21 de set. de 2015

“A cultura galega é do pobo, nin da Universidade, nin da RAG nin do Consello da Cultura”


Texto íntegro




O fío do libro está marcado por versos de Rosalía de enorme violencia. Un personaxe defínea como alguén que, sobre todo, sentiu moita dor. Toda a obra ten un sentido de fondo de desmitificar, desacralizar os mitos da cultura galega. Como Rosalía.
A intención é esa, si. A figura de Rosalía sérveme para representar nela a toda a cultura galega. O que conto na novela, do profesor Solano que lle di a Sofía, cando acaba de descubrir algo importante, que hai cousas sobre a cultura galega que non se poden contar, pasoume a min. E quedei abraiado. Porque a cultura é nosa. Por que hai cousas que non podemos saber dela? A cultura é do pobo, non é da Universidade, nin da Real Academia Galega nin do Consello da Cultura Galega.