7 de jun. de 2008

"MADE IN GALIZA"




Contamos o día 6 de xuño coa presenza no noso instituto do autor Séchu Sende, co que manteremos un encontro para conversar sobre o seu libro "Made in Galiza", que neste curso, o alumnado de 4º ESO e os integrantes do club de lectura tivemos a oportunidade de ler. O libro é unha reflexión seria, irónica, divertida e ao mesmo tempo necesaria sobre o noso idioma, dende distintos puntos de vista.

Comentarios de algúns alumnos.-
Según Iván: "trátase dun libro de relatos, escrito para nós, un libro que procura a fórmula da liberdade da lingua", e que según di o seu autor "é un libro contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde, e feito en Galiza".
Según Patricia e Paula é unha reflexión clara sobre o galego e o mal uso que lle damos, e como ás veces nos avergoñamos da nosa propia lingua, sen darnos conta de que é o noso sinal de identidade. Considerámolo un libro necesario e moi recomendable.