29 de jun. de 2018

PROXECTO DE CENTRO "MÁIS POLA IGUALDADE"


PROXECTO DE CENTRO “MÁIS POLA IGUALDADE”.-

 
  Neste curso o noso centro está levando a cabo o proxecto Máis pola Igualdade, que recibiu  o  Premio Concepción Arenal da Deputación de A Coruña. A biblioteca implicouse neste traballo, aportando materiais para o traballo co alumnado nas aulas, así como elaborando outros propios, en especial na materia de Investigaciónn e Tratamento da Información. Foron varias as actividades encadradas neste proxecto nas  que a biblioteca participou:  

 


 

7 de jun. de 2018

A LINGUAXE É UNHA MANEIRA DE VER O MUNDO


SEXISMO NA LINGUAXE.-

 
Baixo o título A LINGUAXE  É UNHA MANEIRA DE VER O MUNDO, na asignatura de INEIN, en 1º de ESO, decidimos traballar co vocabulario sexista que ainda pervive nos nosos diccionarios. Recollimos  palabras, en especial adxectivos e sustantivos, expresións feitas e todo tipo de léxico en feminino e masculino, nas que se observa o sexismo. Tentamos, con este traballo,  analizar e interpretar moitos destes términos (tanto en galego como en castelán) que conteñen  unha carga de sexismo e ver como o seu uso inflúe tamén no xeito de  relacionarnos coas demais persoas.











30 de abr. de 2018

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO

Hoxe, día 30 de abril,o alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura recibiu  a visita do escritor Marcos Calveiro, que veu a falarnos do seu libro Días azuis, sol da infancia, una fermosa historia de amor, contada por un rapaz e co fondo da Guerra Civil.

22 de mar. de 2018

OBRADOIRO DE MÚSICA E POESÍA CON CÉ, ORQUESTRA PANTASMA no Día da poesía


OBRADOIROS DE MÚSICA,POESÍA, BAILE e INSTRUMENTOS DE MÚSICA  TRADICIONAIS con
CÉ, ORQUESTRA PANTASMA...

 

   O xoves anterior ás vacacións de Semana Santa, o 22 de marzoe para festexar o Día da POESÍA o alumnado de 1 e 2º de ESO compartiu co músico e artesán César Frieira un obradoiro  de música, poesía e baile tradicional.

 fíxo bailar e cantar tamén,  no patio do instituto,  a todo o alumnado que no recreo se quiso achegar a escoitalo. Mostrounos a maneira de facer os nosos propios instrumentos musicais con chapas, con canas de madeira, con follas… e con moita moita imaxinación.  Coas súas cancións lembrounos a importancia da poesía e da música en galego, a través dos versos de Rosalía ou Manuel María, aos que pon música coa  peculiar “orquestra”  que leva incorporada.

 
 
 
.
 

19 de mar. de 2018

BATAS DAS MULLERES BRAVAS


    “BATAS DE MULLERES BRAVAS” no mes de marzo no instituto...

 

No mes de marzo,  quixemos facerlles unha homenaxa ás nosas mulleres traballadoras, na terra, no mar, na casa. MULLERES valentes, fortes, curtidas polo sol, o frío, pola vida, sufridas e sufridoras, BRAVAS.

Colleitamos batas e batas entre as nosas  avoas, tías, nais…e fixemos un    tendal de todas elas.  Nos bolsiños das batas fomos colocando aqueles textos suxeridores do traballo de cada unha desas bravas mulleres que pasaron polas  nosas vidas. Así xurdiron unhas belísimas cartas cheas de amor, de tenrura, de recoñecemento e de agradecemento a cada unha delas. Acompañamos cada carta cunha foto da muller a que ía dirixida.



8 de mar. de 2018

MURAL “MÁIS POLA IGUALDADE"

-     MURAL “MÁIS POLA IGUALDADE”:  7 de marzo de 2018:

 

Contamos coa axuda de Luis Davila para levar a cabo un fermosísimo mural na fachada principal do noso IES, no que participaron, ademais de Luis, a súa compañeira María e todo o alumnado do centro. Para isto, elabloramos quendas en cada hora, para que todos e todas puideramaos formar parte desde traballo colectivo. Tamén no mes de marzo fixemos na biblioteca unha exposición dos libros coas viñetas de  Davila e colgamos na rede do corredor algunas das súas viñetas referidas ao traballo das mulleres.

 
 
 

 

 
 
 

 
 
 

 
 

 
 
 

 

 
 


26 de fev. de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, fixemos una exposición na biblioteca con  imaxes de Rosalía feitas polo alumnado , así como poemas adicados a ela.  Tamén fixemos una escolla entre todos os libros dela que temos na nosa biblioteca  e que nos serviron para as lecturas que fixemos nas diferentes aulas e na propia  biblioteca.

31 de jan. de 2018

DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA

Día da Paz na biblioteca 

Celebramos o Día da Paz lendo textos, recitando poemas, escoitando música e voces que loitan contra todo tipo de violencia. 
Xuntamos as nosas palabras coas de todas aquelas persoas que antes de nós alzaron a súa voz para defender o noso dereito a vivir en Paz...