2 de jun. de 2016

Intercambio lingüístico



Despois de tantas cartas, tantos libros, tanta expectativa, chegou o día do Intercambio 2016.

Nesta ocasión, o alumnado de Coristanco visitounos na Coruña. O IES Ramón Otero Pedrayo fixo de anfitrión e guía por distintos lugares da cidade.

Desfrutamos dun día diferente con algo de todo e sobre todo, con sol.

Ata o ano que vén!!!



12 de mai. de 2016

Os soños na gaiola visitan os CEIPs María Pita e Ramón de la Sagra


Moito traballa o noso alumnado a prol da lingua e da literatura galega. Desta volta, prepararon diversas cancións da obra Os soños na gaiola de Manuel María para cantárllelas ao alumnado das escolas das que eles mesmos proceden. 

Mágoa que a calidade do son non sexa a mellor, porque realmente o fixeron moi ben. 


O Carro visto polo alumnado do CEIP Armenteira


O himno por excelencia de Manuel María, interpretado por Fuxan os Ventos e ilustrado polos rapaces de Primaria do CEIP Armenteira.

20 de abr. de 2016

1916-2016 .:Centenario das Irmandades da Fala:.



Este é un carné real das Irmandades da Fala, nacidas un 18 de maio de 1916 na Coruña.

O xoves 18 de maio de 1916 o alcalde da Coruña, Manuel Casás (Picorete), preparaba un previsor encontro con diversas entidades para as festas de agosto e os veciños agardaban con interese o match do domingo entre os clubes Deportivo e Coruña en Riazor. Nese contexto prácido, só alterado polos ecos da Grande Guerra europea, tivo lugar na cidade un feito transcedente para a cultura e a política de Galicia. O primeiro piso do número 38 da rúa Rego da Auga, local da Real Academia Galega, acolleu unha reunión dun "grupo de entusiastas", segundo cualificou aos partipantes un medio local, para constituír unha entidade que defendera e potenciara o uso do idioma galego, a Irmandade dos Amigos da Fala Galega

Artigo orixinal

Entre os seus obxectivos estaban a igualdade de homes e mulleres e a posta en valor da estética tradicional da arquitectura galega. Eran unha sociedade moderna, hoxe os seus obxectivos serían actuais. 

Quixemos reproducir os carnés de algúns dos seus membros. Descubrimos que había moitas mulleres que tamén eran irmás desta asociación. Aquí están algúns dos nosos traballos. 



Para rematar, un vídeo no que podedes coñecer a filla de Elvira Bao, Elvira Varela Bao, que lembra moi ben como funcionaban as Irmandades e como a Guerra Civil cortou a súa actividade


Vídeo Correlingua 2016




O IES de Elviña foi o gañador do concurso de vídeo do Correlingua deste ano. Oxalá esas caixas de poesía express chegasen a todos os centros.


Parabéns!!! Bo traballo.

5 de mar. de 2016

29 de fev. de 2016

Rosalía tería Iphone?









#MobilizaRosalía

Hoxe todo o noso centro estivo imbuído do espírito de Rosalía. Chiamos #iesoteropedrayocoruña, recitamos, pintamos, revisamos...

19 de fev. de 2016

Que é o ADN?

Ángel Carracedo está explicándonos o que é o ADN

17 de fev. de 2016

Ángel Carracedo visita o noso centro

Ángel Carracedo, referente internacional no ámbito da Xenética Forense, visitará o noso centro o próximo venres 19 a terceira hora.

"–Que se fai mal na educación para que os rapaces fuxan das materias científicas?
–Creo que o problema máis grande que temos hoxe é a educación. Creo que facemos unha educación decimonónica en contidos e en formas. E que necesita unha revolución absoluta. Porque non contamos o mundo que nos rodea. A xente non entende nada. Non sabe por que non cae o Sol. Proba a preguntarlle aos nenos por que sobe ou baixa a marea! Isto ten que cambiar de xeito radical. Matamos completamente a curiosidade e a creatividade. Só facemos contidos memorísticos absurdos e desconectados da realidade. Véxoo como o maior problema que hai. Cun agravante: co sistema educativo que temos, a xente non é libre. Isto hai que cambialo de xeito radical."

Artigo orixinal: O Portal da ciencia galega

Aquí o podedes escoitar:







Conferencia enteira:

15 de fev. de 2016

Impresións sobre Andrea Maceiras

Pablo Ocampo e Eva Fernández (2º B) foron dous dos nosos reporteiros no Encontro con Andrea Maceiras. 

Andrea Maceiras escribe desde nena, pero a experiencia de gañar un premio en 1º ESO, fíxoa recoñecer canto lle gustaba escribir. 

Andrea afirma que Europa Express nace da súa viaxe en interraíl ao rematar o bacharelato. Ten un caderno onde pega os billetes de tren, os tickets de compra e escribe sobre as experiencias que lle suxiren os lugares que visita. Identíficase con Aroa, aínda que a súa personaxe favorita é Mía "É moi divertida e paseiino moi ben escribíndoa". Como Xacobe, sempre leva unha libreta de notas. 

Gústalle escribir nas cafeterías. Busca un espazo cómodo e tranquilo. 

Citas importantes:


~"A imaxe é poderosa é capaz de desterrar a palabra."


~"Cada historia é especial por si mesma."


~"As ideas da nosa cabeza non sempre quedan tan ben cando as pasas o papel."


Moito nos gustaron os seus libros Europa Express e Nubes de evolución.
O comezo do encontro foi un relato sobre a orixe desta última novela. Puidemos visualizar o proceso grazas ás túas palabras.
Como vedes, gustáronlle moito os murais que se fixeron sobre ela, tanto que os fotografou.