5 de out. de 2016

Centenario de nacemento de Roald Dahl


Resultado de imaxes para boy roald dahl

Como xa publicamos, o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do nacemento deste gran escritor. En youtube hai moito material para coñecer a súa obra. 

En Bibliotero hai moitas das súas obras en galego e castelán. Precisamente, unha delas, Matilda, vai ser o obxecto dun club de lectura en 1º da ESO. Aínda estades a tempo de anotarvos. 


Recomendámosvos ler Boy, a historia da súa infancia. Alí poderedes ver de onde nacen moitos dos seus libros. 

Déixovos algunhas ilustracións:

Resultado de imaxes para boy roald dahl






30 de set. de 2016

Club de lectura 2º ESO: Chamádeme Simbad



Francisco Castro, moi prolífico en Instagram onde precisamente o seu alcume é @chamademesimbad, é o autor deste libro sensible que nos fai pensar. Igual que no Principiño e en Matilda, os nenos amosan un coñecemento do mundo que non teñen os maiores. 


Club de lectura 1º ESO: Matilda de Roald Dahl

o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do nacemento deste escritor, favorito dunha das autoras deste blog cando era pequena.

Temos unha gran selección en Bibliotero, pero decidimos ler Matilda. Pensemos en que a educación que Roald Dahl tivo e describe en Boy está presente nesta novela. Os nenos son maltratados por algúns adultos como se fosen seres inferiores. A educación é a chave para saír dunha situación complicada.

Esperamos que vos guste.




Clubs de lectura 1º ESO: O principiño

Que gran afluencia de alumnado tivemos, tanta que, emocionadas, decidimos escindir o club de lectura.

Uns leredes O principiño, de Saint Exupéry




29 de set. de 2016

Club de lectura de 3º: Ámote Leo A.

Tras dous anos no centro, estes intrépid@s rapaces e rapazas atrévense con todo. Despois dun arduo debate, decidiron que a primeira lectura do club de 3º será


Esta novela foi publicada en 2013 e causou gran impresión nas redes.

Como contan en Coristranca, a lectura con retranca, houbo gran creatividade publicando en twitter a lectura persoal desta novela.

 Se vos gusta, na biblioteca temos máis libros desta escritora como o resto da triloxía de Ámote Leo A. ou Eu de maior quero ser.
Podedes seguir a Rosa Aneiros, a autora, en twitter.



23 de set. de 2016

Bibliotero xa está en marcha

Xa vos podedes anotar no club de lectura do centro. As reunións serán na biblioteca os seguintes días: 


1º ESO: martes 27 de setembro 

2º ESO: martes 27 de setembro

3º e 4º ESO: xoves 29 de setembro



Resultado de imaxes para book tree

Como xa sabedes, facemos o intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Este é o blog do seu club de lectura:

22 de jun. de 2016

Suxerencias lectoras para toda a familia


Imos ler no verán O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade




 Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto.











 Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.





 Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.





 Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.













 Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Equipo de normalización e dinamización lingüística Equipo da Biblioteca IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña

5 de jun. de 2016

Entrega do Premio O FACHO a Alba Pose Castro

O venres 27 de maio foron entregados na
Asociación Porta Ártabras os Premios de poesía,  narrativa e teatro convocados pola Asociación Cultural O FACHO .
Aquí tedes á nosa alumna Alba Pose Castro, que recibiu o 2° premio de narrativa, polo seu relato  "Cifras", entre as demais premiados, que neste caso foron todas mulleres.
Parabéns Alba e grazas pola túa historia...

2 de jun. de 2016

Intercambio lingüístico



Despois de tantas cartas, tantos libros, tanta expectativa, chegou o día do Intercambio 2016.

Nesta ocasión, o alumnado de Coristanco visitounos na Coruña. O IES Ramón Otero Pedrayo fixo de anfitrión e guía por distintos lugares da cidade.

Desfrutamos dun día diferente con algo de todo e sobre todo, con sol.

Ata o ano que vén!!!



12 de mai. de 2016

Os soños na gaiola visitan os CEIPs María Pita e Ramón de la Sagra


Moito traballa o noso alumnado a prol da lingua e da literatura galega. Desta volta, prepararon diversas cancións da obra Os soños na gaiola de Manuel María para cantárllelas ao alumnado das escolas das que eles mesmos proceden. 

Mágoa que a calidade do son non sexa a mellor, porque realmente o fixeron moi ben.