5 de mar. de 2010

USHA


Hoxe repartimos o libro do noso club de lectura neste mes de marzo que será Usha de María Reimóndez, unha novela na que unha nena ,Uxía ou Usha para os seus amigos, fala da súa estadía na India, país ao que viaxa na compaña da súa nai, membro dunha ONG que traballa en proxectos de cooperación no estado de Karnata.
A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigas, como Laschmi, aprender novas linguas e costumes e adquirir unha visión diferente da vida, froito dos contrastes entre o mundo do que ela procede e a nova cultura que a acolle.
A próxima sesión fixámola para a última semana de marzo, para o martes 23, despois dos exames, e alguén xa se comprometeu a facer filloas de postre para compartir, ¿nonsi?...

2 de mar. de 2010

LITERATURA E MÁIS CINE

Hoxe tiñamos sesión do club de lectura, e como o recreo sempre nos queda pequeno para as nosas tertulias, e hai clase pola tarde, decidimos quedarnos a xantar no instituto. Despois de devorar literalmente os nosos suculentos bocatas e dar boa conta das galletas que Laura, a profe de galego fixo para agasallarnos con moito agarimo, pasamos a falar de literatura.
O noso propósito era comentar o libro do mes de Febreiro Otra vuelta de tuerca e máis ver a película do mesmo título. A primeira parte foi posible, pero a en canto á peli, foinos imposible dar con ela. Así que tivemos que conformarnos con ver o trailer que temos colgado no blog.
Como ainda tiñamos moito tempo, alguén propuxo ler un relato breve en voz alta. Escollimos o relato de Manuel Rivas "Que me queres amor", e acto seguido pensamos que podiamos ver A lingua das bolboretas , unha marabilla de película que fixo José Luis Cuerda sobre o textos de Manuel Rivas e o xenial guión de entreteceu Rafael Azcona con tres relatos do libro. Tanto para os que xa a coñeciamos como para os que a viron por vez primeira foi unha ledicia vela todos xuntos e poder falar de literatura e cine en compañía. Ata a próxima.