27 de fev. de 2015

Namorando coas palabras

En febreiro fallouse o concurso Namorando coas palabras. As alumnas gañadoras recibiron os seus premios en Bibliotero.


25 de fev. de 2015

Vicente Muñoz Puelles visita o noso centro

Actividades na Biblioteca Miguel González Garcés


 

CONCERTO DO CORO DE CÁMARA DE A CORUÑA. Concerto de poesía e música coral sobre textos poéticos da lírica tradicional galega e de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Machado, F. García Lorca, Francisco Pino,  Matamoros e Silvio Rodríguez, así como madrigais do Renacemento, co fin de conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Este concerto é ofrecido polo Coro de Cámara de A Coruña, baixo a dirección de Julián Jesús Pérez. O coro, que naceu en 1992, cultiva todo tipo de música coral de cámara concedendo especial atención á polifonía europea do renacimento e ao repertorio contemporáneo. Realiza concertos en distintos lugares de España (como Madrid, Burgos, Zamora, Aranda de Duero, entre outras localidades) e do resto de Europa (como Escocia, Italia, Polonia, Portugal ou Ucraína). Asimesmo, participa habitualmente en certames corais de ámbito local, nacional e internacional; é convidado a diferentes eventos e ciclos musicais da cidade da Coruña e colaborou durante anos coa Aula de Música da Universidade da Coruña. Na súa intensa traxectoria musical, este coro realizou gravacións para diversos programas da RTVG e concertos que tiveron lugar nos principais teatros, templos e salas de concerto de Galicia. Julián Jesús Pérez é doutor en Didáctica da Lingua e a Literatura, postgraduado en Educación Musical, titulado en Piano e diplomado en Dirección Coral. Ampliou estudos de dirección coral e orquestral, piano, canto, polifonía e pedagogía musical. Investiga sobre temas de didáctica e motivación e publicou diversos libros e artigos. .

DATA: venres 27 de febreiro 

HORA: 20.30

SALÓN DE ACTOS. ENTRADA LIBRE

TALLER GRATUÍTO DE ESCRITURA TEATRAL.  Obradoiro moi divertido e creativo elaborado na Sorbonne, co obxectivo de construír monólogos e diálogos para o xogo teatral.

DESTINATARIOS: maiores de 16 anos

DATAS: 16, 18, 23 e 25 de marzo, 4 sesións cun total de 10 horas

HORARIO: de 17 a 19.30 h

IMPARTE: Fabiana Gastaldello

SOLICITUDES: cubrindo este formulario. 22 prazas. Admisión por orde de solicitude.

II CERTAME DE POESÍA DA BIBLIOTECA.  Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Convoca o II Certame de Poesía. Pódese participar nunha das dúas seccións: Poesía en galego ou Poesía en castelán. Máis info
DESTINATARIOS: maiores de 16 anos

DATAS: 2 febreiro-21 marzo

CONCURSO "BUSCAMOS A NOTICIA DA TÚA VIDA".  Do 9 ao 13 de marzo celebramos a Semana da Prensa e a biblioteca convoca o concurso "Buscamos a noticia da túa vida". Entre os participantes seleccionados sortearemos un lote de libros. Os usuarios da biblioteca poderán escoller a noticia máis destacada por votación popular.

Conserva recortes de prensa dalgunha noticia importante para vostede?, garda xornais ou revistas con algunha noticia impactante?, ten algunha noticia en formato dixital que lle guste? Queremos facer unha pequena mostra coas súas aportacións. Se desexa participar preséntenos a noticia da súa vida antes do 9 de marzo ás 14 horas. Tráianos un xornal ou revista, un recorte de prensa ou unha fotocopia en bo estado e entréguella ao persoal da hemeroteca, xunto cos seus datos. Se o prefire, envíenos un correo electrónico a bpc.rev@xunta.e​s co pdf da noticia ou coa ligazón á mesma. 

DATAS:  ata o 9 de marzo ás 14 horas

CONCURSO "NÓS LEMOS, E TI?".  Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións, entre as que está a galega, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”. A biblioteca colabora nesta iniciativa e recolleremos os traballos que presenten os nosos usuarios.

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
O concurso consiste en escoller un libro cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Na biblioteca, como centro colaborador, seleccionaremos un máximo de tres traballos e remitirémolos a Gálix para a participación no concurso.
Presentación dos traballos ata : na biblioteca, de forma presencial, por correo postal ou por correo electrónico. Máis información do concurso descargando o seguinte documento: Concurso_Dia Internacional Da Literatura Infantil e Xuvenil
DATAS: presentación de selfies ata o martes 31 de marzo ás 14 horas
 

Máis información desta e doutras actividades na páxina web da biblioteca, no Facebook, no Twitter e no blog da sala infantil: Bloggit.

Biblioteca Pública da Coruña
Miguel González Garcés       
15008 A Coruña
Tel./Fax:  981-170218/19/30 
bpc@xunta.es
rbgalicia.xunta.es/coruna/