11 de nov. de 2016

Speak up

En Bibliotero recibimos mensualmente a revista Speak up, xunto co DVD correspondente.

No número deste mes, temos artigos sobre o cantante Mika, o marathon de Nova York ou a campaña presidencial estadounidense.


Clubs de lectura

Están convocadas as reunións para a semana que vén

Martes 16 de novembro: Ámote Leo A. 

Mércores 17 de novembro: Matilda

Xoves 18 de novembro: O principiño 

 



O departamento de Matemáticas realizou unha exposición, hai xa uns anos, sobre esta última obra.

Aquí a podedes ver

Carteis da exposición

Debuxos realizados polo alumnado daquel curso sobre a figura protagonista.


Anagrama_Club

Club matemático 2012-2013


8 de nov. de 2016

ARRUGAS no CLUB DELECTURA de 2ºESO


       Hoxe tivemos unha sesión especial no noso Club de lectura. Despois de ler e falar sobre  Chamádeme Simbad, durante varias sesións, decidimos que queriamos saber máis sobre o alzheimer e propoxemos ler o cómic de Paco Roca Arrugas, unha obra perfecta para entender moitas cousas. Ademais quixemos ver a estupenda película baseada no libro e por iso quedamos a xantar xuntos e reflexionar sobre o lido e o visto no filme...

28 de out. de 2016

XIÁN LOIS ALCAYDE DANS, gañador do I Concurso "Balbino" de Relatos visita a nosa biblioteca

        Xián Lois Alcayde Dans, exalumno do noso instituto estivo con nós o venres 28 de outubro para presentarnos o seu libro "Camiños na sombra", que ven de gañar o Premio Balbino, convocado pola Fundación Neira Vilas.
        Aproveitamos para convidalo a participar con nós nunha sesión do noso Club de lectura, arredor  do tema  da literatura para adolescentes...



Presentación:     CAMIÑOS NA SOMBRA
 de  XIÁN LOIS ALCAYDE DANS



Varios alumnos e alumnas do noso Club de lectura levaron a cabo unha emotiva e fermosísima presentación que queremos partillar con vós....

"Eu son Balbino  (co libro “Memorias dun neno labrego”,  na man…) coma quen di un niguén"…
                           (Deixa o libro confundido e colle os papeis)

"Eu son Xián… (confuso e aturdido) ….  eu son Rubén, eu son Liam, Tamara, Carlos, Cintia, Lina, Iván Yuyi, Julia".…

Eu son JULIA,  unha rapaza da Coruña, coma calquera outra, coma quen di unha  ninguén"….
                   (Detén a súa lectura, , mira para o seu arredor, e pregunta ao público):

         Pero, que facemos hoxe aquí?...

(Mira a Xián e segue a ler)
        
         "Hai xa máis de.....”moitos” ou “poucos” anos, cheguei a este instituo. As clases, os profes, os compañeiros e compañeiras... todo novo. Eu sentíame dun xeito extraño...
         Pero alí había un lugar especial, unha porta aparentemente igual que as demais, pero que daba entrada a un lugar máxico para min, onde os libros eran donos dun espazo preferente.
         Aquel sitio era a BIBLIOTECA, e converteuse para min en refuxio, en ventre, en colo, en sangue que enchía o meu corpo, o meu corazón e a miña cabeza de historias.
         Convertín a BIBLIOTECA no meu refuxio, no meu “lugar” para ler, para escribir, para estar en calma, para evadirme dunhas clases que pouco me  gustaban, tamén alí facía “os deberes”, pero sobre todo, para evadirme nuns intres do mundo exterior e entrar no meu mundo, grande ou pequeno, pero cheo de personaxes e seres fantásticos.
Xa era unha persoa mais dese “club de los raros” do que fala Jordi Sierra i Fabra".

                   ----------------------------------------------------------------------

         (Óese unha berro ao lonxe)
“BALBINO, BALBINO”..........demo de rapaz, sempre embobado coas súas lerias.....e o Manolito, sempre a bater nel, porque, sabedes?, o Manolito é o señorito da parroquia...

                   -------------------------------------------------------------------

         Lembro agora un dos meus autores “especiais” , Jordi Sierra, que con só 11 anos xa escribía  unha “novela” de máis de 500 páxinas cheas dunha imaxinación desbordante , pero castrada por unha profesora de literatura  que non foi quen de entender  a súa fantasía.
Ese neno, que hoxe, xa peitea canas e destila  rock and roll pola súa pel, é  hoxe un home que ama con paixón a música, o cine, a literatura, o teatro,.... e a VIDA, así con maiúsculas. E afirma contundentemente que non pode vivir sen a ESCRITURA, e sen a LECTURA.
         Xián tamén necesita escribir para vivir....



Este feixe de relatos que nos presenta Xián, pensamos que son o froito dun longo e coidadoso traballo de escritura, de moitas lecturas, de moitas viaxes a través das palabras que o autor manexa con asombrosa mestría. A dun escritor, que a pesar dos seus poucos anos, mostra unha madurez incríble coma persoa e como creador.

         Un IMPULSO  percorre o libro, a bordo dun SIMCA 1000. As Células entran en revolución cando descubrimos o misterio da vida ao andar Entre o millo. O Caimán asexa cós seus prismáticos e coa cámara o baño das rapazas mentres Dona Corcheta loce o seu elegante abrigo importado de Rusia
         LEMBRAS?  Un pasado triste e noxento  xúnguenos a todas e a todos, herdeiros dunha guerra cruel e incivil. O susto dunha estufa, acendida toda a noite, prende o lume na soidade dun home feble e namorado.   

Todo isto adubiado por unha língua (o galego) moi rica en plenitude, chea de poesía, de música, de personaxes perfectamente construídos, de enumeracións tecidas co tempo da arañeira constante e teimuda que agarda  polas súas presas: NÓS, lectores e lectoras engaiolados coa súa maxia.
         Anímovos a todas e todos a camiñar con Xián polo camiño dos libros e das historias acontecidas, e das que aínda están por acontecer. Xián, esperámoste de novo para que nos traias moitas e moitas máis......
GRAZAS por estar con nós...


             
        


21 de out. de 2016

Visita do alumnado á Biblioteca Pública Miguel González Garcés




A semana pasada visitamos a Biblioteca que temos pegada ao Instituto. Helena atendeunos e explicounos moitas cousas, como facer o carné, como conseguir a chave para o WIFI, como descargar libros desde a nosa casa

http://www.galiciale.gal/


Tamén fomos ver o depósito, cos seus andeis móbiles e o seu amplo fondo.





De regalo, cada clase levou un libro para Bibliotero e a descuberta dun novo invento: o BOOK



Blog da Biblioteca

Potterheads do mundo, unídevos!!!

O atrevemento do noso alumnado non ten límite. Convócannos a unha reunión o 28 de novembro de 2016 na biblioteca á hora do recreo. Con tempo, para que ninguén teña excusa, profesores e profesoras, alumnos e alumnas, conserxes, persoal do centro, todos estades convocados

14 de out. de 2016

Bob Dylan revisitado

Mr Tambourine Man

Aquí vos deixo a letra orixinal de MR Tambourine Man. Está tirada da súa páxina web.





Mr. Tambourine Man

Written by: Bob Dylan
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
I’m not sleepy and there is no place I’m going to
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
In the jingle jangle morning I’ll come followin’ you

Though I know that evenin’s empire has returned into sand
Vanished from my hand
Left me blindly here to stand but still not sleeping
My weariness amazes me, I’m branded on my feet
I have no one to meet
And the ancient empty street’s too dead for dreaming

Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
I’m not sleepy and there is no place I’m going to
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
In the jingle jangle morning I’ll come followin’ you

Take me on a trip upon your magic swirlin’ ship
My senses have been stripped, my hands can’t feel to grip
My toes too numb to step
Wait only for my boot heels to be wanderin’
I’m ready to go anywhere, I’m ready for to fade
Into my own parade, cast your dancing spell my way
I promise to go under it

Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
I’m not sleepy and there is no place I’m going to
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
In the jingle jangle morning I’ll come followin’ you

Though you might hear laughin’, spinnin’, swingin’ madly across the sun
It’s not aimed at anyone, it’s just escapin’ on the run
And but for the sky there are no fences facin’
And if you hear vague traces of skippin’ reels of rhyme
To your tambourine in time, it’s just a ragged clown behind
I wouldn’t pay it any mind
It’s just a shadow you’re seein’ that he’s chasing

Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
I’m not sleepy and there is no place I’m going to
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
In the jingle jangle morning I’ll come followin’ you

Then take me disappearin’ through the smoke rings of my mind
Down the foggy ruins of time, far past the frozen leaves
The haunted, frightened trees, out to the windy beach
Far from the twisted reach of crazy sorrow
Yes, to dance beneath the diamond sky with one hand waving free
Silhouetted by the sea, circled by the circus sands
With all memory and fate driven deep beneath the waves
Let me forget about today until tomorrow

Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
I’m not sleepy and there is no place I’m going to
Hey! Mr. Tambourine Man, play a song for me
In the jingle jangle morning I’ll come followin’ you
Copyright © 1964, 1965 by Warner Bros. Inc.; renewed 1992, 1993 by Special Rider Music
Dylan
Dylan  
A primeira criatura literaria de todo grande escritor é el proprio. A primeira personaxe literaria de Hemingway era el proprio, a súa vida, a real e a fabulada, tanto ten onde comezaba unha e concluía a outra. Dylan cumpre á perfección este axioma. Todo en el é un enigma, desde o seu aparecimento a principios dos anos 60 no Greenwich Village, de onde diaños viña. A maior parte das historias que circulaban nos cenáculos musicais e literarios naquela altura sobre a procedencia daquel magro cantor de voz deliberadamente nasal eran apócrifas, a grande maioría inventadas por el. Así como hai toda unha lenda sobre a orixe de Cien Años de Soledad haina tamén sobre os primeiros pasos do home que foi visitar no leito de morte Woody Gutrhie, o dono da guitarra vocacionada para matar fascistas.
Dylan sabíase predestinado, mais, a pesar das súas flutuantes crenzas relixiosas, nunca foi un Mesías. Elaborou calculadoramente o seu roteiro. Dylan non era o medium a través do cal se nos manifestase un Deus ora bondadoso ora colérico, tampouco un individuo isolado capaz de levantar por si só o edificio dunha nova Igrexa. Non, Dylan non se explica sen o imenso legado da música popular do seu país, sen Woody Gutrhie ou Robert Johnson, o home sapiens sapiens non é nada sen o coñecimento acumulado de xeracións. O que fixo Dylan foi apañar o legado e ter a coraxe de o abanear, sen temor a provocar a ira da ortodoxia. Niso si que tiña un aquel de individualista, non deixa de ser un norteamericano, e nos Estados Unidos -desde o conservador Clint Eastwood até o progresista Oliver Stone (ver Snowden)- a épica é a do individuo que muda o mundo, ou contra o Estado ou contra os sacerdotes dun credo, no caso de Dylan os gardiáns das esencias do folk branco.
John Lennon deixou dito que Dylan lle puxo cerebro ao rock and roll. Si, cerebro e poesía. Toneladas de poesía. A personaxe Dylan non se chama así por acaso, Robert Allen Zimmerman, no momento de forxar a súa criatura, resolveu render tributo á figura de Dylan Thomas e adoptou o nome do poeta galés, excesivo, xenial, psicodélico, un chisco Walt Whitman. Non foi postureo, Dylan Zimmerman adoraba Dylan Thomas, Dylan quería escrever cancións, mais non calquera tipo de cancións, quería inxectar poesía nos pentagramas e quería tamén, si, ser coñecido e amado polas masas, así que optou por electrificar a súa música e as súas letras (o rock tiña máis potencial comercial que o folk), nunca tocou como Eric Clapton, mais sabía que os versos con riffs entraban mellor na conciencia do público, e el sempre tivo claro desde o minuto un que quería chegar ás multitudes, que quería ser un autor de best sellers, non un artista de culto para as minorías. Os seus críticos argumentaban: Dylan véndese por dólares. Talvez fose por iso, non estou na súa conciencia para xulgalo. Mais tanto me ten, o asunto é que se hoxe o seu cancioneiro é universalmente coñecido é porque Dylan refugou sempre a tentación elitista, do ponto de vista artístico a saúde da súa conta corrente é un asunto ben menor.
Bob Dylan eléctricoQue escritor é Dylan? Poderoso, hipnótico, magnético, enigmático. Salvo o seu episódico paso polos púlpitos cristiáns, Dylan nunca se ofereceu como un poeta redentor, como un portador de respostas. Desde Blowin in The Wind, sabemos que a resposta a temos que procurar nós proprios, non hai salvadores supremos, ninguén nos ten por que indicar o rumo. Nen nos dirixiu nen quixo que o dirixísemos, it ain't me, babe/
no, no, no, it ain't me, babe/ it ain't me you're lookin' for, babe
. Si que tivo sempre unha vocación, a de ser comprendido, enxergado, non lle interesou nen ser hermético nen críptico, aínda que a súa carreira é a de alguén que se reinventa en cada concerto (até facer irrecoñecíbeis os seus clásicos até para os iniciados) nunca deixou de ser un cantor de música popular, isto é, un vate que escrebe os seus versos para o pobo. Nisto non é John Ashbery, o outro grande poeta norteamericano, o neiorquino que, el si, reúne versos en formato libro e non sabe tocar a guitarra eléctrica e que, aliás, tamén é capaz de facer que un arreguizo che percorra o espiñazo, embora non entendas ben toda a concatenación dos versos, o significado profundo dos vocábulos, a música celestial das palabras.
O Nobel a Dylan reabre o debate sobre os límites, os lindes, as fronteiras, da literatura. Estamos en 2016. Parece mentira que aínda cuestionemos que os xéneros son convencións e que a literatura é unha planta que pode agromar en todas as leiras só coa condición de que detrás haxa primeiro talento e segundo, ou quizá primeiro, unha voz propia, un alento distinto, un instinto por conservar e por renovar á vez. O instinto do Dylan folk non morto -eis algunha das pezas do recente Tempest-, mais tamén do Dylan que mudou para sempre a música rock -despois de o coñecer en 1964, os Beatles, de retorno a UK, facturaron o Rubber Soul e aquilo foi un parte-augas, nada voltou a ser o mesmo.
Claro que hai literatura de primeira na música popular -pensemos en Leonard Cohen ou en Chico Buarque, este, alén do máis, romancista de altura-, e tamén na escrita para o cinema -Fernán Gómez, Billy Wilder...- ou no columnismo xornalístico -desde as pezas do noso Castelao na Nosa Terra até o norteamericao Guy Talese ou Paco Umbral. Nese sentido, o Nobel a Dylan é o primeiro premio moderno que dá a Academia sueca, o primeiro que toma nota de que estamos no século XXI e que a arte se leva mal cos corsés e cos dogmas, non deixa de ter a súa graza que sexa unha institución deste teor, as academais son sempre formais, a que mostre que as regras clásicas caducaron.
Algún día gañará o Nobel unha escritora de tuits, xa o veredes e non me parecerá mal. Mentres tanto, talvez o xenio de Duluth (naceu nesa pequena cidade de Minnesota o 24 de maio de 1941) resérvanos algunha sorpresa para o discurso de recepción do premio. Tende claro que non nos ensinará ningunha saída ao labirinto. Imos ter que a procurar nós proprios. Mellor así.

Citas de Bob Dylan

Resultado de imaxes para poemas de bob dylan

Bob Dylan, premio Nobel de literatura



 Ligazón á noticia na súa fonte orixinal

Bob Dylan, premio Nobel de Literatura

Bob Dylan, premio Nobel de Literatura




A academia sueca premia a facilidade coa que o xenio de Minnesota aúna “a tradición e expresión poética” coa “tradición musical americana”. Un recoñecemento que lle chega aos 75 anos e 54 despois do seu debut discográfico.
Non figuraba Bob Dylan nas quinielas deste ano para receber o Nobel de Literatura, quinielas onde si estaban nomes da talla de Philp Roth, o sirio Adonis ou Haruki Murakami. Falárase del no 2011, si, como un dos posíbeis candidatos a levar este prestixioso galardón. Mais daquela ficara en nada, e o Nobel de Literatura fora para o poeta sueco Tomas Tranströmer. Cinco anos despois, o Nobel, como rendendo homenaxe á canción dylaniana (Knockin' on Heaven's Door), chamou ás portas de Dylan. El, que non deixou de se considerar nunca un cantante de Minnesota, levou o Nóbel, o primeiro músico en ter tal honra. Están a cambiar os tempos?
A Academia sueca recoñécelle a mistura da “tradición e expresión poética” coa “tradición musical americana”, Unha combinación que non naceu con Dylan, aí está o Woody Guthrie do que tanto bebeu o propio Robert Zimmerman , mais que con el acadou niveis non imaxinados, sobrepasando límites e coutos. Sobrepasou hai tempo o título de gran cantor de America que lle puxeran nos 60 para pasar ser o gran cantor, a secas.
Bob Dylan debutou en 1962 con 'Bob Dylan', o disco folk co que se presentou en sociedade. Desde entón e até o de agora, case 40 discos publicados e non poucos deles figurando por mérito propio nos altares da música popular moderna. Desde os iniciáticos 'The Freewheelin`' e 'The Times they are a changing', pasando polos revolucionarios 'Highway 61 Revisited' ou o duplo 'Blonde on Blonde'. 'Desire', 'Blood on the tracks'... a lista é inesgotábel.
Mito por excelencia do rock e os seus xéneros asociados nos últimos 50 anos, Dylan recebe agora un premio que recoñece tanto a súa xenialidade musical como o seu traballo como compositor, traspasando o papel de simple letrista para fusionar a súa persoal poesía cunha música inconfundíbel.

5 de out. de 2016

Centenario de nacemento de Roald Dahl


Resultado de imaxes para boy roald dahl

Como xa publicamos, o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do nacemento deste gran escritor. En youtube hai moito material para coñecer a súa obra. 

En Bibliotero hai moitas das súas obras en galego e castelán. Precisamente, unha delas, Matilda, vai ser o obxecto dun club de lectura en 1º da ESO. Aínda estades a tempo de anotarvos. 


Recomendámosvos ler Boy, a historia da súa infancia. Alí poderedes ver de onde nacen moitos dos seus libros. 

Déixovos algunhas ilustracións:

Resultado de imaxes para boy roald dahl