1 de dez. de 2008

ENCONTRO CON MIGUEL GRIOT


Como agardabamos desde hai días e con moita ilusión, hoxe recibimos no noso centro a Miguel Griot, o autor do libro que acabamos de ler e que supón a primeira lectura conxunta neste curso do noso club . Tamén asistiron os alumnos e alumnas de 2º de ESO que tiveron o libro como lectura neste trimestre e que por certo, según contan foi unha experiencia moi interesante. O autor comezou falándonos de Iqbal, a quen nós apenas coñeciamos máis que a través do que atopamos na rede. A través dunha presentación preparada polo autor sobre a vida de Iqbal, coñecimos tamén as vidas de milleiros de nenos e nenas en Pakistán, que como Iqbal loitan por sair da miseria e da escravitude, e poucas veces o consiguen.

27 de nov. de 2008

IQBAL MASIH, LÁGRIMAS, SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot

Hoxe comezamos as sesións do noso club de lectura. E facémolo cun libro moi especial: "Iqbal Masih, lágrimas, sorpresas y coraje " de Miguel Griot. Este libro trata da curta vida de Iqbal, un neno pakistaní de 10 anos que traballa como escravo de varios amos facendo alfombras. O próximo día 1 de decembro teremos un encontro co autor, que agardamos resolva moitas das nosas dúbidas sobre o libro. Antes de coñecer ao autor do libro, quixemos saber algo máis sobre o seu protagonista; aquí vos presentamos a Iqbal:

20 de nov. de 2008

CLUB DE LECTURA BIBLIOTERO 2008-2009

Retomamos na próxima semana as reunións do noso club de lectura. Neste curso, temos un so grupo con alumnas e alumnos de 1º de ESO.
CLUB DE LECTURA “BIBLIOTERO” (2008-2009)

1º ESO A.-
Troncoso Maduro, Carla

1º ESO B.-
Caamaño Pérez, Liam 1ºB
Mazas Saavedra, José Carlos 1ºB
Montáns García, Alejandro 1º B
Pereiro Duran, Moisés 1º B
Rengifo Velásquez, Christian Arlex 1ºB
Sampaio Batista de Souza, Amanda 1º B
Serantes Gómez, José Luis 1ºB
Varela Chans, Tatiana 1º B
Vázquez Pérez, Andrea 1º B

1º ESO D.-
Oubiña Castro, Nathalie 1ºD
Rodríguez Ochoa, Raquel 1º D
Torea Ramil, Paula 1ºD

Máis as profes Laura e Begoña.

11 de jun. de 2008

POESÍA PARA LOS QUE LEEN PROSA




No mes de xuño, cando andamos agobiados de exames e traballos, tamén sentimos as primeiras chamadas do mar para que nos acheguemos á praia. ¿Que mellor compaña para eses serán de baños de sol e auga que un pouco de poesía? Alternándo os poemas cos apuntes e os libros de texto, farásenos máis levadeira a recta final do curso, e aproveitaremos para ler, sos ou na compaña dos nosos colegas do club de lectura, un libro diferente.

Eliximos un libro de poesía para rematar a andaina do noso club porque queremos desfacer ese prexuizo de que a xente nova non le poesía, alegando que non hai quen a entenda. Pois ben.... presentámosvos un libro de poesía que que se entende, ou nós así o pensamos. Un libro para todos os públicos, e que vai ser o noso pretexto para a derradeira xuntanza do club neste curso que remata.

É unha antoloxía de poesía feita por Miguel Munárriz e na que aparecen poetas coñecidos e outros dos que apenas oimos falar, pero sempre co denominador común de ser poesía para sentir, para compartir, para dixerir con calma e para mover os sentimentos. Un libro pois que recomendamos ler.

7 de jun. de 2008

"MADE IN GALIZA"




Contamos o día 6 de xuño coa presenza no noso instituto do autor Séchu Sende, co que manteremos un encontro para conversar sobre o seu libro "Made in Galiza", que neste curso, o alumnado de 4º ESO e os integrantes do club de lectura tivemos a oportunidade de ler. O libro é unha reflexión seria, irónica, divertida e ao mesmo tempo necesaria sobre o noso idioma, dende distintos puntos de vista.

Comentarios de algúns alumnos.-
Según Iván: "trátase dun libro de relatos, escrito para nós, un libro que procura a fórmula da liberdade da lingua", e que según di o seu autor "é un libro contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde, e feito en Galiza".
Según Patricia e Paula é unha reflexión clara sobre o galego e o mal uso que lle damos, e como ás veces nos avergoñamos da nosa propia lingua, sen darnos conta de que é o noso sinal de identidade. Considerámolo un libro necesario e moi recomendable.

3 de mai. de 2008

"CARTAS DE AMOR"


No mes de maio, o libro proposto é "Cartas de amor" de Fran Alonso. Trátase dun conxunto de cartas escritas todas elas por mulleres dende distintas partes do mundo. A pesares de estar escritas dende a pobreza, a marxinación, a desigualdade, a inmigración..... todas elas teñen en común a ilusión e a esperanza de que todo pode ser mellor.

22 de abr. de 2008

"LA SOGA DEL MUERTO"


No mes de Abril, a lectura escollida foi "La soga del muerto" da escritora e xornalista Blanca Álvarez, una autora moi querida no noso Instituto, xa que tivemos a sorte de tela connosco xa o curso pasado e no presente curso para falar de ouitros dous dos seus libros. E como a experiencia resultou moi boa, decidimos repetila.
A novela preséntanos unha investigación policial centrada na morte dun traballador dunha empresa química, e lévanos a plantexarnos un tema tan actual como o terrorismo a grande escala. O día 21 de abril tivemos un encontro coa autora, aberto a todo o público, especialmente á xente do barrio.
A conversa prolongouse dúas horas, nas que ademáis da novela que limos, falamos de xornalismo, das guerras, da morte e de moitos temas que se foron plantexando.

Libros en movemento

2 de abr. de 2008

"COMEDIA BÍFIDA"




No mes de Marzo, a lectura escollida foi "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala. Trátase dun texto teatral, que analiza dende una ollada crítica a situación da nosa lingua. Unha serie de pequenas historias que reamatan nun xuízo cada unha delas e onde se pon en cuestión como utilizamos ou non utilizamos o galego nas nosas vidas. O día 1 de abril tivemos un encontro co autor do libro no Salón de actos da Biblioteca Miguel González Garcés, coa que colabora o noso Club de lectura. A partires dunha presentación do autor recurrindo a diversos xogos, probas e situacións que se dan nas nosas vidas sobre a situación do galego na actualidade, fomos reflexionando dun xeito orixinal e diferente sobre aspectos como a diglosia, o complexo de inferioridade que temos con respecto da nosa lingua, os prexuízos lingüísticos absurdos, etc....

10 de fev. de 2008

"LOS CAMINOS DEL MIEDO"




No mes de Febreiro, a lectura escollida foi "Los caminos del miedo" de Joan Manuel Gisbert, un conxunto de catro relatos de terror, intriga, suspense e imaxinación, ingredientes todos eles que se mesturan moi ben. Tivemos ademáis a sorte de contar co autor, que é un home cheo de misterio e de sorpresas e co que pasamos dúas horas intensas de conversa. Gisbert fixo gala dun sentido do humor e dun dominio da linguaxe marabilloso que nos engaiolou a todos. A palabra de novo foi unha ponte entre o libro e o lector, co agasallo engadido da presencia do autor. Unha festa literaria.

22 de jan. de 2008

"O NENO DO PIXAMA DE RAIAS"







No mes de xaneiro propuxemos como lectura "O neno do pixama de raias" de John Boyne, unha novela que nos sitúa na Alemania de Hitler e que se desenvolve no campo de concentración de Auschwitz. Nela cóntasenos, a través da voz de Bruno, un neno de nove anos, a amarga aventura do seu amigo Schmuel, un neno xudeu que vive tras dunha arameira e leva un pixama de raias.