14 de dez. de 2014
USO DAS IMAXES EN INTERNET
12 de dez. de 2014
10 de dez. de 2014
Unha árbore con historia(s)
Moitas grazas a Iria, Anxo, Sofía, Álex e Jorge de 1º ESO pola súa axuda e ilusión.
5 de dez. de 2014
4 de dez. de 2014
1 de dez. de 2014
Visita de Xabier Docampo ao noso centro
24 de nov. de 2014
25 Novembro. Día contra a violencia de xénero
Cursos na Biblioteca Miguel González Garcés
CREACIÓN DUN BLOG CON BLOGGER
Destinatarios: adultos con coñecementos básicos de informática.
Obxectivos:
* Recoñecer que é un blog e diferencialo doutros espazos web.
* Identificar os distintos tipos de blog existentes.
* Identificar finalidades dos blogs
* Examinar algunhas ferramentas gratuítas para a creación dun blog.
* Diferenciar as principais partes dun blog.
* Crear un blog.
* Identificar os elementos ou accións que condicionan o posicionamento dun blog na Internet.
Contidos: Xeneralidades sobre blogs. Creación dun blog con Blogger.
Datas: 3, 4, 10 e 11 de decembro. Total de horas do curso: 6
Horario: de 17.30-19 horas
Imparte: David Sotelo Gavilán
Solicitudes: pódese solicitar praza directamente na páxina web da Rede CeMIT ou cubrindo este formulario.
GIMP
Destinatarios: adultos que saiban utilizar a nivel básico un ordenador e dispoñan preferentemente dalgún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto, dun teléfono móbil con cámara.
Obxectivos:
Aprender a manexar o programa GIMP para deseño gráfico, retoque de imaxes e fotografía dixital. Identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital, resaltar determinados elementos nunha fotografía, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades de cor dunha fotografía, imprimir e comparar unha fotografía en papel coa súa visión en pantalla, etc.
Datas: mes de decembro: o luns día 1, de 18 a 20.30 h ; os mércores 3 e 10, de 9 a 11.30 h ; os venres 5 e 12, de 18 a 20.30 h. Total de horas do curso: 7 horas 30 minutos.
Imparte: Elisa Valcarce García
Solicitudes: pódese solicitar praza directamente na páxina web da Rede CeMITou cubrindo este formulario.
IMPORTANTE: TERÁN PREFERENCIA NESTE CURSO AQUELAS PERSOAS QUE NON REALIZARON OUTRO CURSO DE GIMP NESTA BIBLIOTECA.
Coñecendo a Xabier P. Docampo
14 de nov. de 2014
11 de nov. de 2014
LER NON É CLANDESTINO...
10 de nov. de 2014
Club de lecturas... IQBAL MASIH, LÁGRIMAS. SORPRESAS Y CORAJE de Miguel Griot
Este será o noso primeiro libro de lectura no Club BibliOtero. Xuntarémonos o día 21 de novembro na Biblioteca para falar sobre o libro. Veremos quen foi Iqbal e falaremos da súa vida e dos millóns de nenos e nenas no mundo que ainda traballan como escravos...
Lembrade tamén que o día 10 de decembro entregarase o Premios Nobel e que Malala, una rapaza paquistaní de 17 anos, será una das que recollerá o da Paz. De todo isto e de moito máis...falaremos o próximo venres na Biblioteca.
7 de nov. de 2014
29 de out. de 2014
24 de out. de 2014
Club de lectura
O venres pasado tivo lugar a primeira reunión dos clubs de lectura da BibliOtero.
3° e 1° xa escolleron obras de lectura compartida.
Estade atent@s porque pronto chegarán os libros para poder comezar.
O Samaín na Biblioteca
Tamén podedes traer elementos para decorala para que dea máis medo.
As matemáticas en Bibliotero
Durante estes días, hai unha exposición de libros nos que as matemáticas están presentes. Tamén está exposta Mathesis, o boletín de divulgación matemática elaborado no centro.
Día da Biblioteca 2014
Ler en Matemáticas
Este ano, dedícase aos libros con temática matemática. No IES de San Paio (Tui) elaboraron unha escolma de poemas.
Non perdades oportunidade de botarlle un ollo.
15 de out. de 2014
Club de lectura
Se vos gusta ler, este é o voso lugar
14 de out. de 2014
10 de out. de 2014
Achégase o Samaín
Coñece máis cousas sobre o Samaín
Co gallo de celebralo, imos colgar algúns relatos de medo de coñecidos autores... Ou non tan coñecidos.
Ademais, tedes xa na biblioteca unha exposición dos nosos "Contos de medo"
Inauguramos o Samaín cun relato de Castelao, da súa obra Cousas
.........
Nunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.
Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.
Agora eu vou contarvos unha cousa.
Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.
O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.
Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.
Eu seino porque…
Se queredes ler máis "Cousas" de Castelao:
www.manuelrivas.com/cousas/nunha-eirexa-da-montana/#more-334
2 de out. de 2014
Novidade na biblioteca: Historia da bicicleta dun home lagarto
Desde os ollos de Mundo, o neno protagonista, asistimos a varios misterios que debemos resolver. Onde marchou seu pai? Quen é o home lagarto?
Que ocorre cando @s adult@s se comportan dun xeito tan estraño?
Unha lectura perfecta, acompañada das ilustracións de Laura Súa Campo.
Autora: Fina Casalderrey
Gioconda Belli na Coruña
Eis o facebook da autora:
Gioconda Belli en Facebook
24 de set. de 2014
Maquetas de Ciencias Sociais
23 de set. de 2014
Imos de caza!!!
19 de set. de 2014
Ámote Leo A.
Ámote Leo A.
Esta é a mensaxe misteriosa que acompañará a Leo na súa viaxe a través do mundo.
Decide percorrer o mundo durante seis meses, coñecer outras xentes, outros costumes, malia á oposición da súa nai. O itinerario non está fixado, vai a onde quere e sente que debe ir en cada momento.
O libro supón unha viaxe dupla, a xeográfica, mais tamén a de autocoñecemento.
Leo A. Non volverá ser a mesma.