30 de abr. de 2015
ROTEIRO PONDALIANO 2015
O día 21 de abril fixemos una viaxe literaria na compaña dos textos de Eduardo Pondal. Fixemos parada en Vimianzo, onde visitamos o Castelo; vimos o Dolmen de Dombate e alí partillamos á lectura do poema que lle adicou o poeta. Arredor das dúasda tarde chegamos á vila de Ponteceso, para escomenzar da man de Xavier, o noso estupendo guía, un percorrido polos lugares da vida e da obra de Pondal... Chegamos á parroquia do Couto, onde se atopa a Fundación Eduardo Pondal, e alí fixemos de novo lecturas de varios poemas que nos foron introducindo no universo literario do noso bardo. Despois subimos ata o cimo da Torre do Faro que hai a carón da capela da Virxe do Faro, impresionámonos coa paisaxe que hai a carón do faro de Corme, visitamos a vila de Corme, O Monte Branco.... e xa esgotados rematamos a xornada mollando os cansados pes na Praia de Balarés.
Sen dúbida una xeira ben completa coa que aprendimos historia, arte, xeografía, poesía... e sobre todo a querer e poñer en valor a nosa lingua...
29 de abr. de 2015
Photocall Correlingua 2015
Si, xa sabemos que o Correlingua da Coruña aínda non chegou, pero estamos quentando motores e que mellor maneira de o facer que facernos fotos cos cartaces elaborados polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º.
Temos unha canteira de modelos e artistas que é a envexa do resto de centros da Coruña.
Desfrutádeas!!!
23 de abr. de 2015
HISTORIA DE UN SEGUNDO de Jordi Sierra i Fabra
Este é o libro elixido polo alumnado de 2º e 3º do Club de lectura Bibliotero para o mes de abril....
Máis vídeos de Que libro salvarías?
Seguimos conmemorando o Día do libro no IES Otero Pedrayo.
Eis outro vídeo do alumnado de 1º B. Viva a rapazada lectora!!!
Eis outro vídeo do alumnado de 1º B. Viva a rapazada lectora!!!
22 de abr. de 2015
17 de abr. de 2015
Que libro salvarías?
Como en Fahrenheit 451, cada un de nós vai decidir que libro salvar e a razón. Aquí tedes algúns dos imprescindibles para os vosos compañeiros de hai dous anos
9 de abr. de 2015
LasPalabrasDeFa -- Booktuber en español
Esta booktuber recoméndavos este libro de John Green. Alguén o leu?
Assinar:
Postagens (Atom)

