Hoxe fixemos o noso segundo Xantar entre libros e tocou comentar as nosas lecturas. os maiores falamos de Caperucita en Manhattan, un libro que nos sorprendeu moito, xa que é unha historia chea de tenrura, de imaxinación e de bos sentimentos. Falamos da historia que conta o libro; falamos dos personaxes, que nos lembraron sentimentos como a liberdade e a amistade; tamén falamos de Nova Iorque e do xamón que é Manhattan para Sara e tamén falamos da forma que ten a nosa cidade....E de moitas cousas máis, ata que houbo que voltar ás clases....Ainda temos moito máis que falar desta historia...
Unha marabilla de libro para agasallar neste Nadal...A versión en español chámase CUENTOS SILENCIOSOS... para ver e ler os contos de sempre dun xeito diferente.
Hoxe fixemos o noso primeiro Xantar entre libros na Biblioteca e foi todo un éxito. Compartimos xantar, charla e aventuras, sobre todo de libros, pero tamén de cine e música. Temos algún músico no grupo, pero ainda non queremos desvelar a súa identidade, xa saberedes porqué.>
Unha vez decidida a lectura para os maís noviños do Club xa na anterior sesión: Chamádeme Simbad de Francisco Castro, tiñamos que fixar outra para os máis veteranos. Decidimos ler Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite, unha preciosa historia, que ten como referencia o conto que todos coñecemos e do que estivemos a falar. Cadaquén contou a súa versión do relato e pensamos, ao final da lectura, facer a nosa propia versión cun final diferente e máis acorde cos nosos tempos.
Comezamos unha nova andaina do noso Club de Lectura. Con algo de retraso porque renovamos o club e hai moita xente nova. A algún custoulle decidirse e pensouno moito, e houbo moitos que se apuntaron a última hora, pero ao final aquí estamos. Nesta xeira somos:
1ºA.- José Luis Eiroa Aarón Pastoriza Santos Ramón Pérez-Sindín Blanco 1ºB.- Estela Sánchez González 1ºD.- Samuel Mantiñán Cebral Emilio Prado Duro 2º B.-Xián Lois Alcayde Dans 2ºC.- Julián López Calo Francisco Cerqueiro Cecey Pedro Paz Mongil Claudia Rolle Leis Jorge Sandá Gómez Alexandre Silveira Abarca 3ºD.- Sheyla Fraga Rodríguez Nerea González Pereiro Gabriel Linares Castaño Paula Yáñez Martínez
4ºA.- Laura Castro Gorrita Tatiana Cedeira Costa
4ºB.- Inés Michinel Sánchez Ara-Sol Romero Vázquez Anxo M. Silveira Abarca Alba Vázquez Collazo
Ademáis das profes Pilar Freire, Laura Janeiro, Luz Rivas e Begoña Valdés
Primeira xuntanza do Club o día 2 de novembro para coñecernos todos e comezar unha nova xeira de lecturas compartidas. Somos moitos...e pensamos, xa que neste curso tamén hai máis profes, facer dous grupos. Un grupo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO e outro cos de 3º e 4º de ESO, máis que nada porque ao ser tantos todos queremos falar e faise moi difícil que poidamos intervir todos nunha tertulia tan concorrida. Polo de agora e como estamos empezando a nos coñecer un pouco, cadaquén comenta cales son as súas lecturas e películas favoritas, cales son eses libros que máis nos gustaron entre os que xa limos, e cales nos gustaría ler. Difícil selección a primeira...ata que alguén propón ler de novo o último dos libros do curso pasado, xa que hai moita xente nova que non o leu e ademáis quixeramos ter un encontro co seu autor, que non puido facerse daquela e quedou pendente para este curso. Xa temos pios a lectura para o grupo dos máis cativos: Chamádeme Simbad de Francisco Castro.
Así pois, imos facendo a lista de componentes do Club e na próxima sesión repartiremos as lecturas.
E xa case para rematar o curso, escollimos un libro que trata o tema do Alzheimer dun xeito diferente a través da ollada dun neno. O seu avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
O seu autor é o escritor Francisco Castro, quen con este libro conseguiu o Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
No mes de maio, e coincidindo co mes en que celebranos as nosas Letras, pensamos que a nosa mellor homenaxe era ler a Nononeyra. Escollimos varias antoloxías que tiñamos na Biblioteca, seleccionamos textos, limos en voz alta os poemas de Uxío Novoneyra nos recreos e fomos quen de coñecer o Courel ao lonxe desde A Coruña a través da súa palabra. Como agasallo do Concurso de marcapáxinas do Día das letras, os premiados levaron a fotobiografía que sobre Uxío Novoneyra preparou a escritora Carmen Blanco na colección Esencias de A NOSA TERRA.
Unha nova e divertida teoría sobre o orixe do ser humano da man de LA TRINCA. un xeito divertido de falar da evolución humana neste ano adicado a Darwin...
Onte 26 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO e algúns profes, tivemos a sorte de ver, oir, sentir, rir... e pasar uns dos momentos máis intensos deste curso como remate das nosas aulas neste trimestre. Organizado pola Biblioteca do IES Otero Pedrayo e no Salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que amablemente nos cedeu o seu espazo para este acto, puidemos disfrutar das trovas, cantos, poemas e cuitas dun xograr/trovador moi especial. Con el fomos de viaxe pola lingua, a literatura, a música, a pintura e a historia desde a Idade Media ata Barroco; e aí quedamos xa que o tempo non deu para máis... No próximo curso esperamos contar de novo coa arte dun xenial artista e dunha persoa moi sinxela e xenerosa. Grazas por todo Crispín e ata a próxima.
Usha é o libro que limos no mes de marzo. Seleccionamos materiais para poder facer algunhas actividades sobre esta lectura. Comentamos as características da cultura hindú, que aparecen no libro. Falamos de xeografía, das linguas que hoxe en día se falan na India e da relixión hindú. Tratamos sobre a situación da muller na India, así como do traballo das ONG que levan a cabo diversos proxectos de colaboración naquel país, unha delas creada por María Reimóndez, Implicadas no desenvolvemento Falamos tamén doutras posibles novelas que tratan sobre o mesmo tema. E finalmente vimos a película Slumdog millionaire, que trata tamén sobre a vida diaria dos nenos dos slums de Bombay.
Queremos celebrar hoxe 21 de marzo o Día da poesía, tan necesaria nestes tempos. . Porque pensamos que a poesía segue sendo necesaria coma a auga ou o aire que respiramos, defendemos a poesía que fala por nós e que defende a xustiza no mundo. Por iso seguimos pensando con Gabriel Celaya que:
LA POESÍA ES UN ARMA CARGADA DE FUTURO
Cuando ya nada se espera personalmente exaltante, mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia, fieramente existiendo, ciegamente afirmado, como un pulso que golpea las tinieblas,
cuando se miran de frente los vertiginosos ojos claros de la muerte, se dicen las verdades: las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.
Se dicen los poemas que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados, piden ser, piden ritmo, piden ley para aquello que sienten excesivo.
Con la velocidad del instinto, con el rayo del prodigio, como mágica evidencia, lo real se nos convierte en lo idéntico a sí mismo.
Poesía para el pobre, poesía necesaria como el pan de cada día, como el aire que exigimos trece veces por minuto, para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos, nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno. Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que, lavándose las manos, se desentienden y evaden. Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.
Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren y canto respirando. Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas personales, me ensancho.
Quisiera daros vida, provocar nuevos actos, y calculo por eso con técnica qué puedo. Me siento un ingeniero del verso y un obrero que trabaja con otros a España en sus aceros.
Tal es mi poesía: poesía-herramienta a la vez que latido de lo unánime y ciego. Tal es, arma cargada de futuro expansivo con que te apunto al pecho.
No es una poesía gota a gota pensada. No es un bello producto. No es un fruto perfecto. Es algo como el aire que todos respiramos y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.
Son palabras que todos repetimos sintiendo como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado. Son lo más necesario: lo que no tiene nombre. Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos. (Gabriel Celaya)
Merece a pena,unha e outra vez, ler e escoitar a un tempo na voz de Paco Ibáñez este estupendo e máis que nunca necesario poema:
O 12 de marzo, deixounos Miguel Delibes. Xa pensaramos no curso pasado en ler algunha das súas novelas. E agora, nestes días, lembramos ó home sinxelo e humilde que nunca quixo protagonismo e que nunca renunciou a ser coma quixo ser. Miguel Delibes: Un home, unha terra, unha paixón... No Mes dos Libros, no Mes do Día do Libro, lembraremos a un grande escritor lendo unha das súas mellores novelas: El camino. Este será o noso libro do mes de Abril