11 de jun. de 2008

POESÍA PARA LOS QUE LEEN PROSA




No mes de xuño, cando andamos agobiados de exames e traballos, tamén sentimos as primeiras chamadas do mar para que nos acheguemos á praia. ¿Que mellor compaña para eses serán de baños de sol e auga que un pouco de poesía? Alternándo os poemas cos apuntes e os libros de texto, farásenos máis levadeira a recta final do curso, e aproveitaremos para ler, sos ou na compaña dos nosos colegas do club de lectura, un libro diferente.

Eliximos un libro de poesía para rematar a andaina do noso club porque queremos desfacer ese prexuizo de que a xente nova non le poesía, alegando que non hai quen a entenda. Pois ben.... presentámosvos un libro de poesía que que se entende, ou nós así o pensamos. Un libro para todos os públicos, e que vai ser o noso pretexto para a derradeira xuntanza do club neste curso que remata.

É unha antoloxía de poesía feita por Miguel Munárriz e na que aparecen poetas coñecidos e outros dos que apenas oimos falar, pero sempre co denominador común de ser poesía para sentir, para compartir, para dixerir con calma e para mover os sentimentos. Un libro pois que recomendamos ler.