenza a ser testigo das aparicións dos fantasmas da anterior institutriz, a señorita Jessel, morta en extrañas circunstancias, y do anterior criado da casa, o Sr. Quint. O final do novela préstase a múltiples interpretacións das que falaremos na nosa próxima reunión do club de lectura.
O día 22 de xaneiro tivemos con nós ao escritor indú BALI RAI, que nos falou da súa novela Un casoiro ben mal amañado.. O encontro tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que nos cedeu o seu Salón de Actos para esta actividade. Bali Rai falounos de como naceu o libro, dos seus proxectos como escritor, da súa vida actualmente en Inglaterra e da súa forma de entender a convivencia de culturas diferentes en diversos lugares do mundo. Pensamos que foi unha actividade moi interesante, xa que nos posibilitou coñecer unha cultura diferentre á nosa, facernos preguntas e reflexionar sobre temas que habitualmente non se tratan nas aulas, a pesar de ser fundamentais para entender o mundo no que vivimos. Bali Rai explicounos como xurdiu a idea do seu libro desta maneira: «Unha conversa casual cunha das miñas mellores amigas, Penny, conduciu a un cambio de dirección do proxecto da novela. Ela suxeriu que a escribise para adolescentes e desde o seu punto de vista. Uns meses máis tarde saíu o libro publicado. Nunca pensei que sería publicado, nin me importou gañar premios ou crear tanto interese. O meu obxectivo era escribir algo diferente, dirixilo a lectores que non estivesen interesados na temática dos libros máis lidos. Quería escribir algo fresco e accesible que interesase a diferentes culturas e idades. A novela é en parte autobiográfica e en parte baseada en experiencias reais de amigos e familiares. Tamén buscaba sacar un montón de cousas do meu peito, cuestión como tentar averiguar se eu era asiático ou inglés, ou ambos, e tentar equilibrar as obrigas familiares coas presións externas como os amigos e a cultura xuvenil. Iso, e tamén reflexar a singularidade de Leicester como a maior cidade multicultural de Europa. O multiculturalismo é algo do que son un apaixonado defensor. Encántame a maneira de vivir que os ingleses non-brancos redefiniron, o que significa ser deste país e incluír as súas peculiaridades culturais en todo, desde a moda á comida, á música ou ao cine. Debemos estar orgullosos, ao mesmo tempo que abertos e ser honestos sobre as cuestión a que nos enfrontamos como comunidade. Eu quería reflexar o que sentía ao ser inglés dentro dos meus propios zapatos. E creo que até certo punto o logrei».