10 de out. de 2014

Achégase o Samaín

O Samaín é unha celebración moi antiga na Europa con raíces celtas. Para eles, significaba a fin do verán. Pero tamén era o tempo no que as almas dos defuntos andaban polo noso mundo.

Coñece máis cousas sobre o Samaín

Co gallo de celebralo, imos colgar algúns relatos de medo de coñecidos autores... Ou non tan coñecidos.

Ademais, tedes xa na biblioteca unha exposición dos nosos "Contos de medo"

Inauguramos o Samaín cun relato de Castelao, da súa obra Cousas 

......... 
Nunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.

Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.

Agora eu vou contarvos unha cousa. 

Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.

O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.

Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.

Eu seino porque…

Se queredes ler máis "Cousas" de Castelao:

www.manuelrivas.com/cousas/nunha-eirexa-da-montana/#more-334