4 de nov. de 2015

Decoración do Samaín

Nas clases de Plástica, o alumnado preparou a decoración para Bibliotero,coa axuda da súa profesora, Teba.

19 de out. de 2015

O club de lectura xa ten grupo de Facebook


https://www.facebook.com/groups/932864360132289/

Entrade e pedide que vos admitan como membros. Se tedes algún problema, enviádeme un correo a patriciavarelaprofe@gmail.com

Lémonos no Facebook. 

Club de lectura 1º ESO

Comezaremos por unha obra de Agustín Fernández Paz



Lúa do Senegal

A súa protagonista, Khoedi, chega a Vigo coa súa irmá Naima e os seus pais na procura dunha nova vida.


O alumnado do CEIP Frián de Teis (Pontevedra) fixo unha recreación con debuxos e voz dunha historia do libro. Premede na ligazón para velo

En 2º lemos... Reckless de Cornelia Funke


Comezamos forte. A maioría dos participantes do Club de lectura xa coñecían libros da mesma autora, algúns mesmo xa leran Reckless. 

Cornelia Funke coa segunda parte de Reckless nas mans

Que terá que ver a seguinte imaxe co libro??? Podedes lelo para saber máis



7 de out. de 2015

Edgar Allan Poe

O 7 de outubro é o aniversario da morte de Edgar Allan Poe, un autor de relatos de medo.

Aquí podedes ver recreado un dos seus relatos máis coñecidos

Tamén nos Simpson hai referencias aos seus relatos.

Na música española é coñecida está versión dun poema dedicado a un dos seus grandes amores, Annabel Lee

Vide á biblioteca e coñecede máis sobre este autor.

21 de set. de 2015

“A cultura galega é do pobo, nin da Universidade, nin da RAG nin do Consello da Cultura”


Texto íntegro




O fío do libro está marcado por versos de Rosalía de enorme violencia. Un personaxe defínea como alguén que, sobre todo, sentiu moita dor. Toda a obra ten un sentido de fondo de desmitificar, desacralizar os mitos da cultura galega. Como Rosalía.
A intención é esa, si. A figura de Rosalía sérveme para representar nela a toda a cultura galega. O que conto na novela, do profesor Solano que lle di a Sofía, cando acaba de descubrir algo importante, que hai cousas sobre a cultura galega que non se poden contar, pasoume a min. E quedei abraiado. Porque a cultura é nosa. Por que hai cousas que non podemos saber dela? A cultura é do pobo, non é da Universidade, nin da Real Academia Galega nin do Consello da Cultura Galega.