Áquí está Iqbal Masih....
Este será o noso primeiro libro de lectura no Club BibliOtero. Xuntarémonos o día 21 de novembro na Biblioteca para falar sobre o libro. Veremos quen foi Iqbal e falaremos da súa vida e dos millóns de nenos e nenas no mundo que ainda traballan como escravos...
Lembrade tamén que o día 10 de decembro entregarase o Premios Nobel e que Malala, una rapaza paquistaní de 17 anos, será una das que recollerá o da Paz. De todo isto e de moito máis...falaremos o próximo venres na Biblioteca.
10 de nov. de 2014
7 de nov. de 2014
29 de out. de 2014
24 de out. de 2014
Club de lectura
O venres pasado tivo lugar a primeira reunión dos clubs de lectura da BibliOtero.
3° e 1° xa escolleron obras de lectura compartida.
Estade atent@s porque pronto chegarán os libros para poder comezar.
O Samaín na Biblioteca
Na biblioteca xa estamos preparados para o Samaín. A próxima semana todas as clases visitarán a biblioteca para a lectura de contos de medo. Animámosovos a visitala antes e levar libros desta temática. 
Tamén podedes traer elementos para decorala para que dea máis medo.
As matemáticas en Bibliotero
Durante estes días, hai unha exposición de libros nos que as matemáticas están presentes. Tamén está exposta Mathesis, o boletín de divulgación matemática elaborado no centro.
Día da Biblioteca 2014
Ler en Matemáticas
Este ano, dedícase aos libros con temática matemática. No IES de San Paio (Tui) elaboraron unha escolma de poemas.
Non perdades oportunidade de botarlle un ollo.
15 de out. de 2014
Club de lectura
Como cada ano, botamos a andar o club de lectura Bibliotero. Para participar e informarvos, anotádevos nos comentarios do blog ou nas listas que colgaremos en cada aula.
A primeira reunión será o venres 24 na hora do recreo na biblioteca.
Se vos gusta ler, este é o voso lugar
14 de out. de 2014
10 de out. de 2014
Achégase o Samaín
O Samaín é unha celebración moi antiga na Europa con raíces celtas. Para eles, significaba a fin do verán. Pero tamén era o tempo no que as almas dos defuntos andaban polo noso mundo.
Coñece máis cousas sobre o Samaín
Co gallo de celebralo, imos colgar algúns relatos de medo de coñecidos autores... Ou non tan coñecidos.
Ademais, tedes xa na biblioteca unha exposición dos nosos "Contos de medo"
Inauguramos o Samaín cun relato de Castelao, da súa obra Cousas
.........
Nunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.
Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.
Agora eu vou contarvos unha cousa.
Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.
O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.
Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.
Eu seino porque…
Se queredes ler máis "Cousas" de Castelao:
www.manuelrivas.com/cousas/nunha-eirexa-da-montana/#more-334

2 de out. de 2014
Novidade na biblioteca: Historia da bicicleta dun home lagarto
Desde os ollos de Mundo, o neno protagonista, asistimos a varios misterios que debemos resolver. Onde marchou seu pai? Quen é o home lagarto?
Que ocorre cando @s adult@s se comportan dun xeito tan estraño?
Unha lectura perfecta, acompañada das ilustracións de Laura Súa Campo.
Autora: Fina Casalderrey
Gioconda Belli na Coruña
Eis o facebook da autora:
Gioconda Belli en Facebook
Assinar:
Postagens (Atom)