Esta é a palabra escollida pol@s galeg@s. Remata así un año no que celebramos o centenarios das Irmandades.
1 de jan. de 2017
22 de dez. de 2016
16 de dez. de 2016
Unha ÁRBORE de NADAL chea de bos desexos...
Xa temos a nosa árbore chea de ilusións, de desexos, de esperanza e de confianza en que o novo ano traerá todo aquilo que máis precisamos... As tarxetas están feitas por alumnas e alumnos que aquí nos deixan a súa estupenda imaxinacion e creatividade...
BO NADAL e FELIZ ANINOVO para todas e todos vós...
BO NADAL e FELIZ ANINOVO para todas e todos vós...
REGUEIFAS na biblioteca con CARUNCHO e PINTO.
O proximo luns día 19 recibimos na nosa biblioteca o poder da palabra pura, da oralidade feita poesía na voz de dous regueifeiros, creadores, improvisadores, artistas... que van encher a nosa cabeciña de versos, de estrofas, de picardía, de risa... E de forza, a forza da palabra e da poesía cantada e contada... por LOIS CARUNCHO e PINTO HERBÓN.
Agardamos que vos guste.
Agardamos que vos guste.
Encontro con JORDI SIERRA i FABRA na libreria Moito Conto da Coruña.
O mércores 14, o Club de lectura de 2º de ESO tivo a sorte de asisitir a un encontro literario con Jordi Sierra i Fabra que pressentaba o seu libro HISTORIA DEL ROCK na libreria Moito Conto, un espazo na cidade da Coruña, cheo de libros marabillosos. Alí puidemos disfrutar da palabra e da enerxía dun escritor, rockeiro e "utópicoposibilista" que nos lembrou algo fundamental para vivir: "os teus soños son posibles sempre que ti creas neles"...Foi unha hora e media intensa na que Jordi foi desfiando lembranzas da súa vida e da súa maneir de entender a música e aliteratura. A enerxía, a creatividade, e as gaas de vivir que contaxia é tal que saímos cheos de forza e desexando velo axiña novamente.... E agardando xa polos seus novos libros para devoralos...Total...so leva publicados 510...
Longa vida Jordi...Querémoste...

13 de dez. de 2016
Encontro con RAÚL VACAS na biblioteca
O martes día 13 de decembro recibimos de novo a Raúl Vacas, o noso amigo mago, ilusionista, xogador de palabras e malabarista da poesía. Foi unha intensa hora co alumnado de 4º de ESO na que houbo emoción, sorpresa, ledicia e poesía,, sobretodo moita poesía...Ah!!, , e o mellor de todo foi que conseguimos esquecernos por un tempiño dos exames... Grazas Raúl.... E volve pronto...
4 de dez. de 2016
2 de dez. de 2016
A man do diaño
Novidade en Bilbiotero


É unha historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no seru humano, o conflito bélico.
A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún está libre de que lle toque.
O resultado é o esperado: ninguén está a salvo xamais.


É unha historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no seru humano, o conflito bélico.
A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún está libre de que lle toque.
O resultado é o esperado: ninguén está a salvo xamais.
28 de nov. de 2016
Potterheads
Xa chegou o día e xa marchou. A reunión de fans da saga de Harry Potter foi multitudinaria. Tiñamos de todo, bufandas, libros, películas, larpeiradas, variñas e ata unha fan de McGonagall.
Debatemos sobre os nosos personaxes favoritos. Incriblemente, hai quen segue a Draco Malfoy. Tamén sobre os mellores momentos da saga. Ata discutimos un pouco sobre quen sabe máis.
Aquí vos quedan unhas fotos (oxalá fosen como as do Daily Prophet e puidésemos ver as eprsoas moverse)
Os muggles probando as larpeiradas dos magos... pobriños, non son capaces de tragar
O alumnado de Gryffindor dá de comer a todo aquel que o necesite, sen que importe a que casa pertenza
Por fin probamos a cervexa de manteiga, pareceunos demasiado doce.
Mannequin Challenge: A nosa Bibliotero está máis viva ca nunca
Presumimos de Biblioteca viva, dun recuncho onde tod@s nos sentimos libres de propor novas experiencias. A nosa homenaxe é este vídeo onde representamos os moitos xeitos de vivir a Biblioteca. A nosa non é tranquila, é bulideira e viva e así a reivindicamos.
«Unha #biblioteca non é un luxo, senón unha das necesidades da vida" (Henry Ward Beecher)
25 de nov. de 2016
ENCONTRO con EMILIO PASCUAL na biblioteca
18 de nov. de 2016
ROALD DAHL
Homenaxeamos a este gran escritor con traballos feitos polo alumnado da asignatura de Investigación e cunha exposición que recompila moitas das súas obras, que forman parte da nosa biblioteca.
Ademais, un dos clubs de lectura de 1º ESO leu Matilda. O mércores foi a reunión con estes alumnos e alumnas. Falamos sobre os personaxes, sobre a relación deste libro con outros do mesmo autor. Temos uns alumnos e alumnas expertos en Roald Dahl.
Ademais, un dos clubs de lectura de 1º ESO leu Matilda. O mércores foi a reunión con estes alumnos e alumnas. Falamos sobre os personaxes, sobre a relación deste libro con outros do mesmo autor. Temos uns alumnos e alumnas expertos en Roald Dahl.
Marcadores:
club de lectura 2016,
Matilda,
Roald Dahl
Assinar:
Postagens (Atom)


































