20 de jan. de 2017

Clubs de lectura



Reunidos os clubs de lectura de 1º, 2º e 3º acordaron ler as seguintes obras. Algunhas delas coinciden coas que van ler en Coristranca,

Esta semana repartiremos a correspondencia que nos envía o alumnado de Coristanco. Están impacientes por ler as vosas achegas.

----------

1º ESO: Engurras, de Paco Roca @pacoroca.es (Instagram) @paco_roca (twitter)


2º ESO: Cartas de amor, Fran Alonso @fran.alonso.spain (instagram) @franalonso (twitter)


3º ESO: Futuro imperfecto, Xulia Alonso


Aquí vos deixo unha entrevista coa autora deste último libro





Entrevista a Xulia Alonso from FurocaTV on Vimeo.

1 de jan. de 2017

Irmandade, palabra de 2016

http://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/irmandade/

Esta é a palabra escollida pol@s galeg@s. Remata así un año no que celebramos o centenarios das Irmandades. 

22 de dez. de 2016

REGUEIFAS na biblioteca

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a xornada do luns 19 cos regueifeiros Pinto e Caruncho na nosa biblioteca. Cantamos, poetizamos, e tamén aprendimos a regueifar... unha maña chea de música, de poesía e de cultura de noso... 

16 de dez. de 2016

Unha ÁRBORE de NADAL chea de bos desexos...

Xa temos a nosa árbore chea de ilusións, de desexos, de esperanza e de confianza en que o novo ano traerá todo aquilo que máis precisamos... As tarxetas están feitas por alumnas e alumnos que aquí nos deixan a súa estupenda imaxinacion e creatividade...
BO NADAL e  FELIZ ANINOVO  para todas e todos vós...

REGUEIFAS na biblioteca con CARUNCHO e PINTO.

O proximo luns día 19 recibimos na nosa biblioteca o poder da palabra pura, da oralidade feita poesía na voz de dous regueifeiros, creadores, improvisadores, artistas... que van encher a nosa cabeciña de versos, de estrofas, de picardía, de risa... E de forza, a forza da palabra e da poesía cantada e contada... por LOIS CARUNCHO e PINTO HERBÓN.
Agardamos que vos guste.

Encontro con JORDI SIERRA i FABRA na libreria Moito Conto da Coruña.

O mércores 14, o Club de lectura de 2º de ESO tivo a sorte de asisitir a un encontro literario  con Jordi Sierra i Fabra que pressentaba o seu libro HISTORIA DEL ROCK na libreria Moito Conto, un espazo na cidade da Coruña, cheo de libros marabillosos. Alí puidemos disfrutar da palabra e da enerxía dun escritor, rockeiro e "utópicoposibilista" que nos lembrou algo fundamental para vivir: "os teus soños son posibles sempre que ti creas neles"...
Foi unha hora e media intensa na  que  Jordi foi desfiando lembranzas da súa vida e da súa maneir de entender a música e aliteratura. A enerxía, a creatividade, e as gaas de vivir que contaxia é tal que saímos cheos de forza e desexando velo axiña novamente.... E agardando xa polos seus novos libros para devoralos...Total...so leva publicados 510...
Longa vida Jordi...Querémoste... 
 
 
  
  
 

13 de dez. de 2016

Encontro con RAÚL VACAS na biblioteca

O martes día 13 de decembro recibimos de novo a Raúl Vacas, o noso amigo mago, ilusionista, xogador de palabras  e malabarista da poesía. Foi unha intensa hora co alumnado de 4º de ESO na que houbo emoción, sorpresa, ledicia e poesía,, sobretodo moita poesía...Ah!!, , e o mellor de todo foi que conseguimos esquecernos  por un tempiño dos exames... Grazas Raúl.... E volve pronto...

2 de dez. de 2016

A man do diaño

Novidade en Bilbiotero





Resultado de imaxes para a man do diañoResultado de imaxes para a man do diaño


É unha historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no seru humano, o conflito bélico.

A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún está libre de que lle toque.

O resultado é o esperado: ninguén está a salvo xamais. 

28 de nov. de 2016

Potterheads

Xa chegou o día e xa marchou. A reunión de fans da saga de Harry Potter foi multitudinaria. Tiñamos de todo, bufandas, libros, películas, larpeiradas, variñas e ata unha fan de McGonagall.

Debatemos sobre os nosos personaxes favoritos. Incriblemente, hai quen segue a Draco Malfoy. Tamén sobre os mellores momentos da saga. Ata discutimos un pouco sobre quen sabe máis. 

Aquí vos quedan unhas fotos (oxalá fosen como as do Daily Prophet e puidésemos ver as eprsoas moverse)
















Os muggles probando as larpeiradas dos magos... pobriños, non son capaces de tragar

O alumnado de Gryffindor dá de comer a todo aquel que o necesite, sen que importe a que  casa pertenza



Por fin probamos a cervexa de manteiga, pareceunos demasiado doce. 

Mannequin Challenge: A nosa Bibliotero está máis viva ca nunca



Presumimos de Biblioteca viva, dun recuncho onde tod@s nos sentimos libres de propor novas experiencias. A nosa homenaxe é este vídeo onde representamos os moitos xeitos de vivir a Biblioteca. A nosa non é tranquila, é bulideira e viva e así a reivindicamos.

«Unha #biblioteca non é un luxo, senón unha das necesidades da vida" (Henry Ward Beecher)

25 de nov. de 2016

ENCONTRO con EMILIO PASCUAL na biblioteca

O  mércores 23 visitounos Emilio Pascual, autor de Días de Reyes Magos,  para falar co alumnado de 3º de ESO., sobre o seu libro. Acompañounos tamén o alumnado do club de lectura do IES de Monelos e xuntos disfrutamos dunha estupenda lección de vida e literatura.  Xa hai días  que agardabamos poder descubir as respostas a moitas preguntas que este libro nos plantexou durante a súa lectura.  Aquí vos deixamos unhas imaxes do encontro, xa para a lembranza...