18 de dez. de 2015

Taller literario na Biblioteca Miguel González Garcés

Formulario de inscrición

* TALLER LITERARIO POR ADOLFO PONTE VELASCO. Aberto prazo de solicitude. Obradoiro gratuíto en xaneiro a cargo do guionista profesional Adolfo Ponte: "Facendo literatura coa axuda das técnicas cinematográficas: unha exploración das metodoloxías cinematográficas como ferramentas para a escritura literaria"
Adolfo Ponte Velasco, articula este obradoiro de catro sesións ao redor da realización dun bo número de exercicios, lecturas orientadas e valoración compartida en grupo dos traballos escritos polos alumnos. Dende o coñecemento das diferentes técnicas literarias, o dominio da linguaxe como ferramenta narrativa ou poética e a construción dunha estrutura argumental ou trama sobre a que sustentar os contos, relatos ou narracións dos aspirantes á escritura. Outros exercicios estarán destinados a estimular a capacidade creativa e a imaxinación do alumno, co coñecemento dun bo número de técnicas específicas de fomento da creatividade.
En definitiva, trátase dun obradoiro–exploración  das diferentes posibilidades creativas e artísticas ao redor do fenómeno literario.
Imparte: Adolfo Ponte Velasco
Destinatarios: a partir de 16 anos. Para 15 participantes
Datas: do luns 11 ao xoves 14 de xaneiro de 2016
Horario: de 17.30 a 19.30 h. Total: 8 horas
Solicitudes cubrindo este formulario. Admisión por orde de petición.

Nenhum comentário:

Postar um comentário