5 de fev. de 2011

EL ARQUITECTO Y EL EMPERADOR DE ARABIA de Joan Manuel Gisbert


...E para os pequenos do Club tamén temos nova lectura, agora en castelán. Trátase de El arquitecto y el emperador de Arabia , unha novela digamos que de aventuras, que nos levará ao mundo árabe. O seu autor xa é bastante habitual nas lecturas do noso club, pero os nosos socios máis pequenos non o coñecían ainda. Como segue a ser un dos nosos autores favoritos, este libro é a nosa proposta para o mes de xaneiro.

24 de jan. de 2011

ENCONTRO CO ESCRITOR VICENTE MUÑOZ PUELLES

Aquí vos deixamos algunhas fotos do noso encontro co autor de La expedición de los libros. Por certo, convidámosvos a que o leades porque merece a pena.

21 de jan. de 2011

LA EXPEDICIÓN DE LOS LIBROS de Vicente Muñoz Puelles


O día 20 de xaneiro tivemos a sorte de ter con nós ao escritor Vicente Muñoz Puelles. Veu para falarnos do seu libro La expedición de los libros, unha historia moi orixinal na que uns cantos libros escapan dos seus andeis, aburridos de que nionguén os ela e deciden ir de viaxe na percura de novos lectores. Algúns destes libros son Alicia en el país de las maravillas, Hamlet, El Buscón, ... Grazas a esta lindísima novela puidemos coñecer o que sufren os libros cando ninguén os le, e tamén ler o decálogo que un deles nos propón e que nos pareceu moio interesante.

14 de dez. de 2010

O DIARIO VERMELLO DECARLOTA de Genma Lienas


E despois da novela de Carmen Martín Gaite e aconsellándonos un pouco entre todos, decidimos ler algo diferente. E como pensamos ir alternando as linguas, aquí tedes xa o libro do mes de decembro, que comentaremos en xaneiro á volta do descanso de Nadal. O diario vermello de Carlota. Trátase dun diario un pouco especial, no que Carlota, a súa protagonista, vai deixando caer todos os seus comentarios e suxestións sobre os temas que lle preocupan como adolescente. Moi indicado para o noso alumnado de 2º ciclo de Secundaria e que gustou bastante no noso club.

29 de nov. de 2010

CHAMÁDEME SIMBAD de Francisco Castro

>

Hoxe fixemos o noso segundo Xantar entre libros... Os máis pequenos do Club de lectura Bibliotero limos Chamádeme Simbad, como xa sabedes, e hoxe estivemos falando do libro. Falamos de que nos gustou o libro e lo que máis foi a historia que inventan Paulo, un neno de 10anos e o seu avó sobre Simbad. Lembramos tamén a historia de Simbad, aquel rapaz de As mil e unha noites que Emilio xa coñecía, e démonos conta do importante que é a fantasía e a imaxinación para todos nós e máis ainda para as persoas que sofren o mal do esquecemento como o avó de Paulo.
Pensamos que quedan moitas cousas por comentar do libro e que sería interesante ver algunha película que tratara o tema do Alzheimer Para coñecer maís sobre ista enfermidade que nos pode tocar a calquera de nós.

CAPERUCITA EN MANHATTAN de Carmen Martín Gaite


Hoxe fixemos o noso segundo Xantar entre libros e tocou comentar as nosas lecturas. os maiores falamos de Caperucita en Manhattan, un libro que nos sorprendeu moito, xa que é unha historia chea de tenrura, de imaxinación e de bos sentimentos. Falamos da historia que conta o libro; falamos dos personaxes, que nos lembraron sentimentos como a liberdade e a amistade; tamén falamos de Nova Iorque e do xamón que é Manhattan para Sara e tamén falamos da forma que ten a nosa cidade....E de moitas cousas máis, ata que houbo que voltar ás clases....Ainda temos moito máis que falar desta historia...

13 de nov. de 2010

CUENTOS SILENCIOSOS

Unha marabilla de libro para agasallar neste Nadal...A versión en español chámase CUENTOS SILENCIOSOS... para ver e ler os contos de sempre dun xeito diferente.

9 de nov. de 2010

OS LIBROS DO MES DE NOVEMBRO...


Hoxe fixemos o noso primeiro Xantar entre libros na Biblioteca e foi todo un éxito. Compartimos xantar, charla e aventuras, sobre todo de libros, pero tamén de cine e música. Temos algún músico no grupo, pero ainda non queremos desvelar a súa identidade, xa saberedes porqué.>

Unha vez decidida a lectura para os maís noviños do Club xa na anterior sesión: Chamádeme Simbad de Francisco Castro, tiñamos que fixar outra para os máis veteranos. Decidimos ler Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite, unha preciosa historia, que ten como referencia o conto que todos coñecemos e do que estivemos a falar. Cadaquén contou a súa versión do relato e pensamos, ao final da lectura, facer a nosa propia versión cun final diferente e máis acorde cos nosos tempos.

5 de nov. de 2010

QUEN SOMOS NESTE CURSO?

Comezamos unha nova andaina do noso Club de Lectura. Con algo de retraso porque renovamos o club e hai moita xente nova. A algún custoulle decidirse e pensouno moito, e houbo moitos que se apuntaron a última hora, pero ao final aquí estamos. Nesta xeira somos:


1ºA.- José Luis Eiroa
Aarón Pastoriza Santos
Ramón Pérez-Sindín Blanco
1ºB.- Estela Sánchez González
1ºD.- Samuel Mantiñán Cebral
Emilio Prado Duro
2º B.-Xián Lois Alcayde Dans
2ºC.- Julián López Calo
Francisco Cerqueiro Cecey
Pedro Paz Mongil
Claudia Rolle Leis
Jorge Sandá Gómez
Alexandre Silveira Abarca
3ºD.-
Sheyla Fraga Rodríguez
Nerea González Pereiro
Gabriel Linares Castaño
Paula Yáñez Martínez

4ºA.- Laura Castro Gorrita
Tatiana Cedeira Costa

4ºB.- Inés Michinel Sánchez
Ara-Sol Romero Vázquez
Anxo M. Silveira Abarca
Alba Vázquez Collazo

Ademáis das profes Pilar Freire, Laura Janeiro, Luz Rivas e Begoña Valdés

2 de nov. de 2010

CLUB DE LECTURA Curso 2010-2011

Primeira xuntanza do Club o día 2 de novembro para coñecernos todos e comezar unha nova xeira de lecturas compartidas. Somos moitos...e pensamos, xa que neste curso tamén hai máis profes, facer dous grupos. Un grupo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO e outro cos de 3º e 4º de ESO, máis que nada porque ao ser tantos todos queremos falar e faise moi difícil que poidamos intervir todos nunha tertulia tan concorrida.
Polo de agora e como estamos empezando a nos coñecer un pouco, cadaquén comenta cales son as súas lecturas e películas favoritas, cales son eses libros que máis nos gustaron entre os que xa limos, e cales nos gustaría ler. Difícil selección a primeira...ata que alguén propón ler de novo o último dos libros do curso pasado, xa que hai moita xente nova que non o leu e ademáis quixeramos ter un encontro co seu autor, que non puido facerse daquela e quedou pendente para este curso. Xa temos pios a lectura para o grupo dos máis cativos: Chamádeme Simbad de Francisco Castro.

Así pois, imos facendo a lista de componentes do Club e na próxima sesión repartiremos as lecturas.

3 de jun. de 2010

CHAMÁDEME SIMBAD de Francisco Castro


E xa case para rematar o curso, escollimos un libro que trata o tema do Alzheimer dun xeito diferente a través da ollada dun neno. O seu avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.
As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.
Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

O seu autor é o escritor Francisco Castro, quen con este libro conseguiu o Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.

14 de mai. de 2010

MAIO PARA NOVONEYRA




No mes de maio, e coincidindo co mes en que celebranos as nosas Letras, pensamos que a nosa mellor homenaxe era ler a Nononeyra. Escollimos varias antoloxías que tiñamos na Biblioteca, seleccionamos textos, limos en voz alta os poemas de Uxío Novoneyra nos recreos e fomos quen de coñecer o Courel ao lonxe desde A Coruña a través da súa palabra.
Como agasallo do Concurso de marcapáxinas do Día das letras, os premiados levaron a fotobiografía que sobre Uxío Novoneyra preparou a escritora Carmen Blanco na colección Esencias de A NOSA TERRA.