26 de jan. de 2015

O pracer da lectura

"Decidín adoptar a Margueritte. Pronto celebrará os seus oitenta e seis anos, máis vale non agardar demasiado."

Animámosvos a ler este libro, que está na nosa biblioteca. A través del, chegaredes a outros libros e coñeceredes a dous personaxes, Germain e Margueritte, cuxo encontro lles cambiará a vida, malia ao antagónicos que poden parecer ao comezo. 

A imaxe que está debaixo destas letras é da película As miñas tardes con Margueritte interpretada por Gérard Depardieu e Giséle Casadesus



24 de jan. de 2015

Viaxe con Rosa Huertas polo seu libro TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO

Onte estivo no noso centro a escritora Rosa Huertas para debullar o proceso creativo que a levou a escribir Tuerto, maldito y enamorado. Foi una interesante viaxe a través das imaxes do  barrio de Madrid no que se desenvolve o argumento da novela. Levounos do instituto  San Isidro (Rúa Toledo)no que estudia a protagonista, sempre da man de Lope de Vega, ata a súa Casa-Museo, que curiosamente está situada na Rúa Cervantes e así fomos capaces de percorrer de novo os escenarios da novela desde os  ollos e as palabras da súa autora.  
Foi una experiencia moi bonita e instructiva.Grazas Rosa!
 Animádevos a ler o libro. Seguro que vos gusta.
O equipo de  biblioteca anímavos a ler máis obras desta autora. Visitade BibliOtero e levádeas prestadas.

23 de jan. de 2015

Rosa Huertas no Otero

MALA LUNA de Rosa Huertas

Hoxe recomendamos Mala luna, outro libro de Rosa Huertas, a autora que nos visita a próxima semana. Será posible que aínda haxa poemas de Miguel Hernández sen publicar?

A través dos personaxes de Clara e Víctor achegámonos á historia do poeta, que corre paralela á dos seus avós, e por tanto á das súas familias.


16 de jan. de 2015

Club de lectura...IQBAL MASIH, LÁGRIMAS, SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot

Hoxe fixemos a terceira sesión do Club de lectura sobre este libro. Falamos de moitas cousas aparte da lectura. E tamén falamos de Malala e de moitos nenos e nenas que ainda traballan como escravos nestes días. Foi una lectura moi interesante e que non deixou indiferente a ninguén de nós

Club de lectura CARTAS DE AMOR de Fran Alonso

A próxima lectura do Club de lectura de 2º e 3º será Cartas de amor de Fran Alonso.  Xuntarémonos o venres 30 Biblioteca para ir falando...por exemplo da PAZ, que celebramos oficialmente nese día. Por que?
No libro hai algunas cartas, algunas historias que falan de guerra, pero tamén de paz...Lede con calma, en paz...

9 de jan. de 2015

TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO de Rosa Huertas

Rosa Huertas, a autora de obras como Tuerto, maldito y enamorado, Mala luna, ou Los héroes son mentira,  visitará o noso centro para encontrarse con lectores e lectoras de 3º da ESO o día 23 de xaneiro de 2015 no Salón de Actos ás 13 horas.
 
 
 
 

 


8 de jan. de 2015

LA VOZ DEL ÁRBOL de Vicente Muñoz Puelles

O día 13  de febreiro estará con nós Vicente Muñoz Puelles para falar co alumnado de 1º de ESO da experiencia de ler, de imaxinar, de viaxar a  través dos libros...Todo  arredor do seu libro "La voz del árbol",  un libro que fala dos libros e do pracer da lectura levándonos da man de varios dos seus libros favoritos. Ánimo e deixádevos levar pola maxia!!!

 

14 de dez. de 2014

USO DAS IMAXES EN INTERNET

Aquí tedes un recurso moi interesante que elaboraron no CEIP Freán de Teis:

10 de dez. de 2014

Unha árbore con historia(s)

Acabamos de colocar a nosa árbore, unha moi especial que di moito do lugar onde está colocada. Pasade por alí a vela.

Moitas grazas a Iria, Anxo, Sofía, Álex e Jorge de 1º ESO pola súa axuda e ilusión.



A árbore dos libros