10 de fev. de 2008

"LOS CAMINOS DEL MIEDO"




No mes de Febreiro, a lectura escollida foi "Los caminos del miedo" de Joan Manuel Gisbert, un conxunto de catro relatos de terror, intriga, suspense e imaxinación, ingredientes todos eles que se mesturan moi ben. Tivemos ademáis a sorte de contar co autor, que é un home cheo de misterio e de sorpresas e co que pasamos dúas horas intensas de conversa. Gisbert fixo gala dun sentido do humor e dun dominio da linguaxe marabilloso que nos engaiolou a todos. A palabra de novo foi unha ponte entre o libro e o lector, co agasallo engadido da presencia do autor. Unha festa literaria.

22 de jan. de 2008

"O NENO DO PIXAMA DE RAIAS"







No mes de xaneiro propuxemos como lectura "O neno do pixama de raias" de John Boyne, unha novela que nos sitúa na Alemania de Hitler e que se desenvolve no campo de concentración de Auschwitz. Nela cóntasenos, a través da voz de Bruno, un neno de nove anos, a amarga aventura do seu amigo Schmuel, un neno xudeu que vive tras dunha arameira e leva un pixama de raias.

12 de dez. de 2007

BIBLIOTECAS

Queremos presentarvos algunhas das bibliotecas mais bonitas do mundo.......Esi as tedes:

9 de nov. de 2007

BENVIDOS E BENVIDAS AO CLUB DE LECTURA "BIBLIOTERO"

Ola a todos e todas:
Iniciamos hoxe unha nova aventura literaria da man dun club de lectura, que estará formado por todoas aquelas persoas que queiran compartir o gosto pola lectura e polo intercambio de ideas sobre os libros. Benvidos a bordo desta nave que nos levará a vivir unha chea de aventuras, fantasías e imaxinación. Boa viaxe. Nesta aventura embarcamos bastantes navegantes; agardamos unha boa viaxe polos mares da literatura. Nesta xeira navegamos:

CLUB DE LECTURA “BIBLIOTERO” (2007-2008)

1º A.-
Juan F.Cabarcos Güeto
Aarón Gagino Arias

1º D.-
Daniel Sánchez Verde

2º A.-
Iago Martín Mato

3º A.-
Paula González Liñares
Jennifer Sánchez Canzobre
Alba Verea Pérez

3º C.-
Álvaro Inglés Paz
Christian Ramos Lorenzo
Zenaide Rodríguez Sánchez

4º A.-
Iria López Barros
Marina Reija Vázquez
Sabela Rodríguez Lorenzo
Lucía Vicos Cajiao

4º B.-
Borja Alberte
Martín Daniel Méndez Cabrera
Héctor Mouriño Talín
Alende Sánchez Patiño

4º C.-
Andrea Gestal González
Brenda Rodríguez Seoane

4º D.-
Cristina Gómez Suárezjavascript:void(0)
Patricia Pandelo Rodríguez
Marta Pérez Ouviña
Paula Rey Pazos

2 de nov. de 2007

OTERO, o gato lector

Para escomenzar a nosa andaina, decidimos buscarlle un compañeiro ao noso CLub de lectura. Como moitos e moitas de nós temos na casa a ledicia de compartir cun gato os nosos seráns de lecturas, pensamos que o mellor amigo do Bibliotero sería precisamente un amigo como o que vedes na imaxe: Otero, o noso gato lector.