24 de jan. de 2015

Viaxe con Rosa Huertas polo seu libro TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO

Onte estivo no noso centro a escritora Rosa Huertas para debullar o proceso creativo que a levou a escribir Tuerto, maldito y enamorado. Foi una interesante viaxe a través das imaxes do  barrio de Madrid no que se desenvolve o argumento da novela. Levounos do instituto  San Isidro (Rúa Toledo)no que estudia a protagonista, sempre da man de Lope de Vega, ata a súa Casa-Museo, que curiosamente está situada na Rúa Cervantes e así fomos capaces de percorrer de novo os escenarios da novela desde os  ollos e as palabras da súa autora.  
Foi una experiencia moi bonita e instructiva.Grazas Rosa!
 Animádevos a ler o libro. Seguro que vos gusta.
O equipo de  biblioteca anímavos a ler máis obras desta autora. Visitade BibliOtero e levádeas prestadas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário