2 de abr. de 2008

"COMEDIA BÍFIDA"




No mes de Marzo, a lectura escollida foi "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala. Trátase dun texto teatral, que analiza dende una ollada crítica a situación da nosa lingua. Unha serie de pequenas historias que reamatan nun xuízo cada unha delas e onde se pon en cuestión como utilizamos ou non utilizamos o galego nas nosas vidas. O día 1 de abril tivemos un encontro co autor do libro no Salón de actos da Biblioteca Miguel González Garcés, coa que colabora o noso Club de lectura. A partires dunha presentación do autor recurrindo a diversos xogos, probas e situacións que se dan nas nosas vidas sobre a situación do galego na actualidade, fomos reflexionando dun xeito orixinal e diferente sobre aspectos como a diglosia, o complexo de inferioridade que temos con respecto da nosa lingua, os prexuízos lingüísticos absurdos, etc....