21 de mar. de 2017
Farmapoética
A poesía como medicina
No recreo de hoxe, e para celebrar o día da Poesía, dúas farmacéuticas de primeira repartiron menciñas sen receita e completamente gratuítas.
Lémbrovos a tod@s @s que as recibistes que o tratamento dura 15 días. Non ten efectos secundarios, así que non vos preocupedes e disfrutade da palabra sanadora de todos os males.
Un último agasallo de Xosé Luís Méndez Ferrín
En Compostela pode un home
escoller óboe e docísimo cor ao contrapaso,decaer nos tremendoiros
(VIBRA, CORAZON GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.
Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazon da Europa campesina
que todos temos dentro sen decilo.
En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro marmore
e oubear oubean os couselos
nas murallas de San Martiño Pinario.
En Compostela, enfín,
compañias de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lembranza ilustrada
(VOTO POR VÓS: ROSALIA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.
En Compostela esta 9o que perdemos
e vai nacendo noutros e esto é o grande milagre
(UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doceque non morre.
En Compostela soterraron a semente
chamada Xohan Xesus Gonzalez. porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara a nós con alboroto
e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.
En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.
Assinar:
Postagens (Atom)