Grazas a Olga, responsable da biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica, podemos coñecer a traxectoria dun conxunto de vinte mulleres galegas que como empresarias e emprendedoras...foron protagonistas da nosa historia . Estas biografías, que
fixeron posible visibilizar o traballo das mulleres en Galiza, formaron parte da exposición PIONEIRAS, que co apopio do desaparecido Servizo Galego de Igualdade percorreu Galicia no ano 2009. Un traballo estupendo que é necesario, máis que nunca, recuperar!