15 de fev. de 2017
Traballos de Plástica 1o C
Grandes artistas temos este curso no noso centro. Guiados por Lola, crearon esta exposición que podedes desfrutar no corredor do edificio principal.
Marcadores:
Departamento de Educación Plástica e Visual
14 de fev. de 2017
Jordi Sierra i Fabra
Fátima García de 2º B fixo unha exposición na clase sobre Jordi Sierra i Fabra. Pareceunos moi interesante, así que cremos que sería interesante compartila convosco.
Merece a pena ver o vídeo do final da presentación.
Temos moitos libros deste autor por se vos entra a gana de lelos.
#Rosalíate
Cada clase de 1º ESO do IES Ramón Otero Pedrayo fixo a súa interpretación da poesía de Rosalía. Unha das clases, escolleu versos recoñecibles da súa poesía, segundo os seus propios gustos.
Pasamos dúas semanas recitando Rosalía e escollendo poemas. Este ano gustou moito, aínda que non apareza no vídeo, Agora cabelos negros.
Pero o gañador absoluto foi Adiós ríos, adiós fontes. Moito do noso alumnado xa o coñecía e lembrábao enteiro, recitado e cantado.
Grazas á AELG pola idea do Mannequin.
Assinar:
Postagens (Atom)