7 de abr. de 2017

GLORIA FUERTES en Bibliotero


Durante todo o mes de marzo traballamos coa poesía. Adicámoslle unha atención especial a Gloria Fuertes. A súa obra merece o coñecemento e o recoñecemento sempre, pero máis se cadra neste ano en que lembramos a niversario do seu nacemento. É a súa unha poesía totalmente actual, porque fala de temas que seguen moi vivos e que nos falan de todo o que nos pasa. O alumnado dos nosos Clubs de lectura preparou este recoñecemento cos seus traballos e lecturas na biblioteca.











6 de abr. de 2017

Recitando a Rosalía 2017

Como todos os anos, escollemos unha selección de alumnado para recitar poemas de Rosalía o día 24 de febreiro.

Un pouco tarde, pero aí vos queda o testemuño do que se fixo ese día.

Grazas por colaborar!!!


Escarlatina, a cociñeira defunta

Como traballo sobre o libro da segunda avaliación, o alumnado de 1º D tivo que cociñar.... algunha das receitas propostas no libro. Moito traballaron, xunto cos seus colaboradores familiares. Penso que foi unha actividade positiva para tod@s. Os rapaces e as rapazas aprenderon a facer distintos pratos e vocabulario sobre a cociña. Ademais, compartiron un tempo coas súas familias. Sempre gusta máis comer algo que un mesmo fixo.

Parabéns a tod@s!!!



























Intercambio lingüístico 2017



Os clubs de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel e do IES Ramón Otero Pedrayo volveron vivir un día de Intercambio. Desta volta, o anfitrión foi Coristanco.

Prepararon un fermoso vídeo presentando a súa contorna, as súas parroquias e lugares.

Tamén falamos dos libros que lemos durante este curso, algúns deles, compartidos.

E despois dedicámonos a pasalo ben, pero todos xuntos. A visita ao MELGA foi moi divertida. O seu creador, Ricardo Pérez y Verdes, explicounos tantas e tantas cousas que algúns aínda quedamos con ganas de saber máis. Xogamos ás carrilanas, ao varapau, aos birlos e a moitas outras cousas.

Fomos xantar á praia de Balarés onde tamén fixemos algo de deporte tradicional.

Moitas grazas a tod@s @s que traballaron para que este día fose fantástico.


Árbores senlleiras

Na materia de Investigación, durante a primeira avaliación, realizaron traballos por grupos sobre árbores autóctonas galegas. Tamén fixeron as maquetas das árbores.

Moitos profes quedamos impresionados do traballo e quixemos implicarnos, uníndonos nun proxecto que denominamos Árbores senlleiras.

E aí estamos, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Lingua galega traballando conxuntamente en todo 1º ESO para poder realizar unha exposición na terceira avaliación. O ritmo de traballo nas aulas está sendo frenético estes días.




Libros viaxeiros

A ANPA Abrente, en colaboración coa Biblioteca do IES Ramón Otero Pedrayo botan a andar unha iniciativa que ten como filosofía:

"Fagamos do mundo unha biblioteca"


isto é, que todo o alumnado do Instituto teña á súa disposición libros que poderán levar para a súa casa. Agardamos que os volvades traer e que os liberedes por calquera lugar do centro.

Os tres Rs de Bookcrossing son:

READ: le
REGISTER: rexistra
RELEASE: libera de novo

Todos os libros liberados ata o momento están rexistrados en Bookcrossing co nome do Instituto. Esperamos a colaboración de todos e todas. Lede os libros, volvede liberalos e traede outros da casa que xa non vos interesen para deixalos á disposición doutra xente.

http://www.bookcrossing.com/mybookshelf/iesoterocoru%C3%B1a



Hoxe foi o primeiro día no que creamos as novas zonas de Liberación
-O corredor
-A entrada

Mañá inauguraremos o Pavillón

Foi todo un éxito. Moito alumnado se interesou pola iniciativa e xa quixeron levar libros para lelos nestas vacacións.

21 de mar. de 2017

Día da POESÍA: Botica poética na biblioteca


A nosa particular "botica poética" encheu a biblioteca de "pacientes" que buscaban sanar os seus males coa poesía máis axeitada. Había para todo tipo de doenzas, ainda que predominaban as de amor...









Farmapoética

A poesía como medicina

No recreo de hoxe, e para celebrar o día da Poesía, dúas farmacéuticas de primeira repartiron menciñas sen receita e completamente gratuítas.

Lémbrovos a tod@s @s que as recibistes que o tratamento dura 15 días. Non ten efectos secundarios, así que non vos preocupedes e disfrutade da palabra sanadora de todos os males.













Un último agasallo de Xosé Luís Méndez Ferrín
En Compostela pode un home
escoller óboe e docísimo cor ao contrapaso,
decaer nos tremendoiros
(VIBRA, CORAZON GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.

Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro 
estremecer o corazon da Europa campesina
que todos temos dentro sen decilo.

En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios 
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro marmore
e oubear oubean os couselos
nas murallas de San Martiño Pinario.

En Compostela, enfín,
compañias de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lembranza ilustrada
(VOTO POR VÓS: ROSALIA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.

En Compostela esta 9o que perdemos
e vai nacendo noutros e esto é o grande milagre
(UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doceque non morre.

En Compostela soterraron a semente
chamada Xohan Xesus Gonzalez. porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara a nós con alboroto
e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.

En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.