29 de abr. de 2015

Cal é o voso clásico preferido?

Algunhas novidades de abril en BibliOtero

Photocall Correlingua 2015

Si, xa sabemos que o Correlingua da Coruña aínda non chegou, pero estamos quentando motores e que mellor maneira de o facer que facernos fotos cos cartaces elaborados polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º. 

Temos unha canteira de modelos e artistas que é a envexa do resto de centros da Coruña. 

Desfrutádeas!!!






















23 de abr. de 2015

HISTORIA DE UN SEGUNDO de Jordi Sierra i Fabra

Este é o libro elixido polo alumnado de 2º e 3º do Club de lectura Bibliotero para o mes de abril....

Máis vídeos de Que libro salvarías?

Seguimos conmemorando o Día do libro no IES Otero Pedrayo.
Eis outro vídeo do alumnado de 1º B. Viva a rapazada lectora!!!


 

Día do libro: Que libro salvarías?

22 de abr. de 2015

Día do libro

Desexamos que teñades un ano cheo de descubertas lectoras.

17 de abr. de 2015

Que libro salvarías?

Como en Fahrenheit 451, cada un de nós vai decidir que libro salvar e a razón. Aquí tedes algúns dos imprescindibles para os vosos compañeiros de hai dous anos

9 de abr. de 2015

Os xogos da fame --- Booktuber

LasPalabrasDeFa -- Booktuber en español


Esta  booktuber recoméndavos este libro de John Green. Alguén o leu?


Book Tubes

Esta é unha canle de Youtube onde a xente recomenda libros mediante un vídeo. Aquí vos explican mellor como é que fan:

25 de mar. de 2015

Semana matemática

Así está o noso centro estes días. Achegádevos á biblioteca se queredes saber máis sobre a proporción áurea.