14 de dez. de 2014

USO DAS IMAXES EN INTERNET

Aquí tedes un recurso moi interesante que elaboraron no CEIP Freán de Teis:

10 de dez. de 2014

Unha árbore con historia(s)

Acabamos de colocar a nosa árbore, unha moi especial que di moito do lugar onde está colocada. Pasade por alí a vela.

Moitas grazas a Iria, Anxo, Sofía, Álex e Jorge de 1º ESO pola súa axuda e ilusión.



A árbore dos libros

1 de dez. de 2014

Visita de Xabier Docampo ao noso centro

Así foi a visita de Xabier P. Docampo ao noso centro. Xa coñeciamos a Xabier a través dos seus libros; neste trimestre, os alumnos e alumnas de 2º de ESO, limos Cando petan na porta pola noite . O encontro serviunos para falar de libros, das lecturas que el facía de cativo, da fascinación que sente polos libros de aventuras, como A Illa do tesouro e, sobre todo, do poder máxico das palabras. Grazas Xabier polos teus libros....


24 de nov. de 2014

25 Novembro. Día contra a violencia de xénero

Eis unha adaptación dun conto tradicional, moi acaído para este día


Estrea de A Esmorga

O venres 21 chegou aos cines a adaptación da novela de Blanco Amor




A Esmorga Filme


Cursos na Biblioteca Miguel González Garcés

Facebook da Biblioteca




Solicitudes ata as 12 horas do mércores 26 de novembro.

Para anotarse só precisa cubrir o formulario de solicitude que figura en cada bloque de información, ou directamente a través da Rede CeMIT. 

No caso de que o númerto de peticións sexa superior a 12, farase un sorteo e procederase á asignación de prazas por orde alfabética segundo a letra de comezo do apelido.

CREACIÓN DUN BLOG CON BLOGGER

Destinatarios: adultos con coñecementos básicos de informática.
Obxectivos:
* Recoñecer que é un blog e diferencialo doutros espazos web.

* Identificar os distintos tipos de blog existentes.
* Identificar finalidades dos blogs
* Examinar algunhas ferramentas gratuítas para a creación dun blog.
* Diferenciar as principais partes dun blog.
* Crear un blog.
* Identificar os elementos ou accións que condicionan o posicionamento dun blog na Internet.
Contidos: Xeneralidades sobre blogs. Creación dun blog con Blogger.
Datas:  3, 4, 10 e 11 de decembro. Total de horas do curso: 6
Horario: de 17.30-19 horas 
Imparte: David Sotelo Gavilán
Solicitudes: pódese solicitar praza directamente na páxina web da
 Rede CeMIT ou cubrindo este formulario.


GIMP 
Destinatarios: adultos que saiban utilizar a nivel básico un ordenador e dispoñan preferentemente dalgún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto, dun teléfono móbil con cámara.
Obxectivos:
Aprender a manexar o programa GIMP para deseño gráfico, retoque de imaxes e fotografía dixital. Identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital, resaltar determinados elementos nunha fotografía, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades de cor dunha fotografía, imprimir e comparar unha fotografía en papel coa súa visión en pantalla, etc.

Datas:  mes de decembro: o luns día 1, de 18 a 20.30 h ; os mércores 3 e 10, de 9 a 11.30 h ; os venres 5 e 12, de 18 a 20.30 h. Total de horas do curso: 7 horas 30 minutos.
Imparte: Elisa Valcarce García

Solicitudes: pódese solicitar praza directamente na páxina web da Rede CeMITou cubrindo este formulario.


IMPORTANTE: TERÁN PREFERENCIA NESTE CURSO AQUELAS PERSOAS QUE NON REALIZARON OUTRO CURSO DE GIMP NESTA BIBLIOTECA.

Máis información desta e doutras actividades na páxina web da biblioteca, no Facebook, no Twitter e no blog da sala infantil: Bloggit.

Coñecendo a Xabier P. Docampo

O próximo 25 de Novembro, Xabier P. Docampo visita o noso centro. Aproveitaremos para falar de literatura, de libros e lecturas. Ademais inaugurará a aula que leva o seu nome no noso centro.
o

14 de nov. de 2014

Préstamo de e-book

http://galicia.ebiblio.es/

Aquí tedes o enlace da páxina de préstamo de libro electrónico.

11 de nov. de 2014

LER NON É CLANDESTINO...

No IES Chano Piñeiro de Forcarei len e partillan lecturas en calquera lugar.... Por exemplo, na BIBLIOTECA...

10 de nov. de 2014

Club de lecturas... IQBAL MASIH, LÁGRIMAS. SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot

Áquí está Iqbal Masih....
Este será o noso primeiro libro de lectura no Club BibliOtero.  Xuntarémonos o día 21 de novembro na Biblioteca para falar sobre o libro. Veremos quen foi Iqbal e falaremos da súa vida e dos millóns de nenos e nenas no mundo que ainda traballan como escravos...
Lembrade tamén que o día 10 de decembro entregarase o Premios Nobel e que Malala, una rapaza paquistaní de 17 anos, será una das que recollerá o da Paz. De todo isto e de moito máis...falaremos o próximo venres na Biblioteca.

24 de out. de 2014

Club de lectura

O venres pasado tivo lugar a primeira reunión dos clubs de lectura da BibliOtero.

3° e 1° xa escolleron obras de lectura compartida.

Estade atent@s porque pronto chegarán os libros para poder comezar.

O Samaín na Biblioteca


Na biblioteca xa estamos preparados para o Samaín. A próxima semana todas as clases visitarán a biblioteca para a lectura de contos de medo. Animámosovos a visitala antes e levar libros desta temática.



Tamén podedes traer elementos para decorala para que dea máis medo.


As matemáticas en Bibliotero

Durante estes días, hai unha exposición de libros nos que as matemáticas están presentes. Tamén está exposta Mathesis, o boletín de divulgación matemática elaborado no centro.


Día da Biblioteca 2014

Ler en Matemáticas

Este ano, dedícase aos libros con temática matemática. No IES de San Paio (Tui) elaboraron unha escolma de poemas.

Non perdades oportunidade de botarlle un ollo.

 

 

15 de out. de 2014

Club de lectura

Como cada ano, botamos a andar o club de lectura Bibliotero. Para participar e informarvos, anotádevos nos comentarios do blog ou nas listas que colgaremos en cada aula.
A primeira reunión será o venres 24 na hora do recreo na biblioteca. 

Se vos gusta ler, este é o voso lugar


10 de out. de 2014

Achégase o Samaín

O Samaín é unha celebración moi antiga na Europa con raíces celtas. Para eles, significaba a fin do verán. Pero tamén era o tempo no que as almas dos defuntos andaban polo noso mundo.

Coñece máis cousas sobre o Samaín

Co gallo de celebralo, imos colgar algúns relatos de medo de coñecidos autores... Ou non tan coñecidos.

Ademais, tedes xa na biblioteca unha exposición dos nosos "Contos de medo"

Inauguramos o Samaín cun relato de Castelao, da súa obra Cousas 

......... 
Nunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.

Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.

Agora eu vou contarvos unha cousa. 

Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.

O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.

Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.

Eu seino porque…

Se queredes ler máis "Cousas" de Castelao:

www.manuelrivas.com/cousas/nunha-eirexa-da-montana/#more-334

2 de out. de 2014

Novidade na biblioteca: Historia da bicicleta dun home lagarto

Desde os ollos de Mundo, o neno protagonista, asistimos a varios misterios que debemos resolver. Onde marchou seu pai? Quen é o home lagarto?

Que ocorre cando @s adult@s se comportan dun xeito tan estraño?

Unha lectura perfecta, acompañada das ilustracións de Laura Súa Campo.

Autora: Fina Casalderrey

Gioconda Belli na Coruña

No día de onte, Gioconda Belli estivo na nosa cidade. Unha sala ateigada, unha autora nicaragüense e comeza o seu discurso cun "Que lindo el gallego". Así se valora desde fóra a nosa lingua. 

Pódense facer moitas recomendacións desta autora; eu quedo con Sofía de los presagios, unha novela que significou o comezo da miña andadura nas súas letras. Sofía é unha magnífica anfitrioa que nos acompañará durante unha novela reivindicativa. 


Eis o facebook da autora:

Gioconda Belli en Facebook

24 de set. de 2014

Maquetas de Ciencias Sociais

Aquí podedes ver os traballos realizados no curso 2013-2014 polo alumnado de 1º ESO do IES Otero Pedrayo en Sociais.


23 de set. de 2014

Imos de caza!!!

Existen os ghazafellos? E os gamusinos? E os cocerellos de río? Tod@s temos unha idea clara sobre este tema, o protagonista non ía ser menos. Porén, cómpre revisarmos as nosas opinións despois da lectura deste libro interactivo. 







Quizais despois non iremos tan tranquilos polas fragas...


19 de set. de 2014

Ámote Leo A.

Ámote Leo A.

Esta é a mensaxe misteriosa que acompañará a Leo na súa viaxe a través do mundo.

Decide percorrer o mundo durante seis meses, coñecer outras xentes, outros costumes, malia á oposición da súa nai. O itinerario non está fixado, vai a onde quere e sente que debe ir en cada momento.

O libro supón unha viaxe dupla, a xeográfica, mais tamén a de autocoñecemento.

Leo A. Non volverá ser a mesma.

27 de jun. de 2014