13 de fev. de 2014

Presentación e coloquio en "Versión española" : ARRUGAS

Hoxe Paco Roca está na Coruña. Ás 18,30 participará xunto con David Rubín nos ENCONTROS CON ESCRITORES/AS que organiza o CEFORE da Coruña... Hai poucos días puidemos ver na TV2 a película ARRUGAS, baseada no cómic do mesmo título da súa autoría; unha maravillosa historia escrita e debuxada nun papel que se converteu en imaxes deliciosas para reflexionar sobre un tema sempre difícil de tratar: o ALZHEIMER.