7 de nov. de 2012
Club de lectura NOVEMBRO: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".
Así comezan os pensamentos e as aventuras de Balbino, o neno protagonista de "Memorias dun neno labrego", novela que escribiu Xosé Neira Vilas e que nos fala do mundo da infancia nunha aldea galega.
Conta neste seu diario as súas experiencias, desde as celebracións do Entroido na súa aldea ata a vivencia dramática do loito familiar pola morte do padriño esmagado por un carro, feito que lle impide disfrutar da festa. A morte tamén está presente na trampa para raposos na que cae o seu can Pachín; alí planta despois unha cerdeira. Únense deste xeito esperanza e loito, sempre á busca dun futuro non escrito. Así, cando non pode disfrutar da festa, vai á rebusca ao campo o día seguinte: atopa unha caixa, que non dá aberto, e despois lévalla a auga. Con ela marchou o soño imposible das moedas de ouro.
Assinar:
Postagens (Atom)