23 de jan. de 2015

Rosa Huertas no Otero

MALA LUNA de Rosa Huertas

Hoxe recomendamos Mala luna, outro libro de Rosa Huertas, a autora que nos visita a próxima semana. Será posible que aínda haxa poemas de Miguel Hernández sen publicar?

A través dos personaxes de Clara e Víctor achegámonos á historia do poeta, que corre paralela á dos seus avós, e por tanto á das súas familias.


16 de jan. de 2015

Club de lectura...IQBAL MASIH, LÁGRIMAS, SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot

Hoxe fixemos a terceira sesión do Club de lectura sobre este libro. Falamos de moitas cousas aparte da lectura. E tamén falamos de Malala e de moitos nenos e nenas que ainda traballan como escravos nestes días. Foi una lectura moi interesante e que non deixou indiferente a ninguén de nós

Club de lectura CARTAS DE AMOR de Fran Alonso

A próxima lectura do Club de lectura de 2º e 3º será Cartas de amor de Fran Alonso.  Xuntarémonos o venres 30 Biblioteca para ir falando...por exemplo da PAZ, que celebramos oficialmente nese día. Por que?
No libro hai algunas cartas, algunas historias que falan de guerra, pero tamén de paz...Lede con calma, en paz...

9 de jan. de 2015

TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO de Rosa Huertas

Rosa Huertas, a autora de obras como Tuerto, maldito y enamorado, Mala luna, ou Los héroes son mentira,  visitará o noso centro para encontrarse con lectores e lectoras de 3º da ESO o día 23 de xaneiro de 2015 no Salón de Actos ás 13 horas.
 
 
 
 

 


8 de jan. de 2015

LA VOZ DEL ÁRBOL de Vicente Muñoz Puelles

O día 13  de febreiro estará con nós Vicente Muñoz Puelles para falar co alumnado de 1º de ESO da experiencia de ler, de imaxinar, de viaxar a  través dos libros...Todo  arredor do seu libro "La voz del árbol",  un libro que fala dos libros e do pracer da lectura levándonos da man de varios dos seus libros favoritos. Ánimo e deixádevos levar pola maxia!!!

 

14 de dez. de 2014

USO DAS IMAXES EN INTERNET

Aquí tedes un recurso moi interesante que elaboraron no CEIP Freán de Teis:

10 de dez. de 2014

Unha árbore con historia(s)

Acabamos de colocar a nosa árbore, unha moi especial que di moito do lugar onde está colocada. Pasade por alí a vela.

Moitas grazas a Iria, Anxo, Sofía, Álex e Jorge de 1º ESO pola súa axuda e ilusión.



A árbore dos libros

1 de dez. de 2014

Visita de Xabier Docampo ao noso centro

Así foi a visita de Xabier P. Docampo ao noso centro. Xa coñeciamos a Xabier a través dos seus libros; neste trimestre, os alumnos e alumnas de 2º de ESO, limos Cando petan na porta pola noite . O encontro serviunos para falar de libros, das lecturas que el facía de cativo, da fascinación que sente polos libros de aventuras, como A Illa do tesouro e, sobre todo, do poder máxico das palabras. Grazas Xabier polos teus libros....