12 de dez. de 2009

UN CASOIRO BEN MAL AMAÑADO





O escritor Bali Rai estará no Instituto o 22 de xaneiro de 2010 para falarnos do seu libro Un casoiro ben mal amañado, unha historia de alienación e identidade que narra as peripecias vitais dun adolescentes punxabi, Manny, que se debate entre manter as relacións familiares e vivir a súa propia vida.
A mañá do seu casamento, que asemade é a mañá do seu dezasete aniversario, Manny pasa revista á súa vida para se decatar de que os seus valores persoais non son os mesmos que os valores da comunidade punxabi onde vive. Manny non ten nada en común con seus irmáns, que viven na ignorancia doutros mundos posibles, nin con seus pais, que viven na somnolencia que lles producen os litros de alcol que inxire cada día, no caso do pai, ou esa non rebelión contra o sistema establecido, no caso da nai. Así, ao se decatar de que a única opción para amañar as relacións coa familia é aceptar o casamento amañado con só dezasete anos, Manny decide afrontar a súa propia vida e tomar unha decisión difícil de xeito valente. Escrita en primeira persoa, Un casoiro ben mal amañado narra de xeito cru e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos culturais alleos e as contradicións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.

13 de nov. de 2009

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA


Comezamos as sesións do noso Club de Lectura co libro A miña planta de laranxa lima . O seu autor é o escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos.
Nesta novela relata a infancia de Zezé, un neno descubridor de cousas, que nos mostra a dor e a ledicia xunguidas de xeito constante nas diferentes peripecias que o levan ao descubrimento do mundo, da amistade e da dor de medrar.

30 de out. de 2009

CLUB DE LECTURA BIBLIOTERO 2009-2010

Neste curso comezamos antes a nosa andaina coma devoradoras e devoradores de libros. Somos ainda máis que o curso pasado, co cal isto vai ben....E temos moitas ganas de comezar a ler....Partimos dende hoxe mesmo. Nesta nova xeira somos:

1ºESO.-

Astral Maneiro, Thais
Dos Anjos Dos Anjos, Josefa
Franco Roade, Inés
Lago Boonstra, Cristal
Luaces Delicado, Ricardo
Paz Mongil, Pedro
Rolle Leis, Claudia
Rumbo del Rey, Cristina
Sanjorge Méndez, Cristian
Villanueva Vera, Estrella

2º ESO.-

Castaño Álvarez, Iria
Mazas Saavedra, Carlos
Pardiñas González, Rubén
Prado Espiñeira, Ángela
Serantes Gómez, José Luis
Torea Ramil, Paula
Yu Zhao, Lina

4º ESO.-

Rey Martí, Andrea

Máis as profes Laura Janeiro, Xulia Franco e Begoña Valdés

15 de jun. de 2009

"KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA" de Jordi Sierra i Fabra


Como final de curso e remate de lecturas neste curso, escollimos unha preciosa novela de jordi Sierra i Fabra, que mereceu no ano 2007 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O libro, ilustrado por Elena Odriozola, está dirigido a lectores de 10 años en diante e naceu como un relato, baseado en feitos reais. Narra o encontro entre o escritor Franz Kafka e unha nena nun parque de Berlín, á que o autor sorprende chorando desconsolada porque perdeu a súa boneca favorita. O creador de La Metamorfosis consola á meniña decíndolle que a súa boneca no se perdeu,senón que «so se foi de viaxe».
Para probárllelo, durante tres semanas Kafka escribe e entregaó puntualmente á pequena unha serie de cartas nas que a boneca fálalle desde diferentes lugares. Kafka escribiu todas estas cartas, segundo contou máis tarde a súa entonces compañera Dora Dymant, «con actitude febril» y tomándose aquel traballo tan en serio como a escritura das súas obras máis serias dirixidas ao público adulto.
Sierra i Fabra, autor de máis de 300 novelas, dixo que escribira o libro en catro días despois de ler no periódico unha noticia referida á historia de Kafka, a nena e a boneca. Tamén ensalzou a Kafka pola súa capacidade para volcarse no «canto de amor á beleza que hai tras a obra escrita" e como estas cartas axudaron a que a meniña se reconciliase co mundo e coa súa boneca, que por cierto, cada día lle escribía desde un lugar diferente.
O libro elixido para o mes de xuño foi para todos nós o mellor remate para este curso intenso en lecturas e en traballos.

27 de mai. de 2009

"AS CATRO ESTACIÓNS", antoloxía poética de Anttonio García Teixeiro


Aproveitamos o mes de Maio, xa coa primavera avanzada, para ler algo de poesía, algo que se fai moi difícil para algúns. Este pequeno libro contén poemas para cada estación do ano, e na nosa sesión de hoxe adicámonos a ler os poemas primaverais, que son os que máis nos gustaron. Descubrimos que a poesía non é difícil, e así acordamos que para o proximo día leremos máis poesía, agora en castelán.

22 de mai. de 2009

"CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE" de Xabier P. Docampo


Outro libro de contos, neste caso de Xabier P. Docampo, é o protagonista do mes de Maio, un autor tamén moi querido para nós. Son catro historias de medo, homenaxe á tradición oral dos contos populares que se contaban hai anos.
"O espello do viaxeiro" cóntanos como un home regresa á casa familiar despois de 7 años, para facerse cargo da herdanza de seus pais mortos. Perdido na noite, chega a unha ferrería, onde somente está o dono, que é físicamente igual a él salvo que non ten a pálpebra do ollo esquerdo. Beben, acaban pelexando e o ferreiro fíreo nun ollo: xa son iguais. O viaxeiro mata ó ferreiro e ó día seguinte regresan a muller e o fillo, que o toman polo ferreiro auténtico. É a súa condena: ocupar o lugar do morto.

"O fornadas": Tres víctimas dunha vella moi mala decidiron darlle un escarmento e acabaron matándoa a golpes. Cando foron queimar o seu corpo nun forno abandoado, nun momento dado érguese, anunciando que se vengará do que a golpeadra co pau na fronte, o Teixo. Fuxiron asustados. Prenderon y condearon a Teixo, a quen a xente empezou a chamar o Fornadas. Ao sair do cárcere volveuse solitario e moi raro. Un día contoulle ao narrador que se lle aparecía a vella e incluso lle introducía a man dentro dol estómago, sacábaa ensanguentada e comía algo, diciéndolle que o esperaba no inferno. Ainda que por fora no tiña marca alguna. Cuando apareceu muerto, según o médico xa estaba baleiro por dentro.

"A loba" : Silvestre levouá súa noiva á Coruña para desfhacer o fillo que él lle axudara a fhacer. E despois casou con otura. El día da súa boda, a primera noiva apareceu para decirlle que lle debía un fillo. A continuación, aforcouse, converténdose na xefa dunha manada de lobos terribles, que os hombres non conseguían matar. Un día, con motivo dunha batida, rouboulle o fillo a Silvestre. Este atopou a la loba nunha palleira e, sen saber que tiña o bebé con ela, prendeulle lume. Mais cando soubo que estaba dentro o seu fillo, entrou él tamén, morrendo os tres queimados.

"O cumpremortes": Conta como a un home lle chega unha carta de felicitación, anunciándolle que nese día morrería. Buscando evitar que se cumprise a súa morte, escapa para a cidade, sen deixar rastro, pero seguenlle chegando cada ano sendas cartas (cada vez máis breves). Vivía pendente do que sería o seu último día do seu último año según las cartas e non paraba en pousada nen sitio nengún para non ser localizado. Ata que un dos días do su "cumpremortes", pasadas as doce da noite achegouselle a muller "da gadaña", que lle dixo que se librara dela por atreverse a non resignarse ao destino que lle estaba marcado. Ainda que agora que non se cumprira o destino , non sabía que facer coa súa vida



--------------------------------------------------------------------------------

28 de abr. de 2009

"MALDITA ADOLESCENTE", "NUNCA SERÉ TU HÉROE", "EL POSO AMARGO DEL CAFÉ" de María Menéndez-Ponte


O día 27 de Abril, tivemos a visita de María Menéndez-Ponte, longamente agardada, xa que levamos desde o curso pasado tentando contar con ela. Foron tres os libros que lemos dela, cada quen o que máis lle gustou. A escolla foi difícil, e houbo quen leu os tres, un tras doutro. O encontro foi moi ameno e María falou de moitos temas, xa que nos seus libros toca case que todos os problemas que poden preocupar os adolescentes.

Sorprendeunos a vitalidade e forza de María, que ademáis de escribir constantemente ten tempo para practicar varios deportes e implicarse en mil cousas máis.

23 de abr. de 2009

"O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR" DE Agustín Fernández Paz

En Abril, o mes dos libros, eliximos un libro de contos de Agustín Fernández Paz, un dos nosos autores favoritos, e posiblemente dos que máis se len no noso centro. Neste libro, o autor fai un repaso polo amor en todas as súas formas levándonos por medio da poesía do relato a ese encantamento que producen as historias marabillosas. É un libro que recomendamos como cura para calquera tipo de doenza afectiva e agardamos que sexan moitas e moitos os que vos acheguedes a esta ledicia de libro.

10 de mar. de 2009

"OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA" de Anxo Fariña


En febreiro, repetimos con outro libro de Anxo fariña, da mesma serie dos Megatoxos, agora con outra divertida aventura do equipo que forman: Ruxe, Faísca, Ninfa eLúa.

En Marzo, o día 10, tivemos un encontro co escritor e debuxante Anxo Fariña, que a partires dos seus libros explicaounos como se crean os deseños dos obxectos e dos personaxes dos seus libros, apenas cuns cantos trazos , moi sinxelos (según el), bastante máis complicados para nós, pero moi divertidos e interesantes. Moisés, un dos componentes do noso club, serviu de modelo para que Anxo lle fixese un retrato, que quedou moi ben por certo a pesares de que o debuxou en menos dun minuto.

8 de fev. de 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ

http://mesturas.blogspot.com/2009/01/conspiracion-pola-paz.html

18 de jan. de 2009

"OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA" DE Anxo Fariña




- En xaneiro, o libro escollido foi "Os megatoxos e o aprendiz de druída" de Anxo Fariña. Dúas rapazase dous rapaces forman equipo para vivir moitas aventuras. Gustounos moito, sobre todo polas ilustracións que son do propio autor e algúns dos componentes do club xa mostraron as súas preferencias á hora de elixir personaxes.

7 de jan. de 2009

CURTAS DE ANIMACIÓN

Proponémosvos para comezar o ano dun xeito divertido que olledes estas curtametraxes de animación feitas con plastilina por Tomás Conde e Virginia Curiá. Os dous creadores recollen historias nosas, que escribiron os nosos escritores e danlles vida por medio destes extraordinarios personaxes que ides ver. Que desfrutedes da ilusión destas imaxes....

IGNOTUS

ALISTÁN, O DEMO OVEIRO

A ESCOLA DAS AREAS

A XAGUARANA

GOOD NIGHT, MON AMÍ

MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ

OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO

1 de jan. de 2009