22 de dez. de 2016

REGUEIFAS na biblioteca

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a xornada do luns 19 cos regueifeiros Pinto e Caruncho na nosa biblioteca. Cantamos, poetizamos, e tamén aprendimos a regueifar... unha maña chea de música, de poesía e de cultura de noso... 

16 de dez. de 2016

Unha ÁRBORE de NADAL chea de bos desexos...

Xa temos a nosa árbore chea de ilusións, de desexos, de esperanza e de confianza en que o novo ano traerá todo aquilo que máis precisamos... As tarxetas están feitas por alumnas e alumnos que aquí nos deixan a súa estupenda imaxinacion e creatividade...
BO NADAL e  FELIZ ANINOVO  para todas e todos vós...

REGUEIFAS na biblioteca con CARUNCHO e PINTO.

O proximo luns día 19 recibimos na nosa biblioteca o poder da palabra pura, da oralidade feita poesía na voz de dous regueifeiros, creadores, improvisadores, artistas... que van encher a nosa cabeciña de versos, de estrofas, de picardía, de risa... E de forza, a forza da palabra e da poesía cantada e contada... por LOIS CARUNCHO e PINTO HERBÓN.
Agardamos que vos guste.

Encontro con JORDI SIERRA i FABRA na libreria Moito Conto da Coruña.

O mércores 14, o Club de lectura de 2º de ESO tivo a sorte de asisitir a un encontro literario  con Jordi Sierra i Fabra que pressentaba o seu libro HISTORIA DEL ROCK na libreria Moito Conto, un espazo na cidade da Coruña, cheo de libros marabillosos. Alí puidemos disfrutar da palabra e da enerxía dun escritor, rockeiro e "utópicoposibilista" que nos lembrou algo fundamental para vivir: "os teus soños son posibles sempre que ti creas neles"...
Foi unha hora e media intensa na  que  Jordi foi desfiando lembranzas da súa vida e da súa maneir de entender a música e aliteratura. A enerxía, a creatividade, e as gaas de vivir que contaxia é tal que saímos cheos de forza e desexando velo axiña novamente.... E agardando xa polos seus novos libros para devoralos...Total...so leva publicados 510...
Longa vida Jordi...Querémoste... 
 
 
  
  
 

13 de dez. de 2016

Encontro con RAÚL VACAS na biblioteca

O martes día 13 de decembro recibimos de novo a Raúl Vacas, o noso amigo mago, ilusionista, xogador de palabras  e malabarista da poesía. Foi unha intensa hora co alumnado de 4º de ESO na que houbo emoción, sorpresa, ledicia e poesía,, sobretodo moita poesía...Ah!!, , e o mellor de todo foi que conseguimos esquecernos  por un tempiño dos exames... Grazas Raúl.... E volve pronto...

2 de dez. de 2016

A man do diaño

Novidade en Bilbiotero





Resultado de imaxes para a man do diañoResultado de imaxes para a man do diaño


É unha historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no seru humano, o conflito bélico.

A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún está libre de que lle toque.

O resultado é o esperado: ninguén está a salvo xamais. 

28 de nov. de 2016

Potterheads

Xa chegou o día e xa marchou. A reunión de fans da saga de Harry Potter foi multitudinaria. Tiñamos de todo, bufandas, libros, películas, larpeiradas, variñas e ata unha fan de McGonagall.

Debatemos sobre os nosos personaxes favoritos. Incriblemente, hai quen segue a Draco Malfoy. Tamén sobre os mellores momentos da saga. Ata discutimos un pouco sobre quen sabe máis. 

Aquí vos quedan unhas fotos (oxalá fosen como as do Daily Prophet e puidésemos ver as eprsoas moverse)
















Os muggles probando as larpeiradas dos magos... pobriños, non son capaces de tragar

O alumnado de Gryffindor dá de comer a todo aquel que o necesite, sen que importe a que  casa pertenza



Por fin probamos a cervexa de manteiga, pareceunos demasiado doce. 

Mannequin Challenge: A nosa Bibliotero está máis viva ca nunca



Presumimos de Biblioteca viva, dun recuncho onde tod@s nos sentimos libres de propor novas experiencias. A nosa homenaxe é este vídeo onde representamos os moitos xeitos de vivir a Biblioteca. A nosa non é tranquila, é bulideira e viva e así a reivindicamos.

«Unha #biblioteca non é un luxo, senón unha das necesidades da vida" (Henry Ward Beecher)

25 de nov. de 2016

ENCONTRO con EMILIO PASCUAL na biblioteca

O  mércores 23 visitounos Emilio Pascual, autor de Días de Reyes Magos,  para falar co alumnado de 3º de ESO., sobre o seu libro. Acompañounos tamén o alumnado do club de lectura do IES de Monelos e xuntos disfrutamos dunha estupenda lección de vida e literatura.  Xa hai días  que agardabamos poder descubir as respostas a moitas preguntas que este libro nos plantexou durante a súa lectura.  Aquí vos deixamos unhas imaxes do encontro, xa para a lembranza...





18 de nov. de 2016

ROALD DAHL

Homenaxeamos a este gran escritor con traballos feitos polo alumnado da asignatura de Investigación e cunha exposición que recompila moitas das súas obras, que forman parte da nosa biblioteca.

Ademais, un dos clubs de lectura de 1º ESO leu Matilda. O mércores foi a reunión con estes alumnos e alumnas. Falamos sobre os personaxes, sobre a relación deste libro con outros do mesmo autor. Temos uns alumnos e alumnas expertos en Roald Dahl.







11 de nov. de 2016

Speak up

En Bibliotero recibimos mensualmente a revista Speak up, xunto co DVD correspondente.

No número deste mes, temos artigos sobre o cantante Mika, o marathon de Nova York ou a campaña presidencial estadounidense.


Clubs de lectura

Están convocadas as reunións para a semana que vén

Martes 16 de novembro: Ámote Leo A. 

Mércores 17 de novembro: Matilda

Xoves 18 de novembro: O principiño 

 



O departamento de Matemáticas realizou unha exposición, hai xa uns anos, sobre esta última obra.

Aquí a podedes ver

Carteis da exposición

Debuxos realizados polo alumnado daquel curso sobre a figura protagonista.


Anagrama_Club

Club matemático 2012-2013


8 de nov. de 2016

ARRUGAS no CLUB DELECTURA de 2ºESO


       Hoxe tivemos unha sesión especial no noso Club de lectura. Despois de ler e falar sobre  Chamádeme Simbad, durante varias sesións, decidimos que queriamos saber máis sobre o alzheimer e propoxemos ler o cómic de Paco Roca Arrugas, unha obra perfecta para entender moitas cousas. Ademais quixemos ver a estupenda película baseada no libro e por iso quedamos a xantar xuntos e reflexionar sobre o lido e o visto no filme...

28 de out. de 2016

XIÁN LOIS ALCAYDE DANS, gañador do I Concurso "Balbino" de Relatos visita a nosa biblioteca

        Xián Lois Alcayde Dans, exalumno do noso instituto estivo con nós o venres 28 de outubro para presentarnos o seu libro "Camiños na sombra", que ven de gañar o Premio Balbino, convocado pola Fundación Neira Vilas.
        Aproveitamos para convidalo a participar con nós nunha sesión do noso Club de lectura, arredor  do tema  da literatura para adolescentes...



Presentación:     CAMIÑOS NA SOMBRA
 de  XIÁN LOIS ALCAYDE DANS



Varios alumnos e alumnas do noso Club de lectura levaron a cabo unha emotiva e fermosísima presentación que queremos partillar con vós....

"Eu son Balbino  (co libro “Memorias dun neno labrego”,  na man…) coma quen di un niguén"…
                           (Deixa o libro confundido e colle os papeis)

"Eu son Xián… (confuso e aturdido) ….  eu son Rubén, eu son Liam, Tamara, Carlos, Cintia, Lina, Iván Yuyi, Julia".…

Eu son JULIA,  unha rapaza da Coruña, coma calquera outra, coma quen di unha  ninguén"….
                   (Detén a súa lectura, , mira para o seu arredor, e pregunta ao público):

         Pero, que facemos hoxe aquí?...

(Mira a Xián e segue a ler)
        
         "Hai xa máis de.....”moitos” ou “poucos” anos, cheguei a este instituo. As clases, os profes, os compañeiros e compañeiras... todo novo. Eu sentíame dun xeito extraño...
         Pero alí había un lugar especial, unha porta aparentemente igual que as demais, pero que daba entrada a un lugar máxico para min, onde os libros eran donos dun espazo preferente.
         Aquel sitio era a BIBLIOTECA, e converteuse para min en refuxio, en ventre, en colo, en sangue que enchía o meu corpo, o meu corazón e a miña cabeza de historias.
         Convertín a BIBLIOTECA no meu refuxio, no meu “lugar” para ler, para escribir, para estar en calma, para evadirme dunhas clases que pouco me  gustaban, tamén alí facía “os deberes”, pero sobre todo, para evadirme nuns intres do mundo exterior e entrar no meu mundo, grande ou pequeno, pero cheo de personaxes e seres fantásticos.
Xa era unha persoa mais dese “club de los raros” do que fala Jordi Sierra i Fabra".

                   ----------------------------------------------------------------------

         (Óese unha berro ao lonxe)
“BALBINO, BALBINO”..........demo de rapaz, sempre embobado coas súas lerias.....e o Manolito, sempre a bater nel, porque, sabedes?, o Manolito é o señorito da parroquia...

                   -------------------------------------------------------------------

         Lembro agora un dos meus autores “especiais” , Jordi Sierra, que con só 11 anos xa escribía  unha “novela” de máis de 500 páxinas cheas dunha imaxinación desbordante , pero castrada por unha profesora de literatura  que non foi quen de entender  a súa fantasía.
Ese neno, que hoxe, xa peitea canas e destila  rock and roll pola súa pel, é  hoxe un home que ama con paixón a música, o cine, a literatura, o teatro,.... e a VIDA, así con maiúsculas. E afirma contundentemente que non pode vivir sen a ESCRITURA, e sen a LECTURA.
         Xián tamén necesita escribir para vivir....



Este feixe de relatos que nos presenta Xián, pensamos que son o froito dun longo e coidadoso traballo de escritura, de moitas lecturas, de moitas viaxes a través das palabras que o autor manexa con asombrosa mestría. A dun escritor, que a pesar dos seus poucos anos, mostra unha madurez incríble coma persoa e como creador.

         Un IMPULSO  percorre o libro, a bordo dun SIMCA 1000. As Células entran en revolución cando descubrimos o misterio da vida ao andar Entre o millo. O Caimán asexa cós seus prismáticos e coa cámara o baño das rapazas mentres Dona Corcheta loce o seu elegante abrigo importado de Rusia
         LEMBRAS?  Un pasado triste e noxento  xúnguenos a todas e a todos, herdeiros dunha guerra cruel e incivil. O susto dunha estufa, acendida toda a noite, prende o lume na soidade dun home feble e namorado.   

Todo isto adubiado por unha língua (o galego) moi rica en plenitude, chea de poesía, de música, de personaxes perfectamente construídos, de enumeracións tecidas co tempo da arañeira constante e teimuda que agarda  polas súas presas: NÓS, lectores e lectoras engaiolados coa súa maxia.
         Anímovos a todas e todos a camiñar con Xián polo camiño dos libros e das historias acontecidas, e das que aínda están por acontecer. Xián, esperámoste de novo para que nos traias moitas e moitas máis......
GRAZAS por estar con nós...


             
        


21 de out. de 2016

Visita do alumnado á Biblioteca Pública Miguel González Garcés




A semana pasada visitamos a Biblioteca que temos pegada ao Instituto. Helena atendeunos e explicounos moitas cousas, como facer o carné, como conseguir a chave para o WIFI, como descargar libros desde a nosa casa

http://www.galiciale.gal/


Tamén fomos ver o depósito, cos seus andeis móbiles e o seu amplo fondo.





De regalo, cada clase levou un libro para Bibliotero e a descuberta dun novo invento: o BOOK



Blog da Biblioteca