15 de mai. de 2015

Proximamente nas súas pantallas

O alumnado de 1°C prepara a estrea das súas recomendacións lectoras

13 de mai. de 2015

17 cousas que podemos facer pola lingua

En galego, proba e verás



Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde!

Orgullosos do galego



Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde.

12 de mai. de 2015

O IES Ramón Otero Pedrayo no Día da Ciencia na rúa

Moi ben representado estaba o IES Otero Pedrayo  no Día da Ciencia na rúa polo alumnado e o profesorado dos Departamentos de Matemáticas e de Tecnoloxía

11 de mai. de 2015

O principiño: Club de lectura de 1º ESO.



Xa vemos o verán desde este comezo de marzo e como lectura final deste curso, escollemos O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Na biblioteca hai exemplares para que os vaiades buscar.

Estamos desexando escoitar as vosas observacións sobre este clásico da literatura.

/


Chámome Lisa



Que terán en común Lisa e o protagonista de Chamádeme Simbad? Na nosa biblioteca poderedes descubrilo.

10 de mai. de 2015

A viaxe de Gagarin foi escollida como mellor obra narrativa de 2014

Noticia en Sermos

O Círculo das Artes de Lugo acolleu a Gala das Letras, durante a que se deron a coñecer as obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A obra A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz foi elixida como o mellor título de 2014 en narrativa polos centos de socios e socias.
Abriu a Gala a xornalista da TVG María Solar que recordou que "seguimos soñando, querendo e amando a nosa lingua". Foi seguida do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, que reivindicou a literatura como “lugar de soberanía do idioma” e a escrita literaria “como un elemento normalizador”. Sánchez fixo mención ao papel dos medios e aseguoru que “só con prensa galega e en galego é posíbel dicir as nosas verdades”. 
A distancia do tambor de Eva Veiga fíxose co galardón na categoría de poesía, mentres queCarlos Negro conseguiu o premio a mellor obra de literatura Infanto-Xuvenil por Penúltimas tendencias. "O meu maior premio son os ollos da rapazada á que lle descobres o mundo cunha palabra”, dixo durante o discurso. Monste Dopico foi a gañadora na categoría de xornalismo cultural. "Non vou reivindicar a lingua e a cultura porque sería como reivindicar respirar", manifestou.
A AELG entregou outros tres premios honoríficos e unha distinción, anunciados con anterioridade. Recoñeceuse Josefa Arias e Emilio do Pando, por unha vida dedicada a transmisión da cultura popular galega, co premio ‘Mestras-es da Memoria’. O Escritor Galego Universal 2015 foi para o autor brasileiro Luiz Ruffato. Abraham Cupeiro e Iago González puxeron a música na Gala das Letras “dando vida aos instrumentos esquecidos”.
Lista de premiados:
Mellor tradución: Darío Xohán Cabana por A Divina Comedia, de Edicións da Curuxa.
Mellor obra de teatro: Obras completas.Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño en Edicións Positivas.
Mellor ensaio: Helena Miguélez-Carballeira por Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Através Editora. 
Mellor obra narrativa: Agustín Fernández Paz por A viaxe de Gagarin, de Edicións Xerais.
Mellor obra de poesía: A distancia do tambor de Eva Veiga, en Espiral Maior. 
Mellor blog literario: Caderno de crítica de Ramón Nicolás 
Mellor obra de Literatura Infanto-Xuvenil: Penúltimas tendencias de Carlos Negro, de Edicións Xerais.
Mellor traxectoria en xornalismo cultural: Montse Dopico.
Premio Bos e Xenerosos: Xosé María Palmeiro, Manuel Lombao, Tareixa Navaza, Margarita Ledo.
Premio Institución Culturais: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación de Medios en Galego.
Premio Mestras-es da Memoria: Josefa Arias e Emilio do Pando.
Escritor Galego Universal 2015: Luiz Ruffato.

30 de abr. de 2015

ROTEIRO ROSALIANO 2015









ROTEIRO PONDALIANO 2015

O día 21 de abril fixemos una viaxe literaria na compaña dos textos de Eduardo Pondal. Fixemos parada en Vimianzo, onde visitamos o Castelo; vimos o Dolmen de Dombate e alí partillamos á lectura do poema que lle adicou o poeta. Arredor das dúasda tarde chegamos á vila de Ponteceso, para escomenzar da man de Xavier, o noso estupendo guía, un percorrido polos lugares da vida e da obra de Pondal... Chegamos á parroquia do Couto, onde se atopa a Fundación Eduardo Pondal, e alí fixemos de novo lecturas de varios poemas que nos foron introducindo no universo literario do noso bardo. Despois subimos ata o cimo da Torre do Faro que hai a carón da capela da Virxe do Faro, impresionámonos coa paisaxe que hai a carón do faro de Corme, visitamos a vila de Corme, O Monte Branco.... e xa esgotados rematamos a xornada mollando os cansados pes na Praia de Balarés. Sen dúbida una xeira ben completa coa que aprendimos historia, arte, xeografía, poesía... e sobre todo a querer e poñer en valor a nosa lingua...