18 de dez. de 2015

Entrega de premios da 1a avaliación

Encontro con Jordi Sierra i Fabra

Eis uns apuntamentos sobre o que este autor falou onte

Comezou explicando a súa vinculación coa música, a súa gran paixón. Durante todo o encontro desenvolveu esta relación amorosa.
"Os meus amigos son músicos" 

A súa infancia

"Veño porque cando tiña a vosa idade, quería escribir e nunca ningún escritor veu á miña escola"

"Lía un libro ao día. O que lía, marcábame"

"Quería ser escritor, non polos cartos, senón para ser feliz"

"Ler salvoume a vida"

Creatividade
"Dáme un xornal e saco dúas novelas"

"De 20 sementes, soamente medra unha"

"Cando fago ciencia ficción, son deus, creo vida"

"Viaxo moito para documentarme. Estou medio ano viaxando"


A vida: explicounos a súa experiencia vital e como a literatura influíu nos seus actos. 

"A cultura é beber a vida, absorbela"

"Os que nunca leron un libro, non saben de que falar"

"Sentir e vivir experiencias para vivir"

"Estamos vivos porque compartimos cousas"

"Ler é aceite para o cerebro humano"

"Lendo e nunha relación sexual estás ti e o outro protagonista. Soamente ti sabes o que sentes"

"Espero vivir 100 anos e seguir escribindo"

"A arte non se fai polo que che pagan senón polo que ti sentes cando creas"

"A miña intención non é dar consellos senón facer unha novela"

Desnuda 
Este foi o libro do club de lectura do segundo ciclo da ESO. Dedicámoslle un espazo especial. +

"Parco é un libro difícil, durísimo. Ninguén quería publicalo"

"Escribín Desnuda porque son feminista. Hai 30 anos que escribo "o ser humano" en lugar  de "homes""

"A violencia de xénero é unha humillación, a peor"

"O primeiro golpe ten que ser o último"

"O asasinato dunha rapaza de 14 anos fíxome reunir experiencias  e "vomitar" este libro."

"O amor non é unha cadea, o amor son ás"

Reflexión final



"Paz, amor, respecto, honradez e esperanza, eses son os meus piares"

Taller literario na Biblioteca Miguel González Garcés

Formulario de inscrición

* TALLER LITERARIO POR ADOLFO PONTE VELASCO. Aberto prazo de solicitude. Obradoiro gratuíto en xaneiro a cargo do guionista profesional Adolfo Ponte: "Facendo literatura coa axuda das técnicas cinematográficas: unha exploración das metodoloxías cinematográficas como ferramentas para a escritura literaria"
Adolfo Ponte Velasco, articula este obradoiro de catro sesións ao redor da realización dun bo número de exercicios, lecturas orientadas e valoración compartida en grupo dos traballos escritos polos alumnos. Dende o coñecemento das diferentes técnicas literarias, o dominio da linguaxe como ferramenta narrativa ou poética e a construción dunha estrutura argumental ou trama sobre a que sustentar os contos, relatos ou narracións dos aspirantes á escritura. Outros exercicios estarán destinados a estimular a capacidade creativa e a imaxinación do alumno, co coñecemento dun bo número de técnicas específicas de fomento da creatividade.
En definitiva, trátase dun obradoiro–exploración  das diferentes posibilidades creativas e artísticas ao redor do fenómeno literario.
Imparte: Adolfo Ponte Velasco
Destinatarios: a partir de 16 anos. Para 15 participantes
Datas: do luns 11 ao xoves 14 de xaneiro de 2016
Horario: de 17.30 a 19.30 h. Total: 8 horas
Solicitudes cubrindo este formulario. Admisión por orde de petición.

9 de dez. de 2015

MITOLOXÍA CLÁSICA: GRECIA E ROMA.... Traballo de Alex, Julia, Unai e Ainhoa de 1º C


Aquí tedes o enlace ao estupendo traballo feito por Alex, Julia, Unai e Ainhoa de 1º C sobre a Mitoloxía en Grecia e Roma na asignatura de INEIN (Investigación e tratamento da información)



1 de dez. de 2015

Aquí tedes os seus primeiros 400 libros ... e algúns máis....


Todos los libros y obras de Jordi Sierra i Fabra

2014 Libro con reseña
2014 Libro con reseña
2013 Libro con reseña Libros con comentarios
2012 Libro con reseña
2012 Libro con reseña Libros con comentarios
2011 Libro con reseña
Poe
2009 Libro con reseña Libros con comentarios
2009 Libro con reseña
2008
Yo
2008 Libros con comentarios
2006 Libro con reseña
2005 Libro con reseña Libros con comentarios
2003 Libro con reseña
2002 Libro con reseña
2002 (2003) Libro con reseña
2000 Libro con reseña Libros con comentarios
1998 (2005) Libro con reseña Libros con comentarios
1993 (0996) Libro con reseña
1985 (2005) Libro con reseña Libros con comentarios
Libros con comentarios Libros con comentario(s) Libros con reseña Libros con reseña
Art�culos en el blog

 

Mis (primeros) 400 libros, de Jordi Sierra i Fabra

Mis (primeros) 400 libros, de Jordi Sierra i Fabra

Hay títulos que resultan todo un homenaje al autor, como estas memorias literarias que publica este mes SM, dedicadas a uno de los autores más prolíficos y premiados de las letras españolas: Jordi Sierra i Fabra.
En estas memorias, Sierra i Fabra habla uno por uno de todos sus libros publicados hasta el momento, tanto los ensayos dedicados a la música en el comienzo de su carrera como las novelas para adultos y los libros dedicados a la literatura infantil y juvenil.