19 de out. de 2015

O club de lectura xa ten grupo de Facebook


https://www.facebook.com/groups/932864360132289/

Entrade e pedide que vos admitan como membros. Se tedes algún problema, enviádeme un correo a patriciavarelaprofe@gmail.com

Lémonos no Facebook. 

Club de lectura 1º ESO

Comezaremos por unha obra de Agustín Fernández Paz



Lúa do Senegal

A súa protagonista, Khoedi, chega a Vigo coa súa irmá Naima e os seus pais na procura dunha nova vida.


O alumnado do CEIP Frián de Teis (Pontevedra) fixo unha recreación con debuxos e voz dunha historia do libro. Premede na ligazón para velo

En 2º lemos... Reckless de Cornelia Funke


Comezamos forte. A maioría dos participantes do Club de lectura xa coñecían libros da mesma autora, algúns mesmo xa leran Reckless. 

Cornelia Funke coa segunda parte de Reckless nas mans

Que terá que ver a seguinte imaxe co libro??? Podedes lelo para saber máis