1 de jan. de 2009

1 de dez. de 2008

ENCONTRO CON MIGUEL GRIOT


Como agardabamos desde hai días e con moita ilusión, hoxe recibimos no noso centro a Miguel Griot, o autor do libro que acabamos de ler e que supón a primeira lectura conxunta neste curso do noso club . Tamén asistiron os alumnos e alumnas de 2º de ESO que tiveron o libro como lectura neste trimestre e que por certo, según contan foi unha experiencia moi interesante. O autor comezou falándonos de Iqbal, a quen nós apenas coñeciamos máis que a través do que atopamos na rede. A través dunha presentación preparada polo autor sobre a vida de Iqbal, coñecimos tamén as vidas de milleiros de nenos e nenas en Pakistán, que como Iqbal loitan por sair da miseria e da escravitude, e poucas veces o consiguen.

27 de nov. de 2008

IQBAL MASIH, LÁGRIMAS, SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot

Hoxe comezamos as sesións do noso club de lectura. E facémolo cun libro moi especial: "Iqbal Masih, lágrimas, sorpresas y coraje " de Miguel Griot. Este libro trata da curta vida de Iqbal, un neno pakistaní de 10 anos que traballa como escravo de varios amos facendo alfombras. O próximo día 1 de decembro teremos un encontro co autor, que agardamos resolva moitas das nosas dúbidas sobre o libro. Antes de coñecer ao autor do libro, quixemos saber algo máis sobre o seu protagonista; aquí vos presentamos a Iqbal:

20 de nov. de 2008

CLUB DE LECTURA BIBLIOTERO 2008-2009

Retomamos na próxima semana as reunións do noso club de lectura. Neste curso, temos un so grupo con alumnas e alumnos de 1º de ESO.
CLUB DE LECTURA “BIBLIOTERO” (2008-2009)

1º ESO A.-
Troncoso Maduro, Carla

1º ESO B.-
Caamaño Pérez, Liam 1ºB
Mazas Saavedra, José Carlos 1ºB
Montáns García, Alejandro 1º B
Pereiro Duran, Moisés 1º B
Rengifo Velásquez, Christian Arlex 1ºB
Sampaio Batista de Souza, Amanda 1º B
Serantes Gómez, José Luis 1ºB
Varela Chans, Tatiana 1º B
Vázquez Pérez, Andrea 1º B

1º ESO D.-
Oubiña Castro, Nathalie 1ºD
Rodríguez Ochoa, Raquel 1º D
Torea Ramil, Paula 1ºD

Máis as profes Laura e Begoña.

11 de jun. de 2008

POESÍA PARA LOS QUE LEEN PROSA




No mes de xuño, cando andamos agobiados de exames e traballos, tamén sentimos as primeiras chamadas do mar para que nos acheguemos á praia. ¿Que mellor compaña para eses serán de baños de sol e auga que un pouco de poesía? Alternándo os poemas cos apuntes e os libros de texto, farásenos máis levadeira a recta final do curso, e aproveitaremos para ler, sos ou na compaña dos nosos colegas do club de lectura, un libro diferente.

Eliximos un libro de poesía para rematar a andaina do noso club porque queremos desfacer ese prexuizo de que a xente nova non le poesía, alegando que non hai quen a entenda. Pois ben.... presentámosvos un libro de poesía que que se entende, ou nós así o pensamos. Un libro para todos os públicos, e que vai ser o noso pretexto para a derradeira xuntanza do club neste curso que remata.

É unha antoloxía de poesía feita por Miguel Munárriz e na que aparecen poetas coñecidos e outros dos que apenas oimos falar, pero sempre co denominador común de ser poesía para sentir, para compartir, para dixerir con calma e para mover os sentimentos. Un libro pois que recomendamos ler.

7 de jun. de 2008

"MADE IN GALIZA"




Contamos o día 6 de xuño coa presenza no noso instituto do autor Séchu Sende, co que manteremos un encontro para conversar sobre o seu libro "Made in Galiza", que neste curso, o alumnado de 4º ESO e os integrantes do club de lectura tivemos a oportunidade de ler. O libro é unha reflexión seria, irónica, divertida e ao mesmo tempo necesaria sobre o noso idioma, dende distintos puntos de vista.

Comentarios de algúns alumnos.-
Según Iván: "trátase dun libro de relatos, escrito para nós, un libro que procura a fórmula da liberdade da lingua", e que según di o seu autor "é un libro contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde, e feito en Galiza".
Según Patricia e Paula é unha reflexión clara sobre o galego e o mal uso que lle damos, e como ás veces nos avergoñamos da nosa propia lingua, sen darnos conta de que é o noso sinal de identidade. Considerámolo un libro necesario e moi recomendable.

3 de mai. de 2008

"CARTAS DE AMOR"


No mes de maio, o libro proposto é "Cartas de amor" de Fran Alonso. Trátase dun conxunto de cartas escritas todas elas por mulleres dende distintas partes do mundo. A pesares de estar escritas dende a pobreza, a marxinación, a desigualdade, a inmigración..... todas elas teñen en común a ilusión e a esperanza de que todo pode ser mellor.

22 de abr. de 2008

"LA SOGA DEL MUERTO"


No mes de Abril, a lectura escollida foi "La soga del muerto" da escritora e xornalista Blanca Álvarez, una autora moi querida no noso Instituto, xa que tivemos a sorte de tela connosco xa o curso pasado e no presente curso para falar de ouitros dous dos seus libros. E como a experiencia resultou moi boa, decidimos repetila.
A novela preséntanos unha investigación policial centrada na morte dun traballador dunha empresa química, e lévanos a plantexarnos un tema tan actual como o terrorismo a grande escala. O día 21 de abril tivemos un encontro coa autora, aberto a todo o público, especialmente á xente do barrio.
A conversa prolongouse dúas horas, nas que ademáis da novela que limos, falamos de xornalismo, das guerras, da morte e de moitos temas que se foron plantexando.

Libros en movemento

2 de abr. de 2008

"COMEDIA BÍFIDA"




No mes de Marzo, a lectura escollida foi "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala. Trátase dun texto teatral, que analiza dende una ollada crítica a situación da nosa lingua. Unha serie de pequenas historias que reamatan nun xuízo cada unha delas e onde se pon en cuestión como utilizamos ou non utilizamos o galego nas nosas vidas. O día 1 de abril tivemos un encontro co autor do libro no Salón de actos da Biblioteca Miguel González Garcés, coa que colabora o noso Club de lectura. A partires dunha presentación do autor recurrindo a diversos xogos, probas e situacións que se dan nas nosas vidas sobre a situación do galego na actualidade, fomos reflexionando dun xeito orixinal e diferente sobre aspectos como a diglosia, o complexo de inferioridade que temos con respecto da nosa lingua, os prexuízos lingüísticos absurdos, etc....