24 de out. de 2014

As matemáticas en Bibliotero

Durante estes días, hai unha exposición de libros nos que as matemáticas están presentes. Tamén está exposta Mathesis, o boletín de divulgación matemática elaborado no centro.


Día da Biblioteca 2014

Ler en Matemáticas

Este ano, dedícase aos libros con temática matemática. No IES de San Paio (Tui) elaboraron unha escolma de poemas.

Non perdades oportunidade de botarlle un ollo.

 

 

15 de out. de 2014

Club de lectura

Como cada ano, botamos a andar o club de lectura Bibliotero. Para participar e informarvos, anotádevos nos comentarios do blog ou nas listas que colgaremos en cada aula.
A primeira reunión será o venres 24 na hora do recreo na biblioteca. 

Se vos gusta ler, este é o voso lugar


10 de out. de 2014

Achégase o Samaín

O Samaín é unha celebración moi antiga na Europa con raíces celtas. Para eles, significaba a fin do verán. Pero tamén era o tempo no que as almas dos defuntos andaban polo noso mundo.

Coñece máis cousas sobre o Samaín

Co gallo de celebralo, imos colgar algúns relatos de medo de coñecidos autores... Ou non tan coñecidos.

Ademais, tedes xa na biblioteca unha exposición dos nosos "Contos de medo"

Inauguramos o Samaín cun relato de Castelao, da súa obra Cousas 

......... 
Nunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.

Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.

Agora eu vou contarvos unha cousa. 

Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.

O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.

Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.

Eu seino porque…

Se queredes ler máis "Cousas" de Castelao:

www.manuelrivas.com/cousas/nunha-eirexa-da-montana/#more-334

2 de out. de 2014

Novidade na biblioteca: Historia da bicicleta dun home lagarto

Desde os ollos de Mundo, o neno protagonista, asistimos a varios misterios que debemos resolver. Onde marchou seu pai? Quen é o home lagarto?

Que ocorre cando @s adult@s se comportan dun xeito tan estraño?

Unha lectura perfecta, acompañada das ilustracións de Laura Súa Campo.

Autora: Fina Casalderrey

Gioconda Belli na Coruña

No día de onte, Gioconda Belli estivo na nosa cidade. Unha sala ateigada, unha autora nicaragüense e comeza o seu discurso cun "Que lindo el gallego". Así se valora desde fóra a nosa lingua. 

Pódense facer moitas recomendacións desta autora; eu quedo con Sofía de los presagios, unha novela que significou o comezo da miña andadura nas súas letras. Sofía é unha magnífica anfitrioa que nos acompañará durante unha novela reivindicativa. 


Eis o facebook da autora:

Gioconda Belli en Facebook

24 de set. de 2014

Maquetas de Ciencias Sociais

Aquí podedes ver os traballos realizados no curso 2013-2014 polo alumnado de 1º ESO do IES Otero Pedrayo en Sociais.


23 de set. de 2014

Imos de caza!!!

Existen os ghazafellos? E os gamusinos? E os cocerellos de río? Tod@s temos unha idea clara sobre este tema, o protagonista non ía ser menos. Porén, cómpre revisarmos as nosas opinións despois da lectura deste libro interactivo. 







Quizais despois non iremos tan tranquilos polas fragas...


19 de set. de 2014

Ámote Leo A.

Ámote Leo A.

Esta é a mensaxe misteriosa que acompañará a Leo na súa viaxe a través do mundo.

Decide percorrer o mundo durante seis meses, coñecer outras xentes, outros costumes, malia á oposición da súa nai. O itinerario non está fixado, vai a onde quere e sente que debe ir en cada momento.

O libro supón unha viaxe dupla, a xeográfica, mais tamén a de autocoñecemento.

Leo A. Non volverá ser a mesma.

27 de jun. de 2014

26 de jun. de 2014

PRESENTACIÓNS DE TRABALLOS DE CIENCIAS SOCIAIS... FIN DE CURSO...

Presentámosvos os traballos que fixeron neste curso os ALUMNOS E ALUMNAS de 1º de ESO na asignatura de CIENCIAS SOCIAIS.

CIENCIAS SOCIAISO último mes os alumnos expuxeron algún traballos sobre temas non vistos na clase. Excelentes traballos de:

MARTÍN PÉREZ e YOEL SÁNCHEZ de 1ºA sobre A Hispania romana e Gallaecia

http://prezi.com/bs-29zohpkrc/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

SILVIA CODESAL e LAURA RAMOS de 1ºB (mira que o traballastes!!! gran esforzo e preocupación) sobre Sociedade e Ambiente


http://prezi.com/6tblqxcn4ecq/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

LIDIA NOVO e CARMEN RODRÍGUEZ de 1ºC sobre a Hispania romana e Gallaecia

https://drive.google.com/file/d/0B-3XSBO3VEseUzdna1RxaFFXcVhXQkRURXp1TDdMQ3YtdG9B/edit?usp=sharing


DAWRIS LÓPEZ de 1ºA sobre Climas e paisaxes de Europa e España

http://prezi.com/fklaxnd8y3hl/climas-y-paisajes-de/?utm_campaign=share&utm_medium=copy