28 de abr. de 2009

"MALDITA ADOLESCENTE", "NUNCA SERÉ TU HÉROE", "EL POSO AMARGO DEL CAFÉ" de María Menéndez-Ponte


O día 27 de Abril, tivemos a visita de María Menéndez-Ponte, longamente agardada, xa que levamos desde o curso pasado tentando contar con ela. Foron tres os libros que lemos dela, cada quen o que máis lle gustou. A escolla foi difícil, e houbo quen leu os tres, un tras doutro. O encontro foi moi ameno e María falou de moitos temas, xa que nos seus libros toca case que todos os problemas que poden preocupar os adolescentes.

Sorprendeunos a vitalidade e forza de María, que ademáis de escribir constantemente ten tempo para practicar varios deportes e implicarse en mil cousas máis.

23 de abr. de 2009

"O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR" DE Agustín Fernández Paz

En Abril, o mes dos libros, eliximos un libro de contos de Agustín Fernández Paz, un dos nosos autores favoritos, e posiblemente dos que máis se len no noso centro. Neste libro, o autor fai un repaso polo amor en todas as súas formas levándonos por medio da poesía do relato a ese encantamento que producen as historias marabillosas. É un libro que recomendamos como cura para calquera tipo de doenza afectiva e agardamos que sexan moitas e moitos os que vos acheguedes a esta ledicia de libro.

10 de mar. de 2009

"OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA" de Anxo Fariña


En febreiro, repetimos con outro libro de Anxo fariña, da mesma serie dos Megatoxos, agora con outra divertida aventura do equipo que forman: Ruxe, Faísca, Ninfa eLúa.

En Marzo, o día 10, tivemos un encontro co escritor e debuxante Anxo Fariña, que a partires dos seus libros explicaounos como se crean os deseños dos obxectos e dos personaxes dos seus libros, apenas cuns cantos trazos , moi sinxelos (según el), bastante máis complicados para nós, pero moi divertidos e interesantes. Moisés, un dos componentes do noso club, serviu de modelo para que Anxo lle fixese un retrato, que quedou moi ben por certo a pesares de que o debuxou en menos dun minuto.

8 de fev. de 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ

http://mesturas.blogspot.com/2009/01/conspiracion-pola-paz.html

18 de jan. de 2009

"OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA" DE Anxo Fariña




- En xaneiro, o libro escollido foi "Os megatoxos e o aprendiz de druída" de Anxo Fariña. Dúas rapazase dous rapaces forman equipo para vivir moitas aventuras. Gustounos moito, sobre todo polas ilustracións que son do propio autor e algúns dos componentes do club xa mostraron as súas preferencias á hora de elixir personaxes.

7 de jan. de 2009

CURTAS DE ANIMACIÓN

Proponémosvos para comezar o ano dun xeito divertido que olledes estas curtametraxes de animación feitas con plastilina por Tomás Conde e Virginia Curiá. Os dous creadores recollen historias nosas, que escribiron os nosos escritores e danlles vida por medio destes extraordinarios personaxes que ides ver. Que desfrutedes da ilusión destas imaxes....

IGNOTUS

ALISTÁN, O DEMO OVEIRO

A ESCOLA DAS AREAS

A XAGUARANA

GOOD NIGHT, MON AMÍ

MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ