15 de set. de 2015

QUÉROTE +

Club de lectura Quérote +

As bibliotecas municipais organizan este club de lectura dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos. 


A partir dunha serie de propostas de lectura e do uso de ferramentas e dispositivos, facilítase a posibilidade de xerar contido propio, suxerir contidos relacionados, elaborar propostas de participación novas e diferentes...
O club de lectura Quérote+ nace da colaboración entre a biblioteca e os Centros Quérote+ da Xunta de Galicia, un servizo de información e asesoramento á mocidade galega arredor da saúde emocional e do benestar social e máis concretamente en relación co asocioacionismo, as relacións saudables (sociais e amorosas) e o lecer e o tempo libre.

-------------------------------------------------



DIRIXIDO A:
De 14 a 18 anos
CANDO:
08/10/2015
INSCRICIÓNS:
Do 07 De Setembro o 30 De Setembro, ambos incluídos
Require inscrición HORARIO:
De 18.30 a 20.00 horas
CONTACTO:
Cristina Ameijeiras
bagora@coruna.es981189886

Bo comezo de curso


Despois de dous meses, retomamos a actividade. 

Lestes moito este verán? 


Lembrade pasar por Bibliotero para ver as novas adquisicións.