4 de mar. de 2013
FRACASO ESCOLAR ..... Vídeo para reflexionar
Vídeo imprescindible para reflexionar sobre a educación que queremos. Ainda que é longo(1 hora e 32 minutos), merece a pena velo ata o final....
20 de fev. de 2013
4 de fev. de 2013
23 de dez. de 2012
29 de nov. de 2012
7 de nov. de 2012
Club de lectura NOVEMBRO: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".
Así comezan os pensamentos e as aventuras de Balbino, o neno protagonista de "Memorias dun neno labrego", novela que escribiu Xosé Neira Vilas e que nos fala do mundo da infancia nunha aldea galega.
Conta neste seu diario as súas experiencias, desde as celebracións do Entroido na súa aldea ata a vivencia dramática do loito familiar pola morte do padriño esmagado por un carro, feito que lle impide disfrutar da festa. A morte tamén está presente na trampa para raposos na que cae o seu can Pachín; alí planta despois unha cerdeira. Únense deste xeito esperanza e loito, sempre á busca dun futuro non escrito. Así, cando non pode disfrutar da festa, vai á rebusca ao campo o día seguinte: atopa unha caixa, que non dá aberto, e despois lévalla a auga. Con ela marchou o soño imposible das moedas de ouro.
14 de out. de 2012
Club de lectura OUTUBRO: "A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA"
A nosa primeira lectura lévanos ata Brasil con José Mauro de Vasconcelos (1920-1984). "A miña planta de laranxa lima" é unha fermosa historia de denuncia social, na que o protagonista é Zezé, un neno de 5 anos, maltratado pola súa propia familia, que vive nun barrio marxinal de Río de Xaneiro, pero que non renuncia aos seus soños. Ten unha planta de laranxa lima, coa que comparte bágoas e alegrías...Tamén comparte aventuras e ilusións cun amigo portugués, o Portuga, que lle axuda a sobrevivir nun mundo de adultos que non entende.
10 de out. de 2012
CLUB DE LECTURA 2012-2013...QUEN SOMOS NESTE CURSO?...
Comeza un novo curso. Iniciamos de novo a andaina do noso Club de lectura que neste curso formamos:
1º A.- Andrea Vila Paz
2º A.- Víctor Regueiro López
2º B.- Iván IglesiaS Troche
Pablo Merlán
Yuyi Sun Zhao
Deysi Raquel Acosta González
Ademáis das profes.- Luz Rivas e Begoña Valdés
1º A.- Andrea Vila Paz
2º A.- Víctor Regueiro López
2º B.- Iván IglesiaS Troche
Pablo Merlán
Yuyi Sun Zhao
Deysi Raquel Acosta González
Ademáis das profes.- Luz Rivas e Begoña Valdés
16 de ago. de 2012
27 de jun. de 2012
21 de jun. de 2012
FACENDO MEMORIA NO CLUB DE LECTURA
Hoxe fixemos a última sesión do club de lectura deste curso. Foron moitos os libros que limos neste curso, especialmente no grupo de 1º . Houbo lecturas para todos os gustos e moitas conversas arredor dos libros...
- “Chamádeme Simbad” de
Francisco Castro. Para complementar o
debate sobre o tema da enfermidade de Alzheimer, vimos a película “El
hijo de la novia” e posteriormente comentamos co autor, con quen
fixemos un encontro, todo o que supón esta enfermidade cada vez mási frecuente
no noso entorno.
- “Mortos de ningures” de Pereledi
- “E Xoel aprendeu a voar” de
Marica Campo
- “Usha”
de María
Reimóndez
- “Caperucita
en Manhattan” de Carmen Martín Gaite.
- “Reckless”
de Laura Gallego
- “Matilda”
de Roald Dahl
- “Los
doce trabajos de Hércules” de James Riordan
- “Historias
para calquera lugar” de varios autores
As lecturas do club de 3º ESO e 4º de ESO
(Bibliotero 2) foron:
-
“Cousas” de Castelao
- “O
inferno de Marta” de Pasqual Alapont.
- “Comedia
bífida” de Manuel Núñez Singala.
-
“Made in Galiza” de Sechu Sende
- “Poetízate”,
antoloxía poética en galego de Fran
Alonso.
12 de jun. de 2012
V XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
Este foi o vídeo de entrada á V Xornada dos Clubs de Lectura celebrada en Santiago o día 9 de xuño. Neste vídeo podedes escoitar aos coordinadores e integrantes dos clubs de lectura Arao do IES Pedra da Aguia e do CPI dos Dices de Rois.
Assinar:
Postagens (Atom)
