Xa temos a nosa árbore chea de ilusións, de desexos, de esperanza e de confianza en que o novo ano traerá todo aquilo que máis precisamos... As tarxetas están feitas por alumnas e alumnos que aquí nos deixan a súa estupenda imaxinacion e creatividade...
BO NADAL e FELIZ ANINOVO para todas e todos vós...
16 de dez. de 2016
REGUEIFAS na biblioteca con CARUNCHO e PINTO.
O proximo luns día 19 recibimos na nosa biblioteca o poder da palabra pura, da oralidade feita poesía na voz de dous regueifeiros, creadores, improvisadores, artistas... que van encher a nosa cabeciña de versos, de estrofas, de picardía, de risa... E de forza, a forza da palabra e da poesía cantada e contada... por LOIS CARUNCHO e PINTO HERBÓN.
Agardamos que vos guste.
Agardamos que vos guste.
Encontro con JORDI SIERRA i FABRA na libreria Moito Conto da Coruña.

Foi unha hora e media intensa na que Jordi foi desfiando lembranzas da súa vida e da súa maneir de entender a música e aliteratura. A enerxía, a creatividade, e as gaas de vivir que contaxia é tal que saímos cheos de forza e desexando velo axiña novamente.... E agardando xa polos seus novos libros para devoralos...Total...so leva publicados 510...
Longa vida Jordi...Querémoste...






13 de dez. de 2016
Encontro con RAÚL VACAS na biblioteca
O martes día 13 de decembro recibimos de novo a Raúl Vacas, o noso amigo mago, ilusionista, xogador de palabras e malabarista da poesía. Foi unha intensa hora co alumnado de 4º de ESO na que houbo emoción, sorpresa, ledicia e poesía,, sobretodo moita poesía...Ah!!, , e o mellor de todo foi que conseguimos esquecernos por un tempiño dos exames... Grazas Raúl.... E volve pronto...
Assinar:
Postagens (Atom)