OBRADOIROS DE MÚSICA,POESÍA, BAILE e
INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAIS con
CÉ,
ORQUESTRA PANTASMA...
O xoves anterior ás vacacións de Semana
Santa, o 22 de marzoe para festexar o Día da POESÍA o alumnado de 1 e
2º de ESO compartiu co músico e artesán César Frieira un obradoiro de música, poesía e baile tradicional.
Cé fíxo bailar e cantar tamén, no patio do instituto, a todo o alumnado que no recreo se quiso
achegar a escoitalo. Mostrounos a maneira de facer os nosos propios instrumentos
musicais con chapas, con canas de madeira, con follas… e con moita moita
imaxinación. Coas súas cancións
lembrounos a importancia da poesía e da música en galego, a través dos versos
de Rosalía ou Manuel María, aos que pon música coa peculiar “orquestra” que leva incorporada.